<$BlogRSDUrl$>

    

             Esta páxina faise co Blogger. E a túa?

             Weblog comentado coa axuda de HaloScan.com

                   

Catu?
What will be, will be? Qué será, será?
Links
Abre noutra
           subscribe to this feed




          Creative Commons License
Esta lideira faise contando con   recoñecemento, de uso non comercial e para compartirmos igual segundo a licenza de Creative Commons


Tiña esta parte da dereita un pouco abandonada e decidín facer limpeza. O máis cómodo era botar aos que non están. O difícil é tirar tempo para ler todo o que gostaría, e despois, peneirar.

O malo de sentirse ben é que penso que é boa sorte, pois ao ir alá hei poder parar en Ponte do Porto (sempre levo apuro), e ao ir aló hei poder parar no VW Automuseum (sempre atopo algo mellor que facer).

Polo de pronto teño que informarme ben aquí para controlar o mans libres que instalan na carrinha. Mañá a Santiago...
4/29/2004 01:55:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente






Estou a gozar da vida, ao meu xeito, pero gozo. Síntome ben, algo canso, pero ben.

Onte tamén paramos na praia. Desta baixamos a Barrañán, aínda que se falamos con propiedade estivemos en Combouzas, unha das praias máis fermosas que coñezo. Onte marchamos logo, así que estivemos no mellor; aínda había pouca xente e puidemos sentir a tranquilidade da súa area e a bravura do seu mar. Antes de irmos vin a un rapaz coas súas bermudas ben pudorosas que ía máis preocupado en que se lle marcasen os seus musculitos que en avanzar pola area. Camiñaba como dicindo; mirade que tríceps e que deltoides máis traballados teño! Toda esta xente que lle adica máis tempo ao esparate de fora que ao de dentro paréceme que vive noutro planeta.

Mentres tanto os síntomas fanme sentir máis pai, comezo a notar que somos tres; o outro día, cerrouse moi forte a porta do coche, e seica el, ainda dentro da súa nai, engurruñou co susto. Gústame que ela me conte o que fai e cómo se move dentro...

E hoxe, despois de pasar moito tempo en observación no hospital e coas menciñas do doutor, fixemos que o Carocha nos levase dar unha voltiña aos tres. Aínda non sei se nos levará a Viana ao XIII Encontro Nacional organizado polo VW Ar Clube de Portugal. Éche un bo plan para a fin de semana, pero non sei se o pequecho quererá ir.
4/27/2004 12:59:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente






A primeira vez que vou á praia este ano. Nunca me gustou untarme da crema de protección solar, fai que me sinta suxo e pegañento, pero teño que protexer a pel porque me poño encarnado enseguida.

A sensación que me produce estar espido na praia ao sol é única, e se ademáis estou en boa compañía, entón é incomparable. Sentir o vento, sentir o mar, totalmente libre e sen prexuizos. Xa hai moitos anos que imos a praias naturistas e noto que sempre leva máis tempo decatarnse de cal é a moda que se leva en traxes de baño. Hoxe non demorou moito; ía aínda polas primeiras páxinas do xornal cando apareceu unha parella que se puxo alí ao carón nosa, a uns cinco metros. Ao pouco, miro que está él amarrando a toalla ao redor do seu peito para que ela se poña... o tanga. Toda aquela parafernalia de suxeitar, que non caia a toalla, que se me ve,... e el, espido, imaxino que sentíndose ridículo pensando que a moza tiña un pudor estúpido por ter medo a amosar aquilo que teñen todas as mulleres máis ou menos parecido. E eu pensei que polo menos debía levar un modelito, da tan pouco coñecida por estes lugares, colección primavera verano 2004 de El Corte Inglés e nada, un tanga branco coma todos.

Entendo que alguén poida ir a unha praia nudista por experimentar, porque lle guste e porque sí, espido ou textil, pero o dos tangas nunca o entendín, xa que se supón que o que fan é amosar carne, así que ...

E nós polo menos aforramos nos traxes de baño; o que non sei é se seguirá habendo para preñadas, tal coma o que tiña a miña nai. Qué horror!

Para gozar, Rapaces na praia, a imaxe de arriba, é de Douglas Simonson, un artista fascinado pola representación da figura masculina núa.
4/25/2004 02:15:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente






Non sei como cheguei aquí, pero é o único non anglosaxón entre as peores portadas de discos.

Fíxense ben nesa pose e nesa ollada chea de luxuria. E eran tempos de transición democrática en España.
4/22/2004 10:20:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente






Levo toda a tarde a oir falar da partida de futbol de mañá entre o Corunha e o Porto. A verdade é que tanto me ten quen gañe. Se gañar a equipa galega non serei máis rico e se gañar a equipa do "norte" non serei máis feliz.

Toda a tarde a conducir por estradas con curvas, por autoestradas de peaxe mal asfaltadas e cheas de pozas que teño que pagar por utilizar, penso que non é posible que haxa algún organismo ou empresa privada adicada a manter estas vías de comunicación en bo estado para a circulación. Non me estraña nada que en Galicia as aseguradoras teñan os prezos máis altos de toda a Península Hispánica; se se unen un dos parques de carros con maior idade media de Europa coas nosas infraestructuras, o resultado é mortal... e as aseguradoras teñen que pagar moitos cartos.
E mentres tanto, os que seguimos a financiar a sanidade somos os que utilizamos o carro, aínda que sexa para realizar unha actividade económica. Este é un país ou de tolos ou gobernado por idiotas...

Estou canso, tanta actividade deixoume sen folgos e non podo pensar con claridade. Pero aí estaba a Radio Galega, que falaba tamén do futbol. Foi patético, pero calquera é quen de ser xornalista e non pola falta de coñecementos sobre do que fala, senon pola falta de cultura. Un país próximo como é Portugal (e máis, o Norte) e os xornalistas galegos parece que están a falar con estranxeiros dun país de fóra. Foi case tan penoso coma oir aos xornalistas portugueses falar nesse portunhol que fai que sinta que está a falar cun castelhano...a indignación provócame ansiedade e impotencia...

Para cando unha nova época? Sendo as nosas culturas tan próximas porque actuan de xeitos tan diferentes os ministerios de cultura español e portugués?
4/21/2004 02:12:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente






Déronlle un paquetiño cheo de publicidade e de mostras gratuitas, tamén viña un libriño que publican a Asociación Española de Matronas no que leo
...cuando el marido se desentiende, alega que tiene mucho trabajo, o se evade yendo a tomarse copas con los amigos; las consecuencias de esta actuación catastrófica da lugar en muchas ocasiones, a neurosis, frigideces post-parto e incluso al divorcio.

Xa teño eu medo abondo no corpo coma para que me veñan estas a dar pistas. O que sei é que quero estar alí, coa nai e o fillo, para que non se sinta soa e máis despois de ler que contan cousas coma esta,
"...pero me pusieron oxitocina para acelerar el proceso y a las 6 de la tarde la fiebre hizo que me reventaran los labios y sangrara, las contracciones no eran rítmicas: Me llevaron al paritorio y se me subieron dos señoras encima a tratar de bajar al bebe (los cardenales posteriores fueron de libro). Entonces una enfermera detectó sufrimiento fetal, a lo que la doctora respondió: "como no va a sufrir el feto con la madre que tiene que ni sabe empujar". Me llevaron al quirófano y mi bebe nació por cesárea. Tenía neumonía y estaba muy grave, por lo que lo llevaron a la UCI."

Dar medo tamén o fai ben o artello ese de arriba, que máis que un tira-leite parece unha máquina de tortura. Que llo pregunten ás utilizadoras...
4/17/2004 01:34:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente






A satellite-cracking scene hispánica (paréceme máis correcto que ibérica) anda moi tensa. Esta semana xúntanse aos de Digital+ os de TV Cabo cambiando o sistema de encriptación do seu pacote de canais emitidos a través do Hispasat.

Isto significa que comeza a emitir utilizando Nagra2, a evolución do seu sistema de encriptación Nagra, paralelamente a este último. Así que está próximo o momento en que sustitúa os cartóns dos seus asinantes coa intención de deixar fóra de xogo os milleiros de cartóns piratas que están en circulación.

Hai pouco tempo saía á venta no mercado europeo un novo cartón chamado Titanium Card que ata o de agora era o único cartón pirata que permitía decodificar de forma autónoma (sen o cartón oficial de asinante, e polo tanto de forma ou ilegal ou educional) no decodificador de aluguer as emisións do operador español tanto a través do Astra (utilizando Seca2, os ex-CanalSatéliteDigital) coma do Hispasat (utilizando Nagra e xa unicamente Nagra2 nalgún canal, os ex-VíaDigital).

Nestes últimos vinte días ten habido de novo unha reactivación do mercado. Apenas coñecida publicamente a posibilidade de poder ver a tele gratis, cando todo o sistema comeza a mexerse, os operadores consiguen algunha asinatura máis "me doy de baja del Digital para abonarme al Plus y que me pongan el otro decodificicador con la antena gratis", os vendedores de eléctronica especializada acadan máis ventas e os piratas tamén levan a súa parte. Pois o conto é que parece que Digital+ pechou a billa nos seus dous satélites e a cousa está difícil para os piratas, pero tamén para as tendas especializadas. E os operadores, aturarán eles a baixa do número de asinantes que teñen que pagar moitos euros por ver a cuarta parte do que podían ver pagándolle outros tantos euros a un "manitas que me reprograma la tarjeta"? Saberémolo no futuro...

A boa nova é que todas as televisións autonómicas españolas con emisión satélite pasan a distribuirse de forma libre (sen codificación) a través do Hispasat, no que só a TVG o viña facendo dese xeito, e xa que polo Astra tamén emitían sen codificar o seu sinal.

Así que moitos terán que deixar o futbol e o porno para pasar a gozar de algo tan diferente como o Andreu Buenafuente que estaba hai un intre despedindo o seu programa Una altra cosa na TVCi, que, como todas as televisións autonómicas españolas, emiten unha programación descafeinada, composta principalmente de programas de producción propia. Estiven a rir cunha parodia de El'Rei comentando coa Letizia a relación co seu fillo Filipe. A imitadora da Letizia chámao Xoan Carlos I o Gracioso.

Nótese que xeralmente síntome mal traducindo os nomes orixinais pero fago tal coma a prensa fai coas Elisabeth e os Charles británicos.
4/14/2004 02:00:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente






Semana proveitosa, estimamos que temos aforrado moitos euros despois de que, desde o berce da súa nai, o neno sen nome fose connosco ás casas das súas tías para aproveitar a roupa dos seus nenos, e tamén os seus berces, e tamén o cochecito, e tamén...

Isto sí que é unha santa tradición. Lembro aos meus primos xogando coa roupa que fora dos meus irmáns.

Todo este enxoval fixo que as nosas vacacións demorasen un día máis. A criatura xa ten roupa ata os oito meses de vida e nós aínda non temos un nome para el, non damos con ningún que contente aos dous... Nin Mateo nin Roi.

Descubrín que na Praia do Tanxil a antena GSM que nos daba cobertura estaba en Pontevedra, gracias ao miniGPS, co que podes saber os números de área das antenas ademáis da efectividade real da súa cobertura. E hoxe descubrín que segue sen haber terraza mellor que a do bar da praia de Fortiñón (das menos coñecidas da Ría de Vigo) co solpor atrás das Cíes, nin me lembrei do programiña das antenas. Cando chegamos aínda había xente bañándose, qué envexa de verán!

Case que temos todo arranxado para este verán.
4/12/2004 01:04:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente






Será que se fode pouco?

Porque segundo leo, Werner explica nesta entrevista o seu estudio de que fodermos fainos máis intelixentes. E tamén di que as endorfinas e a serotonina que producen o orgasmo facilitan o reforzamento da auto-estima.

Ou será que moitos dos sementadores do auto-odio non foden nin permiten foder?
4/06/2004 12:44:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente






O de fumar un charuto pola noite leva a miña consciencia a tomar vento.

Acabo de ler que isto foi ás seis e media da tarde en Leganés. Non lembro abrir tanto os ollos para ler algo. Froto os ollos, penso para min que non é certo. Non pode ser posible. Mañá todo isto terá sido un soño.

Teño que ir ver a CNN+ qué carallo pasa. Non podo seguir a ler os blos. Co ben que estaba...
4/04/2004 01:55:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente






Estaba a dar unha voltiña pola rede e eis que comezo a ler frases como que Bush demitira. Iso foi o que demorei en decatarme de que hoxe era Primeiro de Abril, o día onde os burros van onde non deben ir.

Contáranme que o Día dos Burros de Abril comezara coa imposición polo Papa Gregorio do calendario gregoriano en 1582, cousa que foi adoptada de inmediato por Italia, Portugal e España, os británicos non o fixeron seu ata 1752 e o Xapón en 1923. Pois foi que moitos franceses seguiron a celebrar o Ano Novo o Primeiro de Abril como viñan facendo, ainda que sobre isto tamén hai teorías.

Ninguén na miña escola coñecía o do primeiro de abril, eles tiñan o do día en que Herodes non atopou a Xesús. Lembro que de nenos iamos á casa das nosas tías, chegabamos pedaleando naquelas bicicletas de ferruxe e o primeiro que lle diciamos á maior e máis beata (fanática católica) era,
¡Na tele dixeron que morreu o Papa!

E iso que xa daquela tiñan ao Xoan Paulo II. Nós seguímolo a facer durante máis primeiros de abril e en vista de que non morre, agora comentamos e ela di que xa é hora de que vaia morrendo, que debe estar sufrindo moito. Eu dígolle tal como eles, que para chegar á gloria ten que sacrificarse moito, como fixo o señor Xesús, que sufriu polos demáis.
Iso, iso que sufra tamén polos culpables disto.

4/02/2004 01:12:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Andaba á procura dun arquivo midi para poñerlle ao móbil como melodía de chamada. Quería que cando X chamase, soase o "e pousa, pousa, pousa e non me toques naquela cousa" pero tiven que me contentar co de Carolina. De todos os xeitos, vou ver se o atopo...

O puto teléfono segue sen drivers para usar GPRS usando o bluetooth coa PDA, mañán tentarei falar cos seus servizos de atención ao cliente para poñelos a feder. Mentres tanto teño que me conformar co GSM a través de IR (os infravermellos ianquis) e sí, xa sei, o erro foi meu, debía ter comprobado antes se era posible. Menos mal que aínda podo cambiar o terminal, seguramente será este o elixido.

Mentres tanto, fedello e descubro como tamén é posible instalarlle un programiña para facer un pouco de zapping no bar mentres agardas polos amigos. Cando chegan e llo conto, dinme que a situación máis simpática sería facelo na final da Champions League (quizais Porto-Real Madrid?) mentres está todo o bar vendo o lanzamento de penaltis. Ás veces é fácil botar un sorriso fóra, só precisas dun sistema operativo.

O do nome da criatura está difícil. Nunha pequena reunión de colegas falando sobre o tema, como xa lle comentaramos que polo de agora chamámolo Otto, preguntaron por el dese xeito e dixeron que lles gustaba. Gosto do nome pero non me gustaría poñerlle un de fóra, porque, como lles dixen, se de Miguel, Migueliño, de Otto, ¿Ottiño?
4/01/2004 12:27:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente