<$BlogRSDUrl$>

    

             Esta páxina faise co Blogger. E a túa?

             Weblog comentado coa axuda de HaloScan.com

                   

Catu?
What will be, will be? Qué será, será?
Links
Abre noutra
           subscribe to this feed




          Creative Commons License
Esta lideira faise contando con   recoñecemento, de uso non comercial e para compartirmos igual segundo a licenza de Creative Commons
Geeks na estrada
Non me deu tempo a verlle a cara ao conductor, pero diante miña ía un carro coa pegata máis geek que vira na vida,





Moitos pobos máis tarde esquezo a frase e á volta dunha curva, vexo de novo a fasquía dun tesouro esquecido. Con tempo dabondo para parar, comprobei que ese anaco da historia segue en estado de case abandono, unha igrexa que só por estar onde está, afastada da civilización, chegou aos nosos días. Sen tempo para pensar nela, boto ao lombo unha manchea de quilómetros e, co solpor, lembro o 127.0.0.1 e non podo estar máis dacordo, sobre todo cando detrás da porta agarda un sorriso coma este,





e non son quen de chegar a tempo para darlle un baño nin o leite. Mañá pa...pá chega cedo.
4/28/2005 12:41:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Desconexión
Son días de moitos quilómetros de peaxes os que levo ao lombo; imos sós, eu, a carrinha e mais a radio. Nas orellas aínda se sinte o balbordo das gomas, do motor, do aire e mais das voces.

Vendo como pasan carros e carros dos que andan de férias, escoito as voces dos protagonistas das próximas eleccións, falan primeiro co home sen curriculum e despois co que non recibe órdenes de Madrid. Pouco despois adiántame o presidente co seu séquito a velocidades que para calquera de nós, como mínimo, significarían a retirada da licencia de conducción por un mes.

Xa andan de campaña, parece que non haberá blos dos candidatos, pero por se alguén dos seus partidos viñese a dar con esta páxina, aquí ten as cavilacións dun pai atentando contra os seus neuronios en noite de luns.

Senhor Tourinho, sorpréndame con algo, por exemplo, rexistre tamén tourinhopresidente.com ou presidentetourinho.com Saiba que tendo, como temos, ao alcance da man ese dígrafo amigo considero de mal gusto iso de Tourino.





Quinzinho, saiba que de aquí a pouco, e aínda que non saia presidente, poderá cambiar ese carro falto de carácter e mais de personalidade por outro con moita máis paixón e tamén producto nacional, a ver se é certo iso de que o coche marca.

E do actual presidente xa non agardo nada, pero podía aproveitar para crear emprego, que de seguro que iría moi ben para a súa saúde. Ben podía tamén pedir por poñerlles aos seus acompañantes nos desprazamentos coches con control de velocidad, coma o seu, así non irían tan estresados nun carro que que non foi pensado para rodar permanentemente a esas velocidades e, por certo, que por moito que lle amole ao carro oficial que vaia atrás, sería máis seguro (para os outros conductores) que fosen coas luces postas.
4/26/2005 01:46:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Gripado
O prazo era o primeiro de xuño, disque ían darlle unha revisión para que rodase feliz e redondo. Non aturou máis, xa non o resolven nin un bo aceite sintético, nin aquelas boas gomas, nin sequera aquel carburador de dobre corpo. Os conductores seguían sen ollar sequera todos aqueles reloxios que tiñan diante dos ollos nas que as agullas tiraban ao vermello. Non lle comprobaran o nivel de aceite desde o mes de outubro e acabou por gripar.



Non llo deixaremos máis, está decidido. Se, a pesares das promesas e das recomendacións do fabricante, non o coidaron coma debían, agora tampouco o farán e a paciencia esgótase. Os seus deseñadores non o fixeron para levar ladrillo e cemento, senón para estradas de curvas onde poida ir alegre de voltas.
4/22/2005 10:01:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Primeiros pasos
Durante moito tempo foi o agasallo que tiveron os meus irmáns no seu aniversario. O Bill Watterson e a súa serie de banda deseñada , Calvin e Hobbes, formaron súa primeira colección. Un día todo rematou, Watterson decidiu retirarse con trinta e oito anos e dez anos despois de que saise a rúa aquela tira cómica dun neno de seis anos e o seu compañeiro Hobbes, un tigre de peluche.

Procurando algo máis de información, souben que se publicará no mes de outubro unha edición completa de todo o do Calvin e Hobbes en inglés. Un agasallo que ha de agradar e a Amazon xa admite pedidos para esa data e a prezos reducidos aos que hai que sumarlle o barato que anda o dólar. Comparo co Pricenoia por ver onde sae máis barato e... a comprar.

Desde o derrradeiro día do ano 1995 non voltou a publicar ningunha tira máis. Evitou calquera mercadotecnia coas súas creacións, for en camisolas ou en tigres de peluche, ou mesmo a creación dunha serie animada para a televisión. Decidiu esquecer as entrevistas e levar unha vida anónima dando un paso adiante que definirá a súa vida. Na derradeira tira, Calvin está xogando na neve con Hobbes, lanzándose pola neve abaixo dille "É un mundo máxico, Hobbes vello amigo... vamos exploralo!"



E procurando outras cousas, atopei esta tira na páxina dun clube de fans. É de certo a máis triste de todas pero, seica, non é do Watterson, este é apócrifo e di así,
Hobbes. Uau, estás xa traballando nos teus deberes? Non os tes que entregar até o xoves!
Calvin. Sei... Mamá di que as pastillas deben estar a funcionar.

Hobbes. Ben, está a nevar fóra. Pensei que quizais podiamos... Non sei, ti dis.

Calvin. Síntoo non estaba escoitando. O certo é que teño que acabar isto.

Gústame máis o final orixinal, o da infancia do Calvin. Hoxe opedro daba os seus primeiros pasos na independencia de non se apoiar en nada. Foron sete ou oito pasos até que botou as mans ao chan. Agora ábreselle un mundo diante dos ollos e desde as alturas. El tamén vai de exploración.
4/19/2005 01:46:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Gefrierschränke
Esváese o bebé. Hoxe fai os dez meses e explora sen paraxe, así que mentres aproveitabamos o sábado para facer limpeza do conxelador, tiñamos que andar a controlar o que facía polo chan da cociña, que non lle botase a man aos enchufes, que non abrise os caixóns, que non se metese debaixo da mesa, que non lle caesen as banquetas enriba ao utilizalas para erguerse. Moitos nons para o que ten o formiguillo no cu. Acabou por enredar xogando cunha saca chea de patacas, amosándonos que a cociña é perigosa para el.





Do fondo dos caixóns sairon tres bolsiñas de leite materno, eran de cando opedro só tomaba teta e mamá tiña reservas no banco. Lembro que, hai pouco, lía nalgures que un de cada tres pais británicos probaran o leite da súa parella. Imaxino varias xustificacións, imaxino unha aposta, a proba accidental en xogos pre-ferrete coa mamá, a admiración do feito de poder fornecer con alimento, por incomodar á parella, ou só por curiosidade, se ao bebé lle gusta e alimenta, ten que ser bo.

Eu xa o probara, e non confiaría en alguén que tendo a posibilidade, non o probase. Mágoa de foto, acabaron no lixo.
4/17/2005 01:37:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




tecnicamente, virxe
Unha ligazón de Ponchorama lévame a unha empresa americana que comercializa camisolas que até eu non me atrevería a poñer nin nos meus tempos máis cafres. Do inferno das camisolas, a onde van todas as camisolas malas, vén esta,




que me lembra que hai uns días falaban na radio das tendencias sexuais da mocidade norteamericana; un estudo feito por dúas coñecidas universidades, revelou que os mozos que se comprometeran a chegar virxes ao casoiro foron os que optaron con máis frecuencia a prácticas sexuais "alternativas" só por mantérense virxes e, asemade, os que reflectiron unha maior incidencia de enfermidades de transmisión sexual pola súa alerxia ao uso do condón.
Se os adolescentes só tivesen relacións monógamas, dentro do matrimonio, por definición non habería enfermedades de transmisión sexual. Pero a meirande parte dos adolescentes non vive así. Eles teñen sexo.

A ver se desta, a sociedade se vai decatando que a promoción da abstinencia non leva a ningures. E o outro día, a sobriña da mamá da casa envía unha mensaxe móbil na que reclamaba consello; tiña un chupón que ía da orella á clavícula e non sabía como contarllo aos pais... Claro está que tivo que comentalo con eles. Fala con mamá e dille que, se polos mozos fose, habería algo máis, pero que se conformen co que hai. Mamá cavila en que terá que falar con ela do que é tabú na súa casa.

P.S. (na camisola) Disque María foi só unha virxe se non contades o anal

4/13/2005 02:34:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Repollo hervido
Os viciños de Lixo City están a afogar na súa merda. As rúas están a ser ocupadas por plásticos das máis diversas cores; coa publicidade dos supermercados locais invaden accesos a garaxes e prazas de estacionamento, o cheiro nas ruelas e nas prazas é fedorento. As moscas xa andan no aire e os ratos non demorarán moito en chegar. Os motivos da folga veñen da reclamación de readmisión pola empresa dun compañeiro despedido. Mentres tanto, aínda que a nortada axudou a enchelo todo de lixo, provocou que algún cidadán pontevedrés levase a súa merda cara o sur aproveitando a camuflaxe da Cheirulosas.





Este fin de semana, a seguro dos ratos, liamos na prensa, a conto da lei para a promoción da igualdade entre homes e mulleres, unha reportaxe sobre a discriminación laboral que sufren as mulleres que teñen fillos, e todas elas, na súa confrontación coa empresa, sufrían problemas de ansiedade, estrés e depresión. Supoño que as familias destas mulleres non o pasaron mellor. Hai quen di que a igualdade entre homes e mulleres será plena o día en que o número de mulleres que morren a mans dos seus homes sexa o mesmo que o de homes mortos polas súas mulleres, pero o día en que alguén organice unha folga por defender os dereitos dunha soa muller, o día da plenitude non estará lonxe.
4/12/2005 01:49:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Precaución
Se digo a palabra phishing, moitos se preguntarán que é o que quere dicir, outros xa o saberán, e outros tantos, a sabidas ou non, foron víctimas dos seus efectos. A palabra ven nomear á pesca e colleita de contrasinais (Password Harvesting fISHING) e consiste nun engano a través dos correos electrónicos ou de páxinas web con ligazóns a páxinas que fan crer ao utilizador que está nunha páxina da súa confianza, coma a do seu banco, do seu correo web,... de xeito que facilita o seu nome e contrasinal a quen, de seguro, vai facer un uso inapropiado del.



O motivo deste escrito é que se publicou en barrapunto un artigo que explica un caso real que ilustra dabondo o que están dispostos a facer certas persoas para obter os datos do teu cartón de crédito, da túa conta de correo, do teu banco online,...

Hace unos días recibí un mensaje en el que me comentaban que si quería podía tener la posibilidad de obtener cualquier contraseña de Hotmail o Yahoo previo pago de 15 dólares americanos. Esta cantidad sólo se abonaba si se obtenía la contraseña solicitada. Como tenía curiosidad por saber cómo lo hacían, decidí investigar por mi cuenta. Esta es la historia de lo que había detrás de ese mensaje. Decidí abrir una cuenta en Yahoo! y seguidamente escribí al individuo un mensaje en el que le pedía por favor que me proporcionara la contraseña de la cuenta de mi novia , es decir la contraseña de la cuenta que yo acababa de abrir. Para evitar ataques sencillos puse a esa cuenta una contraseña difícil de averiguar, es decir, formada por letras mayúsculas, minúsculas, números y signos de puntuación.

Non creo que sexa cuestión de poñerse paranoico controlando se as ligazóns que visitas levan realmente a onde indican, nin de instalar plugins no navegador que detecten se o sitio visitado é de quen di que é. As precaucións que eu teño son as de nunca abrir ligazóns no meu correo que veñan de destinatarios descoñecidos, visitar as páxinas do banco escribindo eu mesmo a dirección e utilizar o acceso seguro para ver as contas de correo web e, por suposto, cambiar de señas con frecuencia.
4/08/2005 12:27:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Felices soños
Foi unha tarde proveitosa. Despois da rotina cotiá, cambiamos a chaqueta de cores polo pixama e rematamos o día xuntos con el deitado cara min no colo.

Aseguralo co brazo mentres lareo unha canción; nos meus ollos, o seu ollar tranquilo alónxase en caída libre; ver as súas pálpebras a pechárense moi de vagar; e ao final, sentir como confima o seu ben cun lixeiro suspiro que o fai caer nas redes dos soños. O maior pracer do mundo, en directo na nosa casa.




Mamá nos vixia desde a porta, ven canda nós e amosa un sorriso, o máis amoroso do mundo. Eu vino.
4/05/2005 01:06:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Irás ao Inferno
Fago zapping polos canais de noticias e están todos a falar da morte do Papa de Roma. Os canais de países de maioría católica cheiran a rosarios, rezos. Parecen sacados doutro tempo. Menos mal que nos queda internet.





Vía Escolar atopo crónicas en directo desde o Vaticano. Tamén descubro que nas últimas horas da súa agonía tivo tempo para nomear dezasete sicarios de Cristo bispos. Vaia semana que nos agarda... é de agradecer que haxa xente con sentidiño

E tivo que morrer para enterarme da existencia do seu blo, o blo do Carol (como lle gustaba que o chamasen), o diario dos últimos días do Papa, escrito por el mesmo para participar no concurso de blos do Gorka Limotxo. Seica vai ser continuado por un tal Rouco Sifredi. Isto promete.

O mesmo me pasou co blo de Terry Schiavo, que até que non morreu, non me decatei da súa existencia e case morro coa risa, logo sentín unha pouca vergoña por terme rido tanto, pero lembrei que, como di a miña beata tía, hei ir ao inferno, así que estou a escachar coa risa.
4/03/2005 12:43:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Agora si
Creo que é o derradeiro test que leo do herdeiro dun receptor de TV satélite do que xa teño falado. Só falta decidir onde comprar. Polo de agora semella que a hei pedir a unha empresa dun pobo alemán próximo á cidade checa de Plzen.



É coñecida a limitación que teñen os suscriptores do TV Cabo ou do Digital+ para ver os canais aos que están suscritos nun só televisor, que é no que teñen o decodificador co seu respectivo cartón de suscriptor. Hai quen ten no chalé outro decodificador e vai coa tarxeta ao lombo para poder ver os canais de pago na casa da aldea ou da praia. Cos Dreambox pódese saltar esta limitación, só precisamos dun receptor conectado a unha rede informática, ademais da parabólica, que fará o traballo de servidor coa súa correspondente tarjeta de abonado ou cartão de aderinte. Conectados a esa rede poderanse poñer tantos receptores como se desexen, que en lugar de cartón levan un software cliente que fai que cando o canal de pago precisa dalgún dato do cartón do suscriptor, vaia procuralo ao cartón que está no receptor-servidor da rede, permitindo que cun só cartón podamos ver os canais de pago en tantos decodificadores coma queiramos.

E cando falo de redes, non só falo de redes locais; internet é unha rede, non é? Podería contar outras agradables peculiaridades desta maquiniña, pero xa o farei noutro día, non se me vaian amolar os do todopoderoso ceo e me poñan unha demanda.
4/01/2005 01:12:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente