<$BlogRSDUrl$>

    

             Esta páxina faise co Blogger. E a túa?

             Weblog comentado coa axuda de HaloScan.com

                   

Catu?
What will be, will be? Qué será, será?
Links
Abre noutra
           subscribe to this feed




          Creative Commons License
Esta lideira faise contando con   recoñecemento, de uso non comercial e para compartirmos igual segundo a licenza de Creative Commons


Rimos moito (os charutinhos axudaron) co que chaman en inglés os false friends, os falsos amigos, que se utilizan para nomear a dúas palabras de diferentes línguas que se escreben ou se pronuncian de xeito moi parecido pero teñen significado diferente.

O senhor e a senhora Stewart están na nosa casa e comentan que cando chegaron acó só falaban inglés. Coa chegada do inverno sempre había algunha que outra xente a dicirlles que estaban constipated. Eles, coa amabilidade que caracteriza ao que se interesa pola cultura do país de adopción, sempre dicían o mesmo, toma unhas laranxas e once you pop, you can't stop. Nunca se atreveran a preguntar por ese estraño costume local de falar da cantidade insuficiente de fibra e auga na dieta que daba en estreñimento...rimos máis e confirmamos que opedro had a cold.

Opedro colleu o primeiro catarro da súa vida e anda un pouco despistado. Espirra e tuse, e aínda así, non perde folgos. Mentres mamá lle limpa os mocos, continuamos a falar sobre experiencias psicoactivas e ela, que fala de viaxes a terras lonxanas, lembra unha ocasión en que o lume prendeu no seu cabelo. Sen poder deixar de rir, pregúntolle a el que era o que fixo para axudala. Dinos que nunca a adorara tanto, os seus neuronios ollaban á cara amada rodeada por aquela luz brillante e non soubo máis que dicir, My Angel
11/29/2004 12:23:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente






Sen tempo para dicir nada despois de perder o tempo que non tiña. Isto, como sempre, me pasa por aceptar encomendas. Non podo deitarme tan tarde... o corpo comeza a non perdoar.

Sei que mañán vou ser malo, se pido douscentos gramos de queixo, será que quero douscentos e non trescentos. Vou aboarme a diferencia pola miña conta, seguramente cun par de latas de ventresca. Polo que poida pasar, vou confesar antes de baixar.
11/27/2004 02:49:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente






A cabeza xa non pode máis. Non me ha de estoupar pero xa son case corenta horas as que levo con esta presión detrás do ollo esquerdo. Levara unha sesión nostálxica para pasar todo o día no coche e tiven que eliminar a música por ver se minguaba a dor. Incluso as novas resoaban na miña cabeza como os comezos de calquera banda punki.

Teño que afastar os ollos do monitor. Eles vólvense independientes e xa non obedecen as miñas ordes. Só miran cara ao teclado, non queren ler, hai moita luz e prefiren o papel. Non quero chegar cego a vello, así que, coma estou moi canso... voume retirar, como debese facer algún outro admirador de cegos dictadores.
Balaguer sólo tuvo una obsesión en su vida y fue mantener el poder a costa de lo que fuere. Esa era su razón de vivir. De ahí su indiferencia absoluta ante tantos...

Mañá, programación especial: o Conducator está de aniversario. Non é o día na que poñen todas as televisións a súa partida de dominó?
11/24/2004 12:59:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente






No ano 2012 a televisión tal como a coñecemos formará parte do pasado. Esa é a data para o apagón analóxico. O paso que se está a dar agora permitirá ao utilizador da antena de sempre recibir moitos máis servicios que, ata o de agora, só podían recibirse a través do satélite ou do cabo (aínda que os de R tampouco pasaron á tv dixital).

A televisión dixital terrestre (tdt) leva funcionando en España desde 2001, xa pasou polo fracaso do QuieroTV e agora pretenden facela operativa.

O goberno español optou por ofrecerlle aos operadores capacidade para emitir catro canais por multiplex, a TVE, á que lle corresponde dous, xa confirmou que ofrecerá de balde a primeira, la dos e os seus canais temáticos.

Os cambios van ser importantes, pódense ver as películas na súa língua orixinal e con son multicanal, en formato panorámico, cunha guía electrónica da programación dos diferentes canais, a calidade da imaxe similar ao DVD (dependendo do ancho de banda que utilice o operador), e, o que é máis importante, a recepción é móvil (pódese ter acceso á televisión desde o coche ou cun portátil)

A popularización da sociedade da información está aí ao lado, nos que se poderá recibir de 32 a 40 canais e servicios interactivos de información, hai que comenzar a mover ficha. A Xunta repartirá máis de 200 licencias incluindo as de radio entre 18 demarcacións. Non lembro onde foi, pero lin nalgures (supoño que sería en todonada) sobre os cartos que manexa a televisión pública galega en comparación con con outras necesidades da sociedade.

Así que agora, oir falar de concursos públicos dáme medo. E por certo, o receptor máis barato que hai hoxe no mercado para recibir a tdt anda polos 100€, así que dubido moito que no plano de negocio dalgunha destas televisións contemplen a posibilidade de facilitar sintonizadores novos aos seus utilizadores. Cómo se vai financiar isto? Non teño idea, pero, como non cambie, habemos de ter moito telelixo.
11/22/2004 02:18:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente






Este fin de semana toca partida. Non creo que morra desta, peros os fígados heinos de botar fóra. Apunteime a unha pachanga de básquet, que era como o chamabamos (como os cataláns)

Aínda que cando era novo non o deixabamos xogar cos maiores, o meu irmán pequeno viña sempre con nós. Co tempo e despois de moito xogar, acabou xogando profesionalmente. A casa dos meus pais estaba chea de balóns de básquet e aínda o está, era fácil ter unha predisposición cara este deporte. Non lle pasará o mesmo a opedro, pero ponlle bastante xeito coa bola que lle enviaron os alemáns.

Hier kommt die maus!
11/19/2004 01:01:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente






Noxento. Mentres paseaba atopei unha páxina non apta para aprensivos. É un blog, que según di, recolle as imaxes que non pasan a peneira do periodismo liberal dos USA. Son imaxes de guerra, de destrucción, de odio. Son imaxes de morte.

Qué está a pasar no mundo? Para que carallo serve a ONU? É Bush o novo Hitler? Marcho para a cama indignado.
11/16/2004 02:01:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente







É cuestión de facer números e, hoxe, non compensaron todos eses quilómetros rodados pola autoestrada. Non deu tempo para chegar á cita co pediatra e, hoxe, non hai ouros que o paguen.

A mamá dame os detalles, risas a cachón mentres lle fan cóxegas co fonendoscopio, sesión de medicións e, logo, á sala de vacinacións a que lle poñan a vacina que o vai amparar contra a meninxite e que temos que pagar cos cartos do noso peto, e non cos dos nosos impostos. Sonche cousas das relacións custo-beneficio.

E mañán, no día que fai os cinco meses que naceu, seguindo as indicacións do doutor será o primeiro día que levará á boca outra cousa que non fose leite. Agárdanlle peras, plátanos, laranxas e mazás...

Estamos nos sete quilos e cen gramos de peso e nos sesenta e seis centímetros e medio de lonxitude, por moito que el se esforce en poñerse de pé para que sexan de altura. E é que non hai tempo para decatarse sequera que a roupa lle vai quedando pequena e a que ten un pouco grande vaina enchendo aos poucos...

Polo día, queima as súas enerxías e mais as da súa nai para sorprendernos con novas habilidades, e as noites, nas que opedro non fai nada máis que durmir, seguen a ser nosas, longas e sen interrupcións.

11/16/2004 12:56:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente






Conformaríame con que o meu fillo fose feliz, aínda que postos a pedir, a elección sería que fose unha persoa honesta, boa e válida para a sociedade que lle tocará. Sei que terá que se enfrentar á dor e á morte, nas que a relixión católica é unha especialista na salvación psicolóxica e, por por moitas cousas que ocorran, quero que pense, entre outras cousas, coa autonomía e a lóxica dos homes, utilizando a súa, polo de agora, cabeciña.

O que teño claro é que estou canso e que, se algo ocorre, está na SER.
11/13/2004 02:26:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente






Ía escribir sobre un dos ritos sacramentais católicos, pero en vista dos efectos que produce foi mellor fumar un charutinho da risa, o mellor remedio para a irracionalidade...
11/11/2004 01:52:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente






Polo de agora só utiliza os feeds dos servizos internacionais de noticias da Reuters, da BBC, e do New York Times, o que o 10X10 fai, é analisar os textos e colle as cen palabras máis utilizadas na derradeira hora coas súas cen imaxes e fai un mosaico con elas. As últimas horas (pódese consultar o arquivo e aínda ver un histórico) están a ser terribles, falan de mortes, asaltos, batallas, xenocidios, armas, tropas,... ningunha palabra para a esperanza.

Menos mal que este fin de semana tivemos momentos de felicidade até para compartir con boa xente...

11/09/2004 12:40:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




LIST
150 Opening ASCII data connection for ls /F/Video/Movs/.
226 free disk space under this directory : 65.588.396.032
226 Transfer finished successfully. Data connection closed.
Transfer queue completed
Transferred 14 files totaling 582,61 MB in 01:19 (7.593,94 KBps)


A pesares do que digan os papeis, é máis rápido e estable o Firewire que o USB 2.0.

Conecto co cabo de lume a caixa ao meu PC, fago un FTP á Xbox e paso pola rede de casa nove películas ao seu disco duro e a velocidade é maior, moito maior, do que cando as grabei onte noutro PC con conexión USB 2.0. Logo uso o disco externo para facer copia de seguridade do que tiña no disco da Xbox...

...foi unha boa compra. Xa teño copia de seguridade dos vídeos do pedro.

Estes días comezou a atender polo seu nome cando o chamamos...
11/06/2004 01:49:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente






Cada día que pasa ten máis gusto en xogar cos sons e mandar mensaxes ao mundo.

O mellor receptor da súa língua son as súas orellas, non ten problema en berrar e larear só, non precisa de compañía. É increible a cantidade de tonalidades que bota pola bico para fóra fitando para as mans; faino cunha entonación pausada, coma se estivese a cavilar. Se son bonecos cos que conversa, antes de levalos á boca para comelos crus, bérralles con tono autoritario, como se lles pedise explicacións. Para comunicarse connosco usa todo o corpo sen paraxe, desde as mans até os pes, tamén botando a língua fóra...

Hai quince días, probei a grabar un discurso deses que el da. Tiña o cu limpo, estaba deitado, xogando e andaba a larear... e todo foi ben até que veu un micrófono tan preto por primeira vez na súa vida. Debe ser o que ten explorar un mundo novo, até unha mosca voando chama a atención.

Parece que lle gusta estar entre nós.
11/03/2004 12:58:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente