<$BlogRSDUrl$>

    

             Esta páxina faise co Blogger. E a túa?

             Weblog comentado coa axuda de HaloScan.com

                   

Catu?
What will be, will be? Qué será, será?
Links
Abre noutra
           subscribe to this feed




          Creative Commons License
Esta lideira faise contando con   recoñecemento, de uso non comercial e para compartirmos igual segundo a licenza de Creative Commons
Timing
Non temos feito moitos quilómetros nos últimos tempos. A gasolina non queima o ben que debería, non sei se será a compresión ou cousa do carburador pero, desde que foi ao taller para retirar a árbore de manivelas a rectificar, bótase en falta algunha cifra do par.





Agora fomos a outro taller por ter outra opinión. Comentou que podía ser cousa do axuste do avance, e aínda que non pareza, significaría levarmos perdido moito tempo con outras trangalladas. Non é estraño que non vexa o día de levar os seus sorrisos no espello retrovisor escoitando como, por detrás da tapicería verde, vén o son dun refrixerado por aire pendurado por atrás do eixo traseiro subindo de voltas con alegría, coma nós.
8/30/2005 02:09:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Zoofilia?
Coa tensión destes días apartada, entérome dunha noticia que, os que fomos nenos antes de que nacese o xabarín, non teriamos imaxinado nin no peor dos pesadelos.





Lendo o blo de milinkito agora sabemos que ao fin, Chema, o panadeiro, enrollouse con Espinete.

8/25/2005 01:27:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Batalla gañada...
Primeira batalla gañada, despois de visitas e máis visitas dos gardiñas, os da pedra marchan en retirada, marchan para outro choio ante a imposibilidade de continuar con esta desfeita. Fixo falta a axuda dos viciños e máis da familia, todos diante da retroexcavadora coa intención de que non puidesen erguer o valado. Algún dos gardas ata nos comentou que era a única cousa que podiamos facer, xa que unha vez feito o encerrado só poderiamos agardar a que un xuiz decidise o derrube, e entrementres, o único xeito de chegar á nosa leira para apañar as patacas sería nun helicóptero ou invadindo os campos dos viciños e non pola serventía que se ven facendo desde tempos da Primeira República.





O seguinte capítulo comezará o cinco de setembro coa aportación de toda a documentación recopilada ao xuiz. Hoxe sabemos, despois de mover montes e moreas, que na escritura de propiedade que o destructor do noso patrimonio aportou para a licencia municipal consta que pola súa finca pasa un camiño de servicio para as leiras ao norte da súa, adxuntando planos de situación na que o valado elimina o camiño. E a concellería de urbanismo do Concello de Vigo autorizou destruilo, confirmando que nin se molestaron e ler a escritura para otorgarlle a licencia de obra. E estes son os que gobernan o patrimonio máis inmediato...

Seica temos todas as de gañar e en casa sospeitan que agora tentará arranxar polas boas... a miña tía xa botou algunha risada e iso é o mellor.

Neste enfrontamento apréndense cousas; que en agosto non deberiamos pagar impostos, o Concello non existe, a Xustiza tamén de vacacións e ata a Asociación de Viciños desaparece, e isto é algo que ata os pirómanos coñecen.

Quizais moitos destes problemas se evitarían se nas fronteiras exteriores se puxesen cartaces informando aos especuladores de que ser castellano non exime do cumprimento do dereito civil galego.
8/24/2005 12:03:00 da tarde | Escribiuno: opaco | Link permanente




Pailáns
Desde que deixei de andar na bicicleta para moverme, moito teñen cambiado as cousas. Á beira da estrada, dos carreiros, das pistas e dos camiños, os viciños eran os de toda a vida, os mesmos que tiveran os meus pais, os meus abós ou os meus bisabós. Todos coñeciamos de quen eran os campos que lindaban cos nosos, os horarios para regarmos e as servidumes que existían polos nosas leiras ou polas dos viciños.

Co fin do século vinte foron chegando novas caras, era o prezo do progreso. Era xente que lle escapaba aos ladrillos e ao piche que todo o comía para botar camións e máis camións de cemento nos nosos lugares. Aquí podían ver desde a súa piscina aos nativos sulfatando as viñas, botando esterco, sementando millo, recollendo patacas,...

E foron chegando máis e máis grazas aos herdeiros que vendían, aos emigrados no Brasil e na Arxentina que tamén vendían, e comezaban a perdérense as pegadas da sociedade local atrás de escrituras de compraventa. Os últimos en chegar foron uns castellanos que traballan na cidade. Compraron unha leira para gozaren o mesmo que tanto tempo levamos facendo nós. Agora a súa casa xa ten tellado e a semana pasada chegou un tractor guindastre para facérenlle o valado e cerrar a leira.

A miña tía dicía que parecía boa xente, que falaran con eles e disque querían levarse a ben cos viciños. Deberon cambiar de idea, pois o primeiro que fixeron foi unha canal para levar os regos por onde non lle estorbasen e o tractor tiña intención de eliminar unha serventía que xa aparecía en escrituras de comezos do século XIX e que aínda está en uso. A comentar cos coñecidos, seica estes son os usos e costumes dos inmigrantes, inmigrantes que marchan da Gran Vía, de Camelias, de Urzaiz,... para construír o seu chalé e ser a envexa das súas amistades a costa de gañarlle metros ás estradas, ás costas e eliminando servidumes polas que pasan colleitas e así, estragando os costumes dun patrimonio inmemorial.

Agora será a xustiza a que decida, pero isto aínda ha de dar moitas voltas e a miña tía é das de pura raza galega e ameaza que non hai señorito vigués nin castellano que a arrede. Ela é quen de facer garda cun fouciño na man e o futuro non é nada prometedor. Máis cedo ou máis tarde han chegar os adosados (ou edificios) que o concello de Vigo tanto necesita e mentres tanto, o meu pai treme pensando o que está por vir, anda preocupado e durmindo pouco lembrando, como ben se dicía no Quilombo e no Brétemas, que os pailáns propietarios e os pailáns constructores están fregando as mans.



Toralla xa morreu, e as Cíes, para cando? Porque non me digades que uns hoteliños e uns adosados nas Cíes...
8/22/2005 01:16:00 da tarde | Escribiuno: opaco | Link permanente




Sixty-kilo-man
Primeiro caeron eles e agora o gume dese virus tocoume a min. Pasei o día enteiro sen apenas comer, só cunha sopa e cun iogur. Así que agora ando esfameado e, por riba, nunha reunión, un home que veu desde Liverpool díxome, ademáis de comentar o meu sotaque, que me viu máis fraco que nunca.





Quen dixo que só tiñan estrías as mulleres?
8/19/2005 12:05:00 da tarde | Escribiuno: opaco | Link permanente




Nudismo de interior
Se pola mañá as muxicas invadían a casa e o cheiro a queimado era inconfudible, durante o día, no lugar máis fresco da casa a temperatura non baixou dos vintesete graos con picos de trinta e dous graos no salón. Como é que o sei? Tiven todo o tempo do mundo para levar o termómetro pola casa.

O plan era estar na praia con todos os nenos dos que se despedira opedro no areal o día anterior, pero á noite, ademais do fume, pasou algo pola nosa casa. Mamá esfondábase no baño e opedro na cama, así que non tiven que facer comida máis ca miña.





Consumido pola calor, a febre, a fame e esas moas que lle atravesan unhas enxivas bermellas coma o sangue, opedro non merece máis que premios pola súa fouteza, aínda que non entendese moi ben que mamá non lle podía dar os colos que el reclamaba entre descarga e descarga da cisterna do cuarto de baño. Con todo, na hora de apagar a luz e co seu bandulliño minguado, amosounos os seus dentes cun grande sorriso. Só por iso, paga a pena perder o día de praia.
8/16/2005 10:44:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Novos folgos
Sen tempo para ter morriña destes días que pasamos fóra nos os tres, comecei a traballar no que dá de comer dando voltas pola rede galega de corredoiras. Se hai uns días os sinais marcaban Femés, Tías, Yaiza, Playa Blanca, hai unhas horas entraba pola porta da casa lembrando os de hoxe, Coéns, Berdoias, Corneira, Trasfontáns,...

e, mentres os de dentro xa estaban na fase REM, acendo o aparello para peneirar a vergoñenta cifra de entradas que teño por reducir no meu canizo de información, lembrando botarlle un ollo ao que parece será o comezo dunha nova xeración de poetas galegos, froito da creatividade dos aduaneiros e mais da Suellen.

Tamén son de relectura obrigada as novidades que chegan de lacuruña e a lembranza do odio humano.

Por certo, unha das primeiras cousas coas que din (xa non sei onde foi) é cun hack para os mapas do google, que simula os efectos dunha explosión nuclear en calquera lugar do planeta terra. Vexamos, por exemplo, que ocorrería se Bush deixa caer unha bomba atómica como a de Nagasaki, duns vintedous kilotons no Paletox do paquiño vázquez.





Para ver os efectos só hai que premer en Satellite e todo o que está no radio dos dous circulos menores sería totalmente destruído e os aires de grandeza da excelentísima cidade de paquito marcharían ao carallo vintenove... pero isto é só un xogo, a realidade é máis dura.

Agora, a rematar o traballo, que temos que ir ver que cambiou no paraíso nestas dúas últimas semanas.
8/12/2005 11:29:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Area, alegria e desconexion
Isto e vida. Despois da ducharmonos comprobo que ao meu cu faltoulle unha capa de crema solar, e no cueiro e mais no cu d'opedro descubrimos que comeu area de mais.

Na praia ou no hotel, opedro amosa alegria ala onde vai. So baixar traerlle un caldeiro de auga supon ser recibido cun sorriso dunha felicidade e dunha alegria tan intensa que se pode percibir. E foi nunha destas que lle vimos como a sua primeira moa atravesa a enxiva despois de moita loita.

E hoxe pasou outra cousa que non sei como abordar. Lendo o xornal e avanzada a sua lectura lembrei algo que lera unha paxinas atras... os meus neuronios enviaron a orde aos dedos de premer Ctrl F e, a seguir, escribir a palabra chave. Sen saber que pensar fun dar un banho no Atlantico e esquecin ate agora.
8/09/2005 01:41:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Johannes kann fliegen
Opedro nada mais chegar, ligaba con Lucrecia, a camareira do bar do hotel. Ela dicialle que era un coqueto, que nuns anos ha vir coquetear coas canarias... e el, nin caso, a correr ao redor da piscina.

Da piscina a praia e aqui a area ferve, coma no verbo ferver e, ainda asi, na praia estabamos na gloria ate que chegou un tatuado (tatuaxes: o escudo do Atletico de Madrid e poucas palabras, nun brazo, Ultras e nas costas, Espanha con enhe). Nunca vira tal cousa en bolas.

E logo chegou unha parella cunha nena de case un ano, ese tipo de xente da que nos alonxabamos hai non tanto. Non sabias que era peor, se os nenos ou os seus pais.

A neninha ven sendo a curma de opedro, quen no hotel xoga con Johannes, un loiro aleman que ten catro anos e sabe voar.
8/05/2005 12:31:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Fuxida
Mañá, coma quen di, estaremos alonxándonos de casa. Xa coñecemos Lanzarote e, ao ser unha illa pequena, xa é case toda sabida e desta non faremos máis que a ruta da praia, que para iso xa non teremos sequera que ir comparando, xa temos preferencias. Para irmos ás praias do Papagayo, estancia en Playa Blanca, onde me chocara hai uns anos recoñecer a pantasma da emigración nas voces que viñan dunha cabina telefónica e da ringleira que había agardando a vez... sotaques e acentos familiares e próximos de paisanos que, de seguro, participaron na construcción do hotel onde imos.

As praias, a tres euros de peaxe e a uns quince minutos de distancia é o que conta. E aínda que ao final non imos sós, haberá separación, dous é o número máxico. Eles levan a colección verano2005 de baño e nós aforramos equipaxe. Teño que confesar que apenas levo calzóns e que o tempo que non estea a xogar con opedro ou a súa mamá, mergullándome ou conducindo, tamén serei o máis feliz de todos.

Co noso pequerrecho, na praia non facemos máis que coñecer xente coa que levamos anos compartindo Atlántico, e este anos, por mor dos nenos, descubrimos que os nudistas galegas son boa xente e prestan os caldeiros e toda canta trapallada levan á praia a outros neneos. Sinto que a curmá de opedro será compañeira de poucos xogos, a el gústalle voar e percorrer a area á procura de novidades, así que veremos se os de fóra son igual de sociables.





Agora xa se sabe porque está así de sorrinte.
8/01/2005 02:15:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente