tag:blogger.com,1999:blog-62788392024-02-08T14:36:10.222+01:00Catu?What will be, will be?
Qué será, será?opacohttp://www.blogger.com/profile/07025395391053528408noreply@blogger.comBlogger305125tag:blogger.com,1999:blog-6278839.post-1136740165941915792006-01-08T18:08:00.000+01:002006-01-08T18:10:17.693+01:00AburiñoXa vai para máis de dous anos que levo deixando pegadas na rede; moito teño matinado en dicir adeus (creo que todas as semanas penso que serán as últimas), pero sempre xorde algo que empurra a abrir o w.bloggar...

E comezo estes días cun novo paso nesta vida virtual que tan pouco ten que ver coa miña vida real. Coa intención de aprender un pouco máis de como vai isto da rede por dentro, aproveito este adeus para que todos os que chegan procurando a Catuxa por aquí, que son moitos e a maioría desde o Brasil, dean, polo menos, con dúas reais, a de deakialli documental e a moza dos ollos tristes.

Así que, a partires de hoxe, e aínda que coa casa sen rematar e o tellado sen poñer imos seguir deixando algunha pegada noutro lugar. Hai dous anos estabamos na semana dezaseis de xestación de opedro e escollemos Catu? coma o seu nome sen saber que sería... agora, cun homiño de dezaoito meses na casa, facemos a mudanza para opaco.org

Son moitas cousas as que levamos aló, sobre todo, conseguimos importar moitas alegrías. Con moito por facer, o peor é ter que deixar atrás tantos comentarios que fostes deixando no haloscan, así que aproveito para agradecérvolo a todos os que pasastes por aquí, esteades onde esteades.

Vémonos.opacohttp://www.blogger.com/profile/07025395391053528408noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-6278839.post-1136473418287858052006-01-05T16:05:00.000+01:002006-01-05T16:15:09.320+01:00ReisOpedro ainda non agarda polos reis. O peor, ou, agardo que, o mellor chegará de aquí nun ano. Namentras xoga cos clicks dos seus tios, se se lle pregunta di que os reis hanlle traer unha MO-TO.

Vexo con envexa nos seus ollos a ilusión por xogar, correr, gabear e a súa inocencia sen fin.

O seu pai postea desde a Treo e agardando que remate toda esta falsedade para voltar á rotina, óense de fondo as súas risadas.

Feliz falsedade. Hoxe non foi un bo día, só hai que comparar e botarlle un ollo aos arquivos, que foi un dos motivos para o que isto naceu. Que chegue mañá xa. Qué será, será?opacohttp://www.blogger.com/profile/07025395391053528408noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-6278839.post-1136329440988932422006-01-04T00:04:00.000+01:002006-01-04T00:04:01.050+01:00torrents, rss e dvrAdemais de recibir unha chea de felicitacións, tanto virtuais coma reais, este ano foi a primeira vez que un programa me felicitaba polo Nadal; xa teño falado do µTorrent, unha maravilla de apenas 115Kb, que non consume máis que 6 megas na memoria do PC e engade prestacións de clientes torrent moito máis desenrolados. E se hai algo que lle faltaba, Ludvig, o seu creador, vén de engadirlle soporte RSS á súa derradeira versión beta, isto é, agora permite a descarga automática de contidos.

Tendo apenas un feed RSS que me notifique cando, por exemplo, sae un novo capítulo de Lost, non teño a necesidade de andar pendente de comprobar diferentes páxinas para saber cando é que sae. E do mesmo xeito foi que souben do estreo nas redes p2p da selección galega, como tamén contan na aranheira e mais no galego de seu, de man doutro feed rss que me conta o que anda polas redes de pares e fai mención á nosa terra.

Así que, se hai uns días contaba que co Tvtad, a creación dun pequeno Tivo made in feitonacasa púñase fácil, pouco a pouco vaise avanzando máis neste eido. E, como son noticia estes días, se che gustan os Coldplay, desde aquí, recomendo o uso do µTorrent para baixar a súa música se non queres que a súa discográfica che engane.

Non lembro onde o lin, pero xa o sabes, a liberdade vén en paquetes pequenos, nomeadamente TCP/IP e o µTorrent é unha boa mostra.
opacohttp://www.blogger.com/profile/07025395391053528408noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-6278839.post-1135970855528424962005-12-30T19:09:00.000+01:002005-12-30T20:27:35.596+01:00Fume de fachoContaba con chegar a tempo para poder ver o comezo desde o sofá do salón, pero os quilómetros e mais a chuva pesaban nas nosas zocas. Levaba percorridos catrocentos corenta e tantos cando, pola radio, comezaban a escoitarse os hinos nacionais dos dous equipos. Era o quilómetro trinta e seis da AP9, quedaba moito para Santiago e por moito que lle pisase ao gas non ía chegar para escoitar, desde a autoestrada, o noso hino ruxindo no estadio. Deu igual, ía eu só no coche, pero da radio sairon os acordes creados por Pascual Veiga e miña gorxa sentiu algo que apretaba forte, era a emoción, a emoción de escoitar o noso hino nun campo de futbol, un deporte que non me movilizara desde o vinte de abril de 1994, día en que o celtiña perdía unha final da copa do rei e eu ía, por primeira vez na miña vida, ...á ópera.

Aínda ecoaban as letras dos pinos cando comezaron a chegar os goles, logo do primeiro gol pasaba á altura do San Lázaro e, desde a autoestrada, ollaba cun pouco de envexa cara á dereita, entre o fumo albiscábanse as luces do estadio e un lixeiro ruxe ruxe apagado polo son do motor, cheiraba a fume de facho, o campo fervía.

Quizais, nuns anos, opedro tamén me agardará para ver os partidos da selección, pero paciencia, que o que entra é o 2006.opacohttp://www.blogger.com/profile/07025395391053528408noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-6278839.post-1135763300042427682005-12-28T10:28:00.000+01:002005-12-28T10:48:20.053+01:00April Fool's DayHoxe é o día dos Inocentes, no que segundo a tradición cristiá tal día coma hoxe, Herodes mandou matar a todos os nenos menores de dous anos nacidos en Belén por medo a que un deles, o neno Xesús, se convertise en rei dos xudeus e o botase do seu trono. É tamén día de gastar bromas (ou inocentadas) e aínda que eu son máis do primeiro de abril, día en que os burros van onde non deben ir, non puiden deixar de rir ao chegar á dos Aduaneiros e toparme con isto

Intervenido Guardia Civil

Porque isto será unha inocentada, nonsí?opacohttp://www.blogger.com/profile/07025395391053528408noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-6278839.post-1135710953309605522005-12-27T19:26:00.000+01:002005-12-27T20:18:07.086+01:00Liebes TagebuchHai uns anos, estes días eran días de vacacións e traían reunións familiares de tardes que se alongaban xogando cos curmáns e mais cos viciños mentres as panxoliñas soaban polos altofalantes do torreiro.

Este ano, estes días son días de moito choio, de reunións con clientes e con apenas tempo para ver á familia máis próxima só nas datas encarnadas no calendario.

E xa non hai panxoliñas, nas viaxes arriba e abaixo pola AP9, ecoan Sufjan Stevens, Antony & the Johnsons, os Flaming Lips, Andresiño co seu tren para opedro (laaa la la la laaa) e o cabrón do Nacho Vegas coas súas desgracias cantadas. O máis parecido a unha panxoliña é un CD recopilatorio no que teño que buscar ao Shane MacGowan cantando Fairytale of New York, que me fai lembrar a saudade de Sarah, unha rapaza irlandesa de perto de Galway, cantando con nós no coche dicíndonos, con bágoas nos ollos, que era a máis bonita canción de Nadal...

Aínda terei tempo para escoitala unhas cantas veces máis. Falta nada para que remate o ano e teño que facer paradas por Burela e mais Vila do Conde, así que teño que aproveitar o tempo que estou na casa, nunca se sabe...

Happy Christmas your arse
I pray God it's our last

hai que gozar dos nosos soños todo canto podamos, eu tamén teño saudade.opacohttp://www.blogger.com/profile/07025395391053528408noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-6278839.post-1135211201522500442005-12-22T01:26:00.000+01:002005-12-22T01:27:20.136+01:00VaporNa escuridade da súa habitación, en lugar de durmir, oíaselle repetir en voz alta NE-NO, NE-NO, MAMAMÁ,... Parece que é agora cando o seu vocabulario comeza a expandirse e ten máis curiosidade polos sons e, anque o seu repertorio se reduce a unha ducia de palabras, ten onomatopeias pa dar e levar.

E procurando na rede por sons de animais, din co Bzzzpeek, unha páxina que garda rexistros de nenos de diferentes partes do mundo imitando sons de animais e mais de carros e, se ben, a risa disque é universal, seica os sons dos cans, dos camións de bombeiros ou dos porcos non o son. O resultado foi o descubrir que en Corea ou no Xapón parece que os animais soan coma doutro planeta. O que non din sabido foi a procedencia deses nenos españois que participaron no proxecto...

e admiten suxerencias e envíos de novos sons na busca de onomatopeias máis precisas. É unha mágoa que non teñan ningunha para pasar o ferro; fsssss, que é como lle di opedro.
opacohttp://www.blogger.com/profile/07025395391053528408noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-6278839.post-1134989915201531542005-12-19T11:36:00.000+01:002005-12-19T22:41:15.743+01:00Bailaches Carolina?Os da mesa do lado amenizaban con cancións populares e mamá marchara con opedro para botar a soneca. Foi entón cando, quizais quentados polo licorka (case tan bo coma o orixinal), as conversas (nas que tamén se falou do mundo real) derivaron en falar dos blos, isto é, en metabloguear que seica es lo peor.

Falouse do importante, do número; da grande cantidade deles que se están a abrir no blogger, dos tantos ou máis que se abren no Spaces, que supoño que a meirande parte deles será de xente nova que salta aos blos desde o Messenger e mais do Hotmail; tamén se falou do anonimato, dos blos galegos escritos en español, dos blogueiros que non asistiron e da formación dunha conciencia colectiva de sermos blos en galego.

Nun momento en que o número de blos en galego chegou a ser incontrolable son só as ligazóns entre as páxinas e os seus contidos os que, de aquí en diante, poderán conformar a estructura dunha arañeira en galego. Como comentaba ascárida (you're so web 2.0, baby) a blogosfera podería considerarse unha evolución do protocolo NNTP (o das news de Usenet) na rede, tal e como se está conformando hoxe en día, no que os lectores e mais os creadores de blos poden establecer conversacións en base ás ligazóns e aos comentarios (o famoso feedback) chegando a establecer unha auténtica rede con conciencia de seu, que se dá bombo ao referenciarse, aumentando deste xeito a súa visibilidade, anque, á vez, tamén poida ecoar de máis dentro da rede.

E a xantanza foi iso e máis, poñerlle cara a blogueiros e comentadores cun bo churrasco e viño ao redor de aínda máis interesantes conversacións entre descoñecidos que se coñeceron no anonimato da rede. E de aquí nun ano eu diría que o blogmillo andará nos dez mil blos, así que chegará un día en que Carolina saia do seu anonimato e poida emular ao Orihuela no Pazo de Congresos falando para o blogmillo sobre o que é metabloguear, toda unha arte coa que se podería guguelatentar para comprobar a visibilidade real da blogaliza.

Esquecía, como esquecín o sábado cando mamá marchou con opedro e os cartos, agradecer aos que quedaron ao café post-licorka cunha ligazón a súa invitación. E saiban que a ligazón deste blo cotiza a tres euros e medio, así que dense por pagados os que van a seguir,

ohqtordv,
maria de mallou,
folerpa,
dorfun,
ifrit,
paleon,
xosé antón,
homedareia,
ascárida,
emereci,
subcomediante H,
martin pawley,
dot e
snob neurótico.

Agradecido tamén aos que marcharan antes polas súas conversas e con mágoa de non poder falar con todos nin quedar á sesión golfa, bicos para todos.opacohttp://www.blogger.com/profile/07025395391053528408noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-6278839.post-1134609586064174942005-12-15T02:19:00.000+01:002005-12-15T02:19:46.143+01:00EisbergSon moitas as lideiras a ferver nos meus neuronios e as máis delas teñen relación co mundo virtual, pero é ao mundo laboral a quen me debo, así que aínda que teño capacidade de proceso dabondo, os traballos manuais non me deixan voar como quixese.

Quería contar números, falar do traballo de ascárida, de calidonia, de lantania, que, por certo, é impresionante e según isto vive a só 884 metros en liña recta da casa dos meus pais, e doutros tantos anónimos que se atopan baixando ao fondo da rede. E é aí abaixo, chegando ás profundidades inexploradas onde se pode decatar un da grande explosión que se está a dar na arañeira e que só dá para ver a punta do eisberg, e como nun destes, onde a parte sumerxida e moito maior do que queda na superficie, sempre haberá lugares por explorar, e cada día máis. É sangue novo, os máis deles saltan desde o messenger ao blogomillo e, ás mesmas portas do inverno, é de agradecer que dun ano para acó a blogaliza está a abrollar nunha primavera que comeza a ser difícil de abranguer nun mesmo planeta.

Pero o mundo real non se move como na rede así, que volvendo ao mundo onde

o 46% dos entrevistados dixeron que o ADSL é unha sustancia alucinóxena; ou no que o 63,9% dos entrevistados asociaron Bluetooth cunha pasta de dentes

tentamos animar a mamá; opedro consígueo só cun sorriso, pero eu téñoo máis difícil sabendo o mesmo que ela, que pediu unha reducción de xornada (sen resposta) hai máis dun ano para poder compatibilizar a vida laboral coa familiar, que leva tres anos cun contrato de obra para implantación dun sistema informático que non ten nada que ver co seu traballo, que durante a xornada laboral o seu rendemento é intachable, que traballa nunha empresa que tenta ser grande pero non dá feito por mor dos administrativos-rémoras que levan aderidos, que... mellor calo.

E os lexisladores seguen a vivir nun conto de fadas non tendo en conta a realidade do mercado nin a realidade das novas situacións familiares. E os xefes de mamá viven noutro planeta, un planeta onde se prima máis a disponibilidade horaria que o rendemento e onde as súas mulleres son señoras da súa casa e xefas das súas chachas, nun planeta disque de iguais, onde o goberno converte en privilexios (para uns poucos) o que non pode converter en dereitos (para todos).

A ver quen se atreve a dicirme que, des que naceu opedro, mamá reduciu o seu rendemento...
opacohttp://www.blogger.com/profile/07025395391053528408noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-6278839.post-1134432484713757322005-12-13T01:08:00.000+01:002005-12-13T01:08:04.796+01:0079,5mm x 95,6mmPistóns percorrendo distancias milimétricas en cilindros de tamén medidas milimétricas cubicando case os dous litros forman o corazón dunha máquina e como máquina que é non se pode laiar. Sen cambios de aceite, nin de filtros, o aire que agora lle entraba polas válvulas era un aire pobre que se tiña que abrir paso por un filtro suxo para misturarse cun gasoil que non ía ben peneirado. E notábaselle, notábaselle no cu, aquelas fumegadas delatábano.

Se falase diríalle que aínda lle podía ofrecer moitos apoios ao límite subvirando lixeiramente só para avisarlle de que levantase o pé do gas para logo, ao saír da curva, darlle todo o que tiña, subindo de voltas coma un lóstrego, facéndolle ver que aquelas cifras do par motor que viñan no catálogo non eran cousa de fachenda.

Si, era ruidoso e pequeno, pero sempre fora así, ofrecía o mellor que tiña coa idea de algún día chegar a ser un VH e estar sempre á súa beira. Era consciente de que non era o mellor, nin moito menos o carro máis lindo do mundo. Non era que fose feo, pero o tempo pasara por el e a súa fasquía xa non era tan atrainte, e aínda sabendo que tiñan un carro novo, non tiña ciumes ningúns por non podérense comparar. El apenas pediría que lle fixesen un mantemento axeitado e algún que outro lavado.

E aí o está, á mañá, baixo unha manta de xelo xirarán a chave do contacto e non dirá nada. Tremerá un pouco co frío e subirá de voltas a modiño, coma o primeiro día.
opacohttp://www.blogger.com/profile/07025395391053528408noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-6278839.post-1134123184309625682005-12-09T09:59:00.000+01:002005-12-09T20:50:28.890+01:00TelenovaVai cambiando o xeito en que vemos a televisión. Onte foi unha das conversas que tivemos con parte da tripulación dos mediateletipos, que viñan para ver a opedro, pero coa demora da entrada na ría e máis co retraso do práctico por mor das condicións climatolóxicas, amarraron os cabos aos norais cando opedriño xa ía no segundo sono.

Na esencia pouco cambiou desde os tempos en que perdiamos un capítulo dos Novos e tiñamos que pedirllo a alguén que o grabara nunha daquelas cintas VHS. E o mesmo pasa agora, só que en lugar de VHS, o amigo é a rede e o soporte é dixital.

Así, mentres a televisión avanza a pasos lentos e o exemplo máis claro témolo aquí mesmo, onde a TDT non se pode sintonizar en moitos lugares debido a instalacións comunitarias non preparadas e falta de cobertura en moitas outras zonas do país e R, os da fibra óptica, segundo eles a tecnoloxía con maior capacidade de transmisión de información, que segue a ser unha das poucas cableiras no mundo, si, no mundo, que ofrece sinal de televisión analóxico, imposibilitando ofrecer aos seus clientes acceso á TDT, como xa anunciou ONO que o faría cos seus clientes, engadindo á súa actual oferta, todos os canais que se emiten dese xeito, sen necesidade de modificar ou engadir nada á súa instalación e polo mesmo prezo.

Neste panorama, somos os usuarios da rede de redes os que imos por diante, podendo acceder a servizos de televisión que hai uns anos non serían posibles. Agora, cando perdemos algún capítulo daquela serie á que andamos enganchados, ou ben, para ver as series de televisión que botan por aí fóra, só temos que procurar nos regatos de datos que transitan pola rede e poñer o noso video a grabar.

E a pesares de que o noso video apenas pesa cento e pico de kilobytes, é configurable até os máis pequenos detalles, rápido e consume moi poucos recursos do sistema; atreveríame a dicir que é o mellor e ademáis é de balde. E se para localizar aos amigos que tiñan as grabacións deses programas que nos interesan había que procurar por diferentes páxinas, agora co TVTAD a cousa é aínda máis sinxela.

O TVTAD é un lector de feeds, só hai que indicarlle as páxinas que dispoñen das series de televisión e dicirlle as que temos interese en ver e, logo que algún capítulo novo está dispoñible na rede, liga co noso cliente bitTorrent (o noso video) para comezar a baixalo á nosa computadora.

Así de fácil, logo todo dependerá da nosa conexión á rede; e como ben di a Sra. dot é o acontecemento do ano en moitas casas. E o non sabermos inglés xa non é problema, só hai que guglear un pouco e até podemos ver Lost con subtítulos en galego, xentileza de Endurance.opacohttp://www.blogger.com/profile/07025395391053528408noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-6278839.post-1133896402603310942005-12-06T20:00:00.000+01:002005-12-06T20:13:55.876+01:00Viva as diferenças con naturalidadeA pesares de ter que ir traballar hoxe, non teño queixa ningunha por ese motivo, a queixa vén polo frío e pola humidade que me come a pel.

Sempre fun de verán, de praia, de mar. Co remate do verán a miña pel avísame días antes da chegada dos fríos secándose e, algunha vez, poñéndose encarnada, como dicíndome que comeze a botarlle cremiñas para protexela das xeadas. Todo isto é como un rito do que son o continuador e herdeiro pola parte materna por mor do seu código xenético.

Este inverno descobrimos que xa temos continuador nestas tradicións, pois opedriño vese tamén afectado polas xeadas do mesmo xeito que disque sofría unha tataravó que veu casar para aquén do Miño a unhas terras máis mornas, e quero pensar que un dos seus fillos emigrou para o Brasil apenas á procura dun mellor clima e non do futuro que labrou aló.

Do Brasil é de onde chegan as imaxes da caloriña, só para darnos envexa, dun blo descoberto a través do de Xouba, do Naturista, que está a facer unha campaña para descubrírenlle aos demais das vantaxes da práctica do naturismo.

Nun país onde as tetas pódense usar para reclamo turístico, teñen aínda que reclamar o topless como un dereito feminino, así que desde aquí, nós aderimos á campaña. Experimente o naturismo, viva as diferencias, é o natural.

E iso sí, que chegue o verán xa.opacohttp://www.blogger.com/profile/07025395391053528408noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-6278839.post-1133397687584887242005-12-01T01:41:00.000+01:002005-12-01T01:41:27.673+01:00Pais analóxicosAntes de saber do del.iciou.us ía gardando cousas que me interesaban cun copiacola no correo electrónico. Estes días fríos aproveitei para a limpeza nas diferentes caixas e asi foi que recuperei comunicados que van para os dez anos. A sensación é estraña, daquela a rede víase a a través dun netscape 2.0, e agora a rede é a Arañeira 2.0, ten vida propia.

Foi evolucionando conforme a xente que se integraba nela e neste século é a xente nova a que se vai incorporando, rapaces que medraron rodeados de tecnoloxía, xente que vai eliminando a televisión, ou a televisión como se viña coñecendo até o de agora, para vivir na rede.

Foi hai un par de meses que se laiaba a sobriña de mamá de que aínda non tiñan banda ancha na casa e tiña que compartir a liña cos demais da casa. Estaba a contarnos que tiña amigas con blo no spaces cando chegou o pai, que escoitara o último, que sen facer idea de que estaba a falar, pediu que lle traducísemos.

E non chega só con coñecer a lingua, tamén hai que saber un pouco da cultura. Estamos nun tempo que os nenos utilizan novos medios para crear un mundo propio, son quen de saberlle o nome a máis de trescentos pokemon e non teñen medios apropiados para nomear máis de dez ríos ou chegar á cultura escrita.

Logo, ela nos dicía que os seus pais eran analóxicos, así que o salto xeracional desta vez será evolutivo. Apúntome á mutación xenética.
opacohttp://www.blogger.com/profile/07025395391053528408noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-6278839.post-1133259835121202592005-11-29T10:02:00.000+01:002005-11-29T11:23:55.186+01:00Viva el CapitalNuns anos opedriño preguntará como era que faciamos para ver a tele, se sempre tiñamos que ver o que nos puñan...

E todo cambiará nestes próximos cinco anos, coa televisión vía satélite e vía internet, a IPTV, dixitalizada, comeza agora a dixitalización da terrestre (non para todos) e, nun tempo, a de cabo. Virán os receptores con discos duros conectados á rede. Desde o noso traballo conectarémonos á rede de casa para dicirlle o que nos ten que grabar, ou, conforme ás nosas preferencias, cando cheguemos, xa terá algo grabado e a publicidade ou o que é o mesmo, os cartos, será personalizada. Xa non haberá que agardar polos anuncios para irmos ao baño, só con premer o botón de pausa poderemos seguir a ver onde o deixamos, e opedro terá moitas preguntas... e será cando lle conte que había uns aparatos en branco e negro onde había que darlle voltas a unha rodiña para cambiar dun canal a outro. Que tempos aqueles...

Así, non ía moi desencamiñado cando falaba o mes pasado dos canais que iamos ter na TDT, pois segundo El Mundo a cousa quedaría así,

Polo de agora seguimos sen información do que vai pasar por aquí, nin sabemos do segundo canal da galega nin das licencias que otorgou o anterior goberno na súa estampida, que parece que non imos saber delas até o 2007. Da oferta dispoñible, o novedoso, a falta de máis informacións, é que os de telecinco van potenciar o seu canal de deportes, que Sogecable vai acompañar a Cuatro con CNN+ e 40latino, que se incorpora a Sexta anque non emitirá até o ano que vén, esta tamén en analóxico (a ver onde a poñemos) e que TVE fai unha mistura dos seus canais temáticos excluindo, quizais o mellor que ten (de documentais), o DocuTVE e, tamén, o Canal Clásico.

Teño interese en recuperar o Nostalgia, que agora se chamará 50 aniversario, que compartirá emisión con Klan TV como un dos cinco canais de TVE e nos permitirá recuperar programas que se emitían cando eramos novos. Por certo, a ver se é que os da galega recuperan aos Novos para o seu segundo canal...

Porque cando eramos novos nin falta que facía ser politicamente correcto e, daquela, nas televisións saía unha meiga berrando a prognosticar o futuro, Viva el mal, viva el capital! e se a tecnoloxía nolo permite, o día de fin de ano a programación de 50 aniversario anuncian cousas como esta,

23:55 LA BOLA DE CRISTAL
RAMONCIN
(1984)
DIRECCION: LOLO RICO
REALIZACION: ERNESTO QUINTANA
PRESENTACION: RAMONCIN, OLVIDO GARA (ALASKA)
INTERPRETE/S: LOS REBLEDES, HOMBRES G, LOS NIKIS, OBJETIVO BIRMANIA, EL ULTIMO DE LA FILA, SINIESTRO TOTAL, BURNING, ORQUESTA MONDRAGON
Programa especial en el que Ramoncín presenta a los grupos que actúan. En la presentación, Lolo desea Feliz Año a todos. Sketch de los electroduendes que cantan ""el diablo sobre ruedas".

e tamén La cometa blanca, Los gozos y las sombras,... éranche tempos de colonización, despois chegaría o Xabarín.opacohttp://www.blogger.com/profile/07025395391053528408noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-6278839.post-1132867079399852152005-11-24T22:17:00.000+01:002005-11-24T22:17:59.446+01:00IsopropiltioxantonaMentres opedro estivo uns dez meses bebendo dese leite, os da fábrica de chocolate, non dixeron nada e agora que xa se alimenta co leite da vaca disque levaba tinta do envase. Puxeron un teléfono para informaren aos consumidores do mesmo que levamos lido durante estes días.

E el segue tan contento ou máis e non lle saíron nin cornos nin rabo, pero namentras, habemos facerlle boicot ao chocolate, polo menos até que non atopemos do de verdade. Seica a cousa anda mal, segundo me contan os fornecedores.opacohttp://www.blogger.com/profile/07025395391053528408noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-6278839.post-1132698616654849062005-11-22T23:30:00.000+01:002005-11-22T23:41:45.006+01:00Een prima apparaatRespostaba, hai uns días, o Arcadi, á pregunta dun blogueiro, aconsellándolle que escribise a cotío o que lle gustaría ler.

Por mor das últimas compras que teño feitas, levo un tempo ollando reviews e máis reviews sobre productos tecnolóxicos. Non me vén de novo, calquera que sexa a compra que faga, sempre vai acompañada dun período previo de procura de información sobre ese producto e, se ese é unha ferramenta ou un aparello electrónico, a colleita leva o seu tempo. Teñen sido moitas as páxinas lidas, e en moitas linguas, e aínda é hoxe o día en que para saber das experiencias doutra xente coas novas tecnoloxías non está de máis coñecer linguas estranxeiras.

Así é que, recollendo o consello de enriba, vou comentar algúns detalles da miña experiencia destes días co meu novo trebello e se hai alguén a quen lle poida interesar e non coñeza a nosa língua, que faga un esforzo. E dígoo eu, que, por teimar, teño lido cousas destas en holandés (ollándoo coma unha mistura de inglés e alemán) e até en... francés.

Se, ao comezo, ollaba con desconfianza un aparello que combinaba as funcións de PDA e mais as de teléfono, coa experiencia do traballo cotián, cada vez estou máis satisfeito. Se ben é un aparello grandeiro para ser un móvil, as súas prestacións son tamén ben grandes; a súa pantalla é dunha resolución óptima, cunha iluminación brillante, tanto que en condicións de pouca luz, os ollos recomendan baixar a súa intensidade. O teclado parece pequeno de máis, pero co uso, só se pode definir como acertado, de xeito que xa non dá preguiza escribir mensaxes sms e correos electrónicos a esgalla on the road.

E falando de móvil, a aplicación central é a do teléfono, desde onde se pode acceder á axenda, aos mensaxes, ao rexistro de chamadas, á vez que configurar calquera dos setenta accesos directos tanto para contactos como para aplicacións. Agora podo levar no meu móvil todos os números de teléfono que teño no Outlook e que antes tiña na Palm e mais no teléfono no mesmo lugar, que deben andar ao redor dos setecentos contactos cos seus respectivos números de móvil, do traballo, da casa, do correo electrónico, do messenger, do fax,... e coa posibilidade de acceder axiña a eles con só teclear parte do nome, da empresa, ou incluso do alcume, que, ás veces, llo poño e premer un botón un par de veces.

Sorprendeume a potencia que ofrece para ter armacenado todo o rexistro de chamadas recibidas, feitas ou perdidas, e cando digo todo, é todo. Onte tiven que botar man del para botarlle na cara a un cliente co que falara hai quince días, ás once da mañá e durante tres minutos e medio, do que estaba demorando en aquelar o aquel.

Pero tamén tiven algún problema imperdoable nun aparello deste prezo. Os dous primeiros días reseteábase soíño e sen avisar; solución, onde leva a tarxeta SIM do teléfono, poñerlle un papeliño por detrás, pois seica a tarxetas americanas, onde naceu, sonche máis gordas, e, logo, tamén deu problemas co mans libres do coche, cando ao conectarse vía bluetooth, volvía a facer reset. A solución desta foi eliminar da lista de favoritos os números de teléfono que tiñan díxitos extra, como os que se utilizan para chamar directamente a unha liña que estea detrás dunha centraliña.

E vou deixar para outro día o de facerlle a competencia aos de Palmaniac e contar todo o software que lle levo instalado e as súas posibilidades como ordenador de man, desde o uso do Navigator ata o reproductor multimedia, pero para iso agardarei a que os da Rotonda nos poñan E.U.R.O.P.A. en calquera formato, porque isto traga con todo, non coma o iPod video, ao que llo hai que mastigar.

Pero iso será outro día, que por hoxe xa chegou e teño que poñerme ao día.opacohttp://www.blogger.com/profile/07025395391053528408noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-6278839.post-1132221060160519082005-11-17T10:10:00.000+01:002005-11-17T10:51:00.220+01:00A ratiña LolaNon sei como habemos facer noutros tantos meses, agora que "só" van dezasete. Quizais habería que pensar en facer deporte para poder aturar co ritmo que marca o pequecho da casa. O único que quere é xogar, xogar, xogar e comer coma un lobiño, sempre que se lembra, e, todo, sen paraxe.

Agora, dáselle por collernos pola man para levarnos onde el quere para que lle collamos algo, para que lle leamos un conto, para xogar coa bola, para saír á rúa, para que lle poñamos a televisión... Cando a canseira nos vence, tanto nos ten o que faga con tal de que non amole moito.

Aínda así, a televisión pasou case a ser un obxeto decorativo mentres el anda pola casa, non sei que carallo ten, pero cos debuxos animados e a publicidade queda paralisado fitando para ela. O pouco que consentimos é poñerlle uns videos que temos no disco duro de Baby Einstein, e é tal a súa emoción que, só ver a pantalla do Media Center lista para botar a película a andar, sobe ao sofá a correr para bailar xa antes de que comecen a saír animais pola pantalla da tele, tal como na hora de comer, que gabea á súa trona e séntase para que lle aten o babeiro e pedirlle aos camareiros que lle poñan a comida. E coa computadora, pásanos outro tanto, o pouco que lle poñemos son unhas fichas da ratiña Lola, que, non sei porqué, vólveno toliño, así que cando o atopa ao seu alcance, dálle ao rato e a todas as teclas cantas pode para ver se pode poñer á Lola pola súa conta.

E onte, mentres recolliamos a súa desfeita e mais a compra do super, el andaba nas súas cousas e escoitábase como batía no teclado. Logo, silencio. Só un minuto máis tarde viña á cociña con cara de mira que pasou e coa tecla L na man, así que non é de estrañar, que un día destes, nos bote a casa abaixo.opacohttp://www.blogger.com/profile/07025395391053528408noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-6278839.post-1132014219627140932005-11-15T01:23:00.000+01:002005-11-15T01:23:39.676+01:00Grandes apertasEstaba actualizando os meus neuronios cando din con parte dunha carta que escribiu ao Diari de Tarragona o home da muller e pai dos tres nenos que morreron nunha nunha explosión.

Sólo me queda un pequeño consejo para todos, abrazad a los vuestros, abrazadlos siempre que podáis. Aquel beso que no se da, se pierde para siempre. Sin amor no hay nada, os lo aseguro.

Non sei que dicir, lin algo máis e a miña gorxa faime saber que está aí. Por un momento, vou sen rumo de ligazón en ligazón sen saber cara onde vou, cando, de súpeto, dou, cun só clic, coa realidade, unha da casa Gorka Limotxo, que comeza cun curso de francés, Écoutez et répétez, para mellor sabermos o que está a pasar en Francia, e á vez, descubro que a vida segue, cun sorriso imposible, lembrando que os humanos temos a capacidade neuronal de esquecer situacións traumáticas, así que, polo de agora, voume concentrar no de aprender francés...

...hoxe dinlles unha aperta ben grande. Opedriño respostou con risadas, mamiña sorriu.
opacohttp://www.blogger.com/profile/07025395391053528408noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-6278839.post-1131758909586638682005-11-12T02:28:00.000+01:002005-11-12T02:28:29.626+01:00Sempre igualÍa ser unha semana de pouco choio, pero cada unha das veces que tiña que coller o coche era para ir ou voltar con apuro, sempre coa agulla tirando cara o encarnado.

Sonora era tamén a peaxe a pagar por levar ao motor xirando aló arriba para chegar con menos atraso, e foi que xa falaba o David Bravo, arrincando risadas sobre as mentiras que se crean ao redor do intercambio P2P, logo falou o Ignasi Labastida, do que tentarei tomar nota e facer algo, anque me bota para atrás chamarlle obra a isto. Despois foi a suellen a que amosou algo máis que un proxecto, unha marquiña na rede en galego, as Ediciós da Rotonda, facendo historia. Coas presas e sabendo segura a chegada do mp3 do Jorge Cortell via chiu, aínda roubei tempo para coñecer ao home inédito e apuntarlle a asca que a PSP mola.

Ás 19.13 atravesaba a ponte de Rande a 56 kmh por mor do tránsito, pasando a uns dous mil seiscentos trinta e oito metros de opedro e mamá cara a Portonovo. Ao pequerrecho diagnosticábanlle a súa primeira amigdalite. Tanto é que o pasa mal que por evitar a dor nin traga a saliva, así que houbo que voltar aos babeiros. Vese estraño tan grande... e con babeiro.
opacohttp://www.blogger.com/profile/07025395391053528408noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-6278839.post-1131580565083744002005-11-10T00:56:00.000+01:002005-11-10T01:05:14.670+01:00KüssenUnha das cousas que me aclaran se un blo é un blo é a posilidade de comentar, tanto polo enriquecedor que poida ser para o seu autor coma pola calidade dos comentarios deixados, que non cantidade, que enriquecerá ao seu lector. Tamén é sabido que as estatísticas poden facer chegar moita información. O que nunca pensei foi que alguén poidese chegar acó desde o guguel procurando por algo tan lindo.

Obrigado, sexa quen for.opacohttp://www.blogger.com/profile/07025395391053528408noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-6278839.post-1131441267577155642005-11-08T09:46:00.000+01:002005-11-08T10:16:25.696+01:00Parabéns, Sedan Deluxe do 56Fíxose tan popular que nunca pensaran que o nome lle ía ir tan ben, o Volkswagen, o coche do pobo. En 1936, un enxeñeiro alemán comezou cun proxecto que resucitaría despois da guerra un militar inglés e demoraría até 2003, cando VW paraba a súa producción. Tanto foi, que non hai ningures na Terra onde non se coñeza, e en cada país, ou nación, ou o que sexa formou parte do pobo que, o asimilaba dándolle un nome diferente do comercial; aquí escaravellos, alén da Canda, escarabajos e ao sur do Minho, carochas, cruzando o mar son fuscas, vochos ou bugs e en Europa é coñecido como cox, Käfer ou maggiolino.

Ao sur do Miño era onde ía o meu pai. Lembro, que de neno, fedellando nos caixóns da cociña sempre aparecía un vello pasaporte, todas as follas estaban tintadas cos mesmos selos e carimbos, había uns da Aduana de Tui e a outra metade eran da Alfândega de Valença. Eran o resultado da compra que fixera nunha poxa nas Aduanas de Vigo, un coche con placas alemás requisado por non cumprir cos requisitos de importación e pagar as respectivas taxas, e que, a falta de pezas de reposto ao norte do Miño facíalle ir até Viana, onde era o carro-rei.

Iso foi en 1967, uns anos máis tarde morría de tanto carrexar ladrillo e cemento, anque non hai moito, esta xoíña da familia revivía de novo coas súas mellores galas. Moito traballo levou e custou deixalo case igual a aquel día de novembro de 1955 cando saía da fábrica de Wolfsburg cara un concesionario de Hannover, a onde chegaría o día nove do mesmo mes.

En 1945 saíran á rúa 1.785 vehículos, co tempo, a producción foise incrementando para chegar en 1955 ao millón de coches fabricados, que se converteron en 1974, ano en que lle deixou sitio ao Golf, en máis de 16.000.000. Logo, en México as cifras engordaron ata os 21.529.464 o número dos que fabricaran. E é o día de hoxe, cincuenta anos máis tarde, que o número 1.012.791 queima, polas nosas estradas, gasolina sen chumbo misturado con aire do Atlántico. Unha beleza.opacohttp://www.blogger.com/profile/07025395391053528408noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-6278839.post-1131066910854981752005-11-04T02:15:00.000+01:002005-11-04T02:15:10.936+01:00MacacadasUns días fóra, con opedro turrando por nós polos buratos do metro, fascinado por un chuu-chuuu descoberto en días de chuva, á procura de outros nenos para xogar sen paraugas. Desde o pequeno-almoço no salón, xogando coa cadeirinha que lle puñan para chegarlle á mesa, ata a noite, tomando o leite no quarto logo de abrir todos os caixóns, armarios e billas, houbo carreiras, comidas, macacadas e sonecas.

Foron días de descanso e recuperación (se se pode entender dese xeito), así que cando el descansaba, nós tamén. Iso significou perdernos o único que levabamos previsto, irmos á Casa da música e vermos o concerto para bebés (contando con que opedro estea a deixar de selo); quizais outro día teñamos máis sorte. Polo demais, estar con el as vintecatro horas ao día significa decatarse do que está a cambiar. Agora está no tempo de socializar con outros coma el, procura outros nenos para xogar, así que a chamada da gardería para dicirnos que estaba admitido é certo que non asustou tanto. Dixeron que habían de chamar por el en pouco tempo, e el parece todo o preparado que poida estar un homiño de dezaséis meses que vai experimentando con todo que se lle pon a man, desde perfeccionar coa culler e o garfo para alimentarse el mesmo ata sorprenderse co son dun peido e agacharse para comprobar de onde viña. Hai novidades por todas partes.
opacohttp://www.blogger.com/profile/07025395391053528408noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-6278839.post-1130585793987581482005-10-29T13:16:00.000+02:002005-10-29T13:36:34.036+02:00Ás presasAs presas non son boas, xa mo di meu pai, que disque á toupa, por facer os fillos ás presas, saíronlle cegos. E sen pausa para coller aire, nunha hora sairei do choio e recollerei a opedro e á súa nai para irmos alén do Miño, até o Douro, apenas para que opedro lle colla un aire ao sotaque portugués.

Estaremos uns días a poucos metros dun café no que nos gustaba ler a prensa con toda a calma do mundo, pero agora ao fervello non creo que lle chiste o ambiente, así que consulto no turismo do Porto e.... Indiana Bill? Eu ben sei que hai moitas máis cousas, e agardando que non nos chova, haberemos dar algún paseo polo Serralves.

Até já.opacohttp://www.blogger.com/profile/07025395391053528408noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-6278839.post-1130365549449470172005-10-27T00:25:00.000+02:002005-10-27T00:25:49.523+02:00TreonautaSon moitas horas roubadas lendo reviews na arañeira para tomar unha decisión con xeito. Ata hai uns días, os candidatos reducíanse a dúas opcións; seguir co mesmo sistema operativo e a súa fiabilidade mais os seus inconvenientes, ou pasarme ao lado escuro coa súa potencia e mais as súas taras.

Por facilidade, rapidez de uso e estabilidade, esta xoíña, e por potencia en bruto con todas as súas posibilidades, esta máquina.

Sempre pensando no prezo, o certo era que a que mellor se adapta ás miñas necesidades é un producto descatalogado, aínda que facendo procuras polo feirón, a conclusión é que as máquinas máis fiables, a pesares de ser de segunda man, seguen a cotizarense. E seguindo a falar de cartos hai alguén que o fixo fácil e rompeume a baralla, foi Palm co Treo 650, unindo no mesmo aprello un teléfono máis unha PDA, así que, con algunhas dúbidas, sobre todo polo seu tamaño e a falta de wifi, o prezo foi quen de decidir.

Porque vomistar ponmo fácil, a operadora móbil, por apenas 95 EUR e nuns días, faime todo un treonauta. Se non me convencer, hei levala ao feirón, onde, de segunda man, non baixa dos 300 EUR. E eu hei de contar como me vai, se aló for.
opacohttp://www.blogger.com/profile/07025395391053528408noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-6278839.post-1130108371448473712005-10-24T00:59:00.000+02:002005-10-24T01:19:36.253+02:00Escapando pola fiestraOnte opedro foi convidado ir unha festa de cumpreanos; a primeira á que vai. Ela, a que fai os seus primeiros once anos, é unha das do grupo de nenas do parque que máis bicos lle piden a opedro. Como opedro e mais unha primiña dela non lle ía facer gasto, a agasallada fíxolles un regalo. Foi comprar ao mercado un coche cativiño que se move ao presionalo no teito, e para ao voltalo a presionar, e, según ela, opedro deulle a entender que o quería.

E hoxe fomos ao norte con comida familiar incluida no pacote. Nun momento da reunión, as rodas do coche de opedro enguedelláronse no pelo da I., a súa curmá e só dous meses menor que el. O certo é que a nena é unha choromiqueira, pero creo que desta vez, botou a chorar ao oir á súa nai berrar coma se á nena a fose tragar unha máquina. "Cómo se para eeeestoooo????" E é o que pasa, eles asústanse e choran, e logo tiven que amputar, iso si, cun sorriso na boca.

E opedro, ben, na súa liña. Pasou o día comendo e xogando, ben ao pé da mesa a mesa, a pedir comida, ou no parque, xogando nos bambáns e tobogáns e mais cos curmáns. Para beber e comer sinala coa man, e para xogar, corre coma se marchase do bar sen pagar, sempre cun sorriso na boca.
opacohttp://www.blogger.com/profile/07025395391053528408noreply@blogger.com