<$BlogRSDUrl$>

    

             Esta páxina faise co Blogger. E a túa?

             Weblog comentado coa axuda de HaloScan.com

                   

Catu?
What will be, will be? Qué será, será?
Links
Abre noutra
           subscribe to this feed




          Creative Commons License
Esta lideira faise contando con   recoñecemento, de uso non comercial e para compartirmos igual segundo a licenza de Creative Commons
Ás presas
As presas non son boas, xa mo di meu pai, que disque á toupa, por facer os fillos ás presas, saíronlle cegos. E sen pausa para coller aire, nunha hora sairei do choio e recollerei a opedro e á súa nai para irmos alén do Miño, até o Douro, apenas para que opedro lle colla un aire ao sotaque portugués.

Estaremos uns días a poucos metros dun café no que nos gustaba ler a prensa con toda a calma do mundo, pero agora ao fervello non creo que lle chiste o ambiente, así que consulto no turismo do Porto e.... Indiana Bill? Eu ben sei que hai moitas máis cousas, e agardando que non nos chova, haberemos dar algún paseo polo Serralves.





Até já.
10/29/2005 01:16:00 da tarde | Escribiuno: opaco | Link permanente




Treonauta
Son moitas horas roubadas lendo reviews na arañeira para tomar unha decisión con xeito. Ata hai uns días, os candidatos reducíanse a dúas opcións; seguir co mesmo sistema operativo e a súa fiabilidade mais os seus inconvenientes, ou pasarme ao lado escuro coa súa potencia e mais as súas taras.

Por facilidade, rapidez de uso e estabilidade, esta xoíña, e por potencia en bruto con todas as súas posibilidades, esta máquina.

Sempre pensando no prezo, o certo era que a que mellor se adapta ás miñas necesidades é un producto descatalogado, aínda que facendo procuras polo feirón, a conclusión é que as máquinas máis fiables, a pesares de ser de segunda man, seguen a cotizarense. E seguindo a falar de cartos hai alguén que o fixo fácil e rompeume a baralla, foi Palm co Treo 650, unindo no mesmo aprello un teléfono máis unha PDA, así que, con algunhas dúbidas, sobre todo polo seu tamaño e a falta de wifi, o prezo foi quen de decidir.





Porque vomistar ponmo fácil, a operadora móbil, por apenas 95 EUR e nuns días, faime todo un treonauta. Se non me convencer, hei levala ao feirón, onde, de segunda man, non baixa dos 300 EUR. E eu hei de contar como me vai, se aló for.
10/27/2005 12:25:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Escapando pola fiestra
Onte opedro foi convidado ir unha festa de cumpreanos; a primeira á que vai. Ela, a que fai os seus primeiros once anos, é unha das do grupo de nenas do parque que máis bicos lle piden a opedro. Como opedro e mais unha primiña dela non lle ía facer gasto, a agasallada fíxolles un regalo. Foi comprar ao mercado un coche cativiño que se move ao presionalo no teito, e para ao voltalo a presionar, e, según ela, opedro deulle a entender que o quería.

E hoxe fomos ao norte con comida familiar incluida no pacote. Nun momento da reunión, as rodas do coche de opedro enguedelláronse no pelo da I., a súa curmá e só dous meses menor que el. O certo é que a nena é unha choromiqueira, pero creo que desta vez, botou a chorar ao oir á súa nai berrar coma se á nena a fose tragar unha máquina. "Cómo se para eeeestoooo????" E é o que pasa, eles asústanse e choran, e logo tiven que amputar, iso si, cun sorriso na boca.





E opedro, ben, na súa liña. Pasou o día comendo e xogando, ben ao pé da mesa a mesa, a pedir comida, ou no parque, xogando nos bambáns e tobogáns e mais cos curmáns. Para beber e comer sinala coa man, e para xogar, corre coma se marchase do bar sen pagar, sempre cun sorriso na boca.
10/24/2005 12:59:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Orografía dixital
Na derradeira reunión da comunidade de viciños comentei a posibilidade de facer algo para podermos ver a televisión dixital terrestre (nas antenas colectivas hai que instalar un amplificador de sinal). A resposta foi que a maioría ten R e non interesa.

Mentres tanto, os gobernos seguen a vendernos a irrealidade dunha rapidísima implantación das novas tecnoloxías. No eido da televisión, a única opción de calidade é recorrer á ADSL, ao cabo ou ao satélite, todas de pago. A diferencia de nós, os británicos poden ver de balde toda canta televisión se fai cos seus cartos sen importar onde vivan, ben coa antena de sempre ou polo satélite. Alí, a Freeview, que é a plataforma que distribúe de xeito gratuito a TDT desde hai xa uns meses, ofrece máis de trinta canais gratis. E, se vives no cu do mundo ou xa tes unha antena parabólica, a televisión pública emite a través dun satélite xeoestacionario a trinta e cinco mil quilómetros de altura todos os canais que produce, incluindo BBC as desconexións rexionais e facendo uns trinta canais.





Por aquí, pola nosa orografía, o satélite paréceme o xeito máis fácil de dar acceso á televisión pública e universal. Non tería importancia o lugar onde vivises, porque, aínda que fose nunha zona onde non van colocar un repetidor para ti só, tes unha vista libre a uns cantos satélites e a calidade sería óptima, pero pensando en ver TVG Europa e América, 24Horas, a RTPi e a TVEi, a infraestructura a montar non compensa.

Se na televisión satélite non hai movemento, falando de TDT, comézanse a coñecer detalles, o vindeiro 30 de novembro deberán estar emitindo dezanove canais gratuitos. Polo que teño lido; e por probar se saen as contas, sería algo así como,

De TVE, seis,
1. TVE1
2. TVE2
3. 24 Horas
4. DocuTV
5. Clan TVE (para nenos)
6. Teledeporte,

de Antena3, tres (vaites!)
7. Antena3 TV
8. Outro
9. E outro máis sen información,

de Telecinco, tres,
10. Telecinco
11. Telecinco Sports
12. Telecinco Estrellas,

de Sogecable, tres,
13. Cuatro
14. CNN+
15. 40TV,

de Vocento, dous,
16. Net TV
17. E outro máis,

De El Mundo, dous,
18. Veo TV
19. E outro máis,

E por Galiza, pouco sabemos. Da TVG, dous,
20. TVG
21. TVG2, se é que se ha chamar así, e mentres non chega, TVG Europa/América,

E privadas, outras dúas,
22. La Voz TV
23. Popular TV, a da COPE.


Pois iso, que me saen 23, e decembro está aí á volta e non sei se terei que poñer unha antena de cornos nin se o noso goberno vai impugnar as concesións de televisións que fixeron os mentireiros, nin se vai haber televisións locais... pouco sei.
10/21/2005 12:59:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




No feirón
Tiña ido moitas veces á feira mais apenas para ver o que alí trataban. A pesares de que nunca tantas mercadorías vira na miña vida, non paraba a falar cos tratantes. Eran tantas as xoias que alí había, que non era máis que correr de posto en posto coa boca aberta.

As miñas primeiras compras na rede foron no século pasado e acudindo sempre a lugares especializados, onde sabían do que lles falaba, todos cunha empresa física atrás do escaparate. E nunca tiven queixa de ningunha.

Agora os rapaces máis modernos (ou frikis?) xa non cambian cromos cos seus compañeiros na escola, van ao feirón e venden os repetidos e compran outros que non darían chegado por acó, e o que se nomeaba como moi difícil, agora poden, dun xeito fácil e cómodo, facer os seus vicios cheguen de Vancouver.





Onte fixen a miña primeira compra no Ebay. Rexistrado como usuario en catro minutos, fun comprobar as poxas que había polo meu obxeto de desexo e, logo, poxei e gañei. Recibín un correo confirmando, pedín ao vendedor me detallase o total a pagar. Tá tudo bem. Agora estou a agardar polo paquete; como tamén era a miña primeira vez co Paypal, a pasarela de pago comprada hai pouco pola Ebay, fun rexistrarme alí e si que era certo, o rexistro foi moi fácil e para facer compras só precisas unha dirección de correo e un contrasinal e, claro, un cartãozinho con crédito.

E a pesares dos roubos, isto é o futuro. Xa me fixen un RSS personalizado para que me avise se algún tratante leva á feira algo que me poida interesar. Así, se es fan de Andrés do Barro, poderías facer aquí un feed de búsqueda e cada vez que, no ebay, saia á venda algo relacionado co teu ídolo, es o primeiro en sabelo.





Non me estraña que facendo a proba esta, fose dos primeiros en atopar un vinilo del que está en 0,95€ a falta de vintetrés horas para que remate a poxa. Eu vou ver quen o leva, quizais en Saudade de ti estean interesados.
10/18/2005 02:13:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Schweigen ist...
Uníronse para sempre con confianza; ela estaba a prepararse para ir a algures e aínda había tempo. Ao longo do día el, e tamén ela, estiveron agardando por aquelas palabras que non chegaban, e o día pasou. Na hora de durmir e entre soños, non se decataron de que, entre o silencio, o sono os levaba aos dous.

Non sabían en cantas ocasións leran que había palabras valeiras e silencios cheos.



Aínda ecoaban no seu maxín as palabras que lles dixera no hospital despois dunha aperta sentida, coma as dos que volven a vida. Tiña as marcas no peito do desfibrilador e o único que lembra é un lixeiro mareo e o silencio. Ás veces, o silencio faise eterno e outras, disque é ouro.
10/13/2005 10:06:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Estatut
Outra vez ando abafado co choio, así que teño pouco tempo para me informar do que pasa por aí fóra. Ollando, que non lendo, o xornal, quedoume unha imaxe na retina...



...e non hai quen me aclare se é certo que rifan polo estatut.
10/11/2005 11:37:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Sabes que no te dolerá...
Pois non, opedro non o pasou moi ben. O que fixeron foi tocarlle os collóns.

Despois de deitarse con máis de trinta e nove graos de febre, ao pouco de acordar fomos a Urxencias. Seguía con febre e tiña a pirola encarnada. Veuno o pediatra, logo o urólogo e o diagnóstico foi unha balanite. Tratamento, limpeza da zona entre o prepucio e o glande con camomila, axudándonos dunha siringa, e mais aplicación dunha hidrocortisona.




O urólogo comentou que existía a posibilidade de, se se reproducir, ter que botar man da ciruxía e circuncidar. Lembreime dun dos asuntos tratados no Bloggingbaby, un blo comercial, no que os temas máis comentados son os que tratan sobre a circuncisión, nos que os partidarios dela fanno con paixón. Non estou dacordo nin entendo a política de circuncisións rutinarias que se fan en certas culturas, para que logo falen da tortura.

E ao xeito do Bloggingbaby, na península ibérica, nace Bebés y más, un blo colectivo onde, entre outros, colabora bolboreta, unha venezolana da capital que, entre outros, escribe o mamiblog, onde lin,
-Por el nacimiento de un tercer hijo la paga mensuales de 750 euros al mes. (actualmente se reciben 521,64 euros)
-Tarjeta familia numerosa que les permite disfrutar de un descucento de un 30% a un 50% para viajes en tren, compra de electrodomésticos para el equipamiento del hogar, ocio (cine, museos).
-Creación de unas 15.000 plazas de guardería.

La baja maternal o paternal en Francia son de seis meses por un primer hijo y de tres años por el segundo.

Pero iso é en Francia, onde os mariñeiros teñen deduccións de ata un 60% no imposto sobre as rendas e o gasoil para a pesca custa 0,27 ouros o litro cando aquí lle anda nos corenta e largos. Pero iso é outro conto e outro país, e opedriño xa non se queixa e segue no cuarto posto na lista de espera da guardería.
10/07/2005 02:10:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Maxia
Foi coma unha obriga. O sábado era a segunda vez que saía tomar unhas copas desde que naceu opedro. Na que disque é boavila que dá de beber a quen pasa, un amigo pechaba o seu local cunha festa. Live music e mais child-free friends, unha combinación bastante común ata hai quince meses facíase agora estraña. Tivo algo especial, os amigos, a música, o alcohol, e todo o demais. Supoño que debido aos efectos desta variedade de cannabis indica, ao rematar o concerto fun quen de coller o micro e lembrar as dúbidas que tiña xa hai máis de dous anos, antes de investir os cartos que non tiña en abrir o pub, de se iría xente, se faría cartos,... Era toda unha aventura e, agora, aí está, vai pechar para abrir un novo proxecto. Co tempo gañoulle á súa fatalidade. Logo, pedín un aplauso.



Se mo contan non mo creo, eu falando ante unha audiencia de máis de dez persoas... As primeiras palabras que escoitei ao baixar do escenario, foron as de desdealaska, a quen tiven a oportunidade de dicirlle que lle lía o blo, comentándolle a D. algo de superar o medo escénico. Sentín que alguén llo tiña que dicir aos que foran por alí. Logo, ese formiguillo non me deixou ata esta mañá, cando chegaron eses catro minutos de maxia.
10/04/2005 12:52:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente