<$BlogRSDUrl$>

    

             Esta páxina faise co Blogger. E a túa?

             Weblog comentado coa axuda de HaloScan.com

                   

Catu?
What will be, will be? Qué será, será?
Links
Abre noutra
           subscribe to this feed




          Creative Commons License
Esta lideira faise contando con   recoñecemento, de uso non comercial e para compartirmos igual segundo a licenza de Creative Commons
Frühlingsanfang
Aproxímase a primavera, o fin de semana é de descanso total, só saímos de casa opedro e mais eu. Fóra o vento é frío e mamá non sae por recuperar os folgos que lle resta a gripe. Hoxe fomos dando un paseo, paramos a ver as pombas, vimos xogar aos cativos, durmiu e lin prensa. Cando acordou xa estabamos de volta, para el foi coma un salto no tempo, o último que vira, foran os portais da rúa do peixe fritido e a sensación de espertar nun lugar onde non contas, non é agradable.

Xogamos, xogamos e xogamos, deitámolo e nos canais españois de noticias andaban a falar do edificio que ardeu, de quen entra e de quen deixou de entrar. Creo que foi en escolar que lin que os que saían nas imaxes do lume no edificio eran viaxeiros do tempo vindo do futuro á procura de importantes documentos que habería que recuperar para solucionar algo importante por alá. Tamén falan das surpresas do Papa, que non creo que volte a contar contos, quizais saia a súa cadeira de rodas no ebay cando o próximo Papa ande. Dos nosos non din nada, xa tentan que os esquezamos. Non me é difícil abstraer, mañá pasamos folla no calendario e xa aparecen días de praia e de calor. Vai ser o mellor verán das nosas vidas.

2/28/2005 01:30:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Denominación de orixe
Vai ser que a marihuana podería ter outra finalidade terapéutica máis axudando á loita contra a doenza de Alzheimer . E non vou ser eu quen lles leve a contraria.


2/25/2005 01:46:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Caranguexo
Cando naceu, a Consellería deunos, entre outras cousas, un calendario de desenvolvemento do neno que opedro vai cumprindo con esquisita puntualidade. É lindo ver como atopa as incógnitas das ecuacións do desenrolo cotiá a base de probas e fallos, pero son os detalles os que van facendo de el un ser autónomo.





Leo Se un xoguete me gusta, esforzareime por alcanzalo aínda que estea lonxe. e eu vexo a o noso xa-non-tan-cachorriño sentado no chan e cos ollos seguindo unha pomba que pasa por fóra dos cristais. Tres segundos máis tarde, a súa bola favorita pasa a ser o seu obxetivo; está sentado, vira o ombreiro cara un lado, bota as mans ao chan, deixa cair o bandullo, estira o pescozo, e desenreda as pernas. Xa está encarando á súa pelota, tenta avanzar, xa eleva os cadrís pero o mecanismo non é moi sofisticado, e o que consegue é alonxarse, coma un caranguexo. Provoca en nós risas que non entende, entón párase e acompaña as nosas risas cun sorriso.

Cando o miro, alá abaixo, tan lonxe e tan valente fronte a todo, interactuando con todo o que se lle pon a tiro, parece que foi el só o que decidiu que tiña que vir ao mundo.
2/22/2005 12:13:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Presa ou Prisa?
O Goberno español está a facer un esforzo para poñer orde no mercado das televisións. Por unha banda pretende impulsar a televisión dixital terrestre (tdt), adiantando a data que a convertirá na única existente aló para o 2010, e pola outra, non descarta ofrecer máis licencias para emitir en analóxico, unha tecnoloxía a extinguir. Con este panorama é case unha contradicción ofrecer agora a Canal+ a posibilidade de emitir en aberto.

No futuro modelo da televisión dixital española os grandes beneficiados son ademais das xa existentes telecinco e antenatres, o Net Tv, de Vocento, e Veo TV, de El Mundo e Recoletos, e resulta sospeitoso que medios tan "progresistas" como estes estean tan incomodados e promovan a tdt ao seu xeito.





Mentres agardo á próxima sorpresa dun goberno que me lembra aquel que axudou á venda de A3 a Telefonica, aínda no sei a quen botarei o domingo e descubro que a TVG xa utiliza os servicios interactivos que permite a televisión dixital (permite moito máis que iso) e que Sanyo vende receptores cos menús en galego.
2/19/2005 02:02:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Wenn man stoned ist, dann...
Sento diante do monitor, e desque teleporro cambiou de fornecedor, desaparezo. Nun recuncho do ecrán, o editor aberto sen letra ningunha. Contaba cun mes de febreiro que me deixase tempo para completar unha chea de cousas pendentes e levamos a metade do mes enriba, pouco fixen e, o que é peor, enchín aínda máis a axenda.

Xorden reunións, chamadas, máis chamadas, viaxes, autoestrada; non chega a ser agobiante, pero case afogo nunha culler con auga.

Esta última semana complicouse un chisco a nosa vida familiar. Por se fose pouco o dos problemas de mamá no seu traballo por mor de conciliar a vida laboral coa familiar; aeva, que é quen ten conta de opedriño mentres non estamos en casa, está agora no taller. Os doutores tratan de que se recupere dun edema pulmonar provocado por unha trombose.

Deitámonos na cama e rimos comentando os progresos de opedro, xa dá máis xogo. Esta noite, na bañeira, botou medio corpo fora para ver o que había abaixo. Mamá lembra que a súa nai sempre dixo que os pequerrechos son uns quitapenas...


2/16/2005 12:48:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Escusas
O futuro case que estaba aquí, xa me decidira por comprar unha nova máquina que lle había de botar un cabo ao router, agora convertido nun verdadeiro nodo de comunicacións caseiro.







A primeira noticia que tiven dela foi hai seis anos, lendo a Sat-Aktuell. Era unha auténtica computadora, baseada nun PowerPC, que non un PC, con sistema operativo Linux, cos seus portos USB, de rede, PS2,... traxeada con uniforme de receptor dixital de TV vía satélite, cos seus lectores de cartóns e conexións á ou ás parabólicas.

Si, xa sei que estou servido. O coreano que nos decodifica o sinal que chega pola parábola vale para calquera dos operadores do mercado ibérico, pero eu quería algo máis, aínda que fose só por fedellar.

As súas posibilidades son enormes,

a súa conexión á rede da casa, e por extensión a internet, fai que se poidan facer tarefas duras como actualizar a lista de canais sintonizados desde, por exemplo, un portátil vía wifi e cando digo dura, significa que ordear uns mil catrocentos canais de televisión (entre codificados e non codificados, por non falar dos canais de radio) non é cousa de media hora.

Se lle instalas un disco duro, xa non poderás voltar a ver a televisión sen usar o botón de grabación e o de pausa. Poñer esa película sen anuncios en pausa para continuar a vela ao voltar do baño, ou grabar coa mesma calidade que o orixinal ese programa que ten publicidade. O mellor é o que aporta a comunidade formada ao redor deste receptor e do software de código aberto, pero iso xa o contarei outro día, pois a desilusión é grande e teño uns poucos novos canais que poñer ao día no Humy.
2/12/2005 01:08:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente






Onte deixoume coller aire. Hoxe á tarde non quixo durmir e foi que non, levo cansancio dabondo enriba pero non puiden botar a sesta, déuselle por reclamar compañía e eu, deitado no sofá, fun onde a el con pouca intención de entrar no seu xogo. Só un sorriso, non fixo falta máis que unha risada para gañarme para a súa causa.

Eu ando a perder o sono e el vai co Sol, gaña vida, cada día que a primavera se achega é un minuto, ou dous os que lle come ao sono, quizais tres. A mamá di que está a deixar de ser un bebé, está moi grande e xa non o poderemos aniñar máis no colo.

Nas páxinas de ciencia da BBC dinme que marche a descansar, que o meu tempo de reacción é de caracol. Marcho para a cama, mañá hei disparar os dardos máis rápido.
2/09/2005 12:59:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente







E pasa o tempo, rematamos o fin de semana comendo Sheperd's pie na súa casa, a súa cadela segue a ter medo de opedro e el unha curiosidade infinita por todo o que se move e non se deixa coller.

Comentan que están a usar Amazon para ir de compras e fálolles da existencia de Pricenoia, un comparador de prezos do mesmo producto nas súas diferentes webs. Comprobo que acertaron ao comprar na .com

Falamos ata que non nos entendemos, rimos moito máis e demos un paseo pola aldea con Poppy, a súa cadela de catro meses. Opedro nunca vira tantos cans na súa vida. Os aires da aldea séntanlle tan ben como a galleta que vimos de engadir na súa merenda. Relámese, novos sabores chegan ao seu bico.
2/07/2005 01:46:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente






Soño con IPs públicas, con routers, con grupos de traballo que me abren portas e me descubren máscaras. Cando acordo xa non me entra o sono atrasado, o meu pé esquerdo láiase e négase a soster o meu peso. Lembro a imaxe do mundo a rentes do chan, disque é unha escordadura de nocello.

É como outro soño, neste non me doe nin a cabeza e teño que manter repouso alomenos dous días. Deitado no sofá co pé a maior altura que os cadrís, apenas me faltaría un charutinho, pero unhas mans profesionais, o xelo e mais o taping dan resultado e vou pola AP9 metendo a cuarta e a quinta a machada, coma nos ralis, sen embrague. Mágoa de DSG.
2/03/2005 01:09:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente