<$BlogRSDUrl$>

    

             Esta páxina faise co Blogger. E a túa?

             Weblog comentado coa axuda de HaloScan.com

                   

Catu?
What will be, will be? Qué será, será?
Links
Abre noutra
           subscribe to this feed




          Creative Commons License
Esta lideira faise contando con   recoñecemento, de uso non comercial e para compartirmos igual segundo a licenza de Creative Commons
Sen permiso
Agora vixío por detrás dos vidros se aquel trescentosnove volta estacionar no mesmo lugar.

Á noite conectei por cabo para pasar unhas pelis ao Media Center e, ao pouco, vexo actividade na rede wifi que deixara aberta. Botei unha ollada ao log do router e mais do cortalumes e era el. Non lle debía parecer abondo con que compartise a miña porta a internet con el que, primeiro, quixo entrar na miña casa tentando convencer ao porteiro de que era alguén coñecido da casa e, ao non conseguilo, intentou facer muros de bloque en todas as portas da casa para bloqueala. Xa din aviso para que se aparecese de novo por aquí lle boten os cans. Xa sabía eu que ao final tería que fechar a porta.



Antes desta aventura, opedro e mais nós fomos facerlle unha visita a JB (corresponde ás súas iniciais). A nai del e mais a de opedro din que van ser amigos, só levaba catro horas no fogar de Breogán e fixémoslle esta fotografía. Está moi lindo, así que agardo que os seus pais non se amolen por telo posto aquí sen autorización ningunha.
3/30/2005 01:27:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Full ahead
Levamos case que toda a semana a prepararnos para o día no que hai cambio de horario. Fomos adiantando as horas para comer e a hora para deitalo. Co de comer non houbo ningún problema pero co de deitalo, as probas destes días foron abortadas ao comezo da misión. Non podemos dicir se é o mellor ou o peor, se lle fai ben ou mal ao pequeno, o importante é que ofrece resultados, o noso pequerrecho leva durmindo a noite enteira desde que tiña tres meses, agás un par de noites nas que acordou a chorar no medio da escuridade. Non houbo traxedia ningunha, mamá estaba alí.

Fixemos do proceso de marchar para a cama algo lento e doce. Enchemos a bañeira con auga da traida quencida a trinta e sete graos, logo espímolo mentres imos amosándolle o seu corpo. Ao quitar o pañal amosa un dediño para sinalar e mais tocar a piroliña, cousa que lle fai moita gracia. Dun chimpo levámolo á bañeira mentres o seu biberón se prepara. Xogamos no baño, cantamos mentres secamos, éntralle a fame, biberón ao bico e lemos un conto agardando polos gases. Antes de metelo no berce, unha ollada aos cadros pendurados no seu cuarto e xa non voltamos saber nada do sapoconcho até a mañá seguinte. E hai quen di que temos unha sorte que non merecemos, aínda que o que parece é que el adora esta rotina.





As tres últimas noites foron excepcionais, a primeira noite durmiu a súa curmá cos seus pais na casa. Ela é dous meses máis pequena que opedro e o certo é que eu levaría mal criar a unha nena que chora para durmir, chora para comer e chora para cagar... fíxoseme difícil manter o bico pechado para evitar dicirlles que usen outras técnicas... A segunda noite, a nena duns viciños semellaba posuída por algún espírito, que se fose maior de idade, relacionaría co uso de drogas ilegais e a terceira noite, pasaron a ver a opedro uns amigos, dous ciclóns que veñen cargados de bos ventos, unha visita moi agradecida. Todo isto e mais que as enxivas polas que lle han sair os dentes de arriba están en carne viva enguedellaron e atrasaron algo máis do habitual a hora de durmir. E esta noite deitámolo ás nove e vinte e polo de agora, avante toda.

E aínda teño tempo a comer no roscón de opedro e a descubrir a través de microsiervos como destruir case que calquera web. Proben coa do presidente.

3/28/2005 01:05:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Lóstrego
Segundo vai medrando hai cousas que van quedando atrás, fago unha copia de seguridade e boto unha ollada ás fotos do pequerrecho de hai uns meses. Comprobo que era certo o de que o tempo voa, aquel cativiño que deu con nós tantas voltas anda agora á procura de novas sensacións a cada momento.





Agora é tempo de xogar, de darlle á man para dicir abur, de agatiñar explorando a casa, de agocharse. O que poderían ter sido nove eternos meses pasaron coma un lóstrego. Esta tarde fomos á praia e, de non ser polo mal tempo, opedro teríase bañado. Amarrado aos meus dedos os seus pasiños ían dereitos cara as ondas, só que cando viñan enriba nosa, botaba a correr con el pendurado das mans, e volta outa vez... Se o tempo segue a correr chegarán logo os días de praia. Para aquela ha de andar el só e xa non poderemos durmir na area. Tanto me ten, xa me tardan en chegar.
3/25/2005 01:22:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Seguridade gratuita
Nunca fun de adorar ídolos, pero un amigo noso está a gañar moitos pontos para ser o meu. Ten que cruzar a ría todos os días, xa está canso de darlle voltas ao asunto e decidiu que era hora de pasar á acción. Cando chega á peaxe escolle a cabina onde haxa alguén pagando (para isto é importante que alguén pague), xoga ao punta-tacón cos pedais e pasa cando lle abren a barreira ao de diante.



Disque é habitual que o cobrador da peaxe bote a cabeza fóra para berrarlle algo que non entende, pero que xa está cheo de xogarse a vida ao ter que utilizar outros camiños para chegar ao mesmo destino. Cando nolo contaba estaba a falar por teléfono con Eme, que confesou que o deixara de facer o día que pecharon a barreira ao pasar co seu coche sen antes pagar. Claro está, dixo, que non parei a reclamar.

E a pesares que utilizar ese carreiro é un pouco menos que un roubo, non son quen de seguilo na súa iniciativa. Deséxolle sorte, porque confiar nos políticos é inútil.
3/21/2005 12:59:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




O primeiro retrato
Pecho os ollos e percorro coa mente cada unha das curvas, das rectas, dos foxos, dos viaductos e das pontes deste carreiro que vai de Tui ao Ferrol e que nos debeu tocar nunha tómbola. Coñezo cada un dos lugares onde colocan o aparello fotográfico que flashea aos que transitan máis rápido do que está permitido. Agora xa non coñezo aos traballadores das peaxes. Teño un rexistro cos carros da Garda de Tránsito que se adican a percorrela de norte a sur e de sur a norte cunha cámara no seu interior para cazar aos que conducimos por enriba do límite...

Son días de celebracións, cifras redondas por moitos motivos, hai nove meses que..., hai doce anos que..., hai 300.000 quilómetros que..., hai 30.000 quilómetros que... Quizais foi o ir cavilando en todos estes aniversarios o que fixo que non me decatase que me tiraran unha fotografía. Agora, despois de dar unha volta na moto, o sol e o aire entrando polo capacete sentáronme mellor ca nunca. Malia isto, deixei a vespa e voltaron á miña cabeza as palabras autoritarias do gardiña mentres escribía na súa receita o que eu debía pagar por conducir con exceso de velocidade.




Qué que hai que facer para pararme? Pensei que nas películas, os axentes disparan ás rodas do carro que perseguen, cousa que non lle dixen porque este axente da autoridade parecía que tivese nacido sesenta anos atrás.

Á noite, co recibimento ao chegar a casa, o da mañá e mais a pérdida de datos da tardiña non parecían tan terribles.
3/18/2005 01:01:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Novo trimestre
Nunhas horas xa terá botado tanto tempo respirando este mesmo aire ca nós coma no ventre da súa nai. Mañá cedo, cando acorde, fará nove meses connosco, meses nos que se incorporou á nosa vida ata o punto de que os nosos días de tranquilidade remataron. Despois duns días nos que se apoiaba sobre a mans e os xeonllos para exercitar cara adiante e cara atrás o xogo dos cadrís (mentes porcas abstéñanse de facer comentarios) e que ía cara atrás, hoxe decidiu avanzar.





No seu cortelliño gústalle amarrarse para poderse manter de pé, no colo reméxese para apoiarse nos seus pés, no chan dá as mans para erguerse e botar os pasos con bastante xeito, indo a onde a curiosidade o leve. Por todo isto, o seu fisio/tio comentou que aínda que a fase de andar ás gatiñas podía saltala, era importante que o deitasemos no chan para que tivese máis estímulos. Non deu tempo, nuns días teremos que ir eliminando os perigos que están á súa man e poderían atentar contra a integridade física dun cachorriño a catro patas. Ollo de esguello a estantería e sinto que me pode dar un ataque de pánico.

Evito pensar na estantería e penso que non hai cousa máis bonita que ver os dous dentiños na súa risada, que se bote ao teu pescozo, apertándote con deses braziños para fochicar no teu ombreiro e pescozo co seu nariz e o seu bico mentres se remexe coma unha serpe. Iso é unha...
3/16/2005 01:24:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Subscritores
Cando son moitas as fontes de información que consultas na internet, máis fácil que abrir páxinas a esgalla desde os teus marcadores (favoritos se usas o outro) é utilizar un lector de feeds. E se conecto á internet desde computadoras diferentes, a solución que mellor me pareceu foi o bloglines, que tamén me deixa consultar coa pda.





Permite subscribir e ver os contidos cos que actualizan moitas daquelas páxinas que visito a cotío, só teñen que publicar un feed rss, coma a maioría dos blos; tamén os de blogger, que publican atom. Hoxe, de volta a casa, lévame tempo e fago limpeza, paso dúas horas a borrar blos que hai tempo que non se actualizan e algún que outro ao que non estaba suscrito. Os favoritos de blogaliza, por número de suscritores, dos blos que leo de entre os utilizadores do bloglines (lera nalgures que o bloglines ten unha cuota do 33% do mercado), e só vou poñer os cinco primeiros son

Delirios de un informático, ten 302 suscritores e aínda que o seu feed é só en español, a súa páxina é bilingüe e está no directorio da blogaliza,
o días estranhos ten 23,
o aduaneiros ten 17,
porquiño ten 13
e despois, con 11, están a dorfunteca, gradicela, sekeirox,

logo vai o resto, sen que haxa unha ligazón moi clara entre número de visitas e suscritores, habendo varios dos que son o único lector via bloglines.

Qué é todo isto? Son só números, outra das adiccións coas que perdo o tempo e non valen para nada. Marcho para cama. Bicos.
3/13/2005 03:39:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Monitorizando
Como na vida real, desvíome do camiño e chego a ningures, pasmando diante do ecrán, carbonizando os meus pulmóns e alonxando o risco de glaucoma.



Pérdome entre letras, octavillas de guerra e a nada. Calquera pedra no camiño podería chegar a provocar unha reacción en cadea que non sempre se pode controlar.
3/10/2005 02:02:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Barbeiro
Por moito que se mova, sexa tentando andar as gatiñas; ou ande, poñéndolle moi bo xeito para botar os pés un por diante do outro mentres se suxeita a dous dedos de calquera que o leve, a autonomía de opedro é ben pouca aínda que xa comeza a facer exploracións cara o mundo descoñecido... o perigo xa está aquí.

Na autoestrada as matrículas son sempre as mesmas, as dos radares móbiles anuncian a súa presenza a centos de metros; os conductores que non utilizan os piscas son os de sempre; cantas máis millas percorro máis me convenzo de que deben ser os mesmos que acenden os farois antineboeiro sen que haxa unha pinga de humidade no aire. Ao fin do traxecto comprobei que a autonomía daba para ir e voltar, aínda que sen sacarlle o ollo á agulla...



E mentres tanto, mamá non lle sacaba ollo ás tesouras do perruqueiro. Hoxe o pequeno foi por primeira vez ao barbeiro. Un boneco axudou a que estivese tranquilo. Agora, sen o pelo que lle cortaron, parece máis novo...
3/08/2005 02:18:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Mamá



Máis tarde souben que un camión levou por diante un coche e atravesou na estrada. Eu, bloqueado a trescentos metros da saída a Rianxo na via rápida do Barbanza, mentres non souben que pasara, botei de palm para ler o Bloglines para aparellos móviles, un novo descobrimento. Moito tempo máis tarde, estaba en casa dándolle o biberón a opedriño e mamá dáme un papel que transcribo aquí,

Hoxe, o señor opaco deixoume escribir unhas letras aí. Xa non é un segredo só para nós e non me parece algo xa tan privado como era, mais apetecíame e punto.

Os que me coñecen saben que non falo galego, non é doado para min, supoño que terá moito que ver o ser coruñesa aínda que custe recoñecelo...

Estou escribindo na miña oficina, nesa na que non fan máis que poñerme atrancos para ter máis tempo a opedriño ao meu carón. Teño un despachiño para min soa, todo ao seur redor é cristal e dende aquí vexo aos meus compañeiros, eles tamén me ven a min. Moitas bágoas botei aquí sentada nestes últimos tempos. Non importaba que me ollasen, non me importaba o que eles puidesen pensar.

Eu só pensaba no Pedriño. Agora, no mesmo intre de escribir isto, sinto un nó na gorxa só de pensar nas súas risadas.

Para os que estades lendo e pensando en ter nenos, tan só dicir que é unha experiencia aínda mellor que a que poidades escoitar por boca de tantos. Non o dubidedes e deixedes de vivir a vosa vida sen crear unha nova, e non creo que sexa un consello, senón unha realidade.

Quixen escribir xa hai días, mais a miña sensibilidade empeza a estacionarse nestes días nos que volto ao ioga. Esquecérame de min de tanto pensar no Pedriño. Esquecérame de opaco de tanto pensar no Pedriño.

Aínda que hai nuves ao lonxe, o conseguir uns anaquiños de felicidade ao día non é "moco de pavo"...

Gozade das novas vidas que xorden ao voso redor, mais non deixedes de gozar a vosa propia.

Un bico para Jorgito
3/03/2005 01:43:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




María no West Bank
Lin por algures que nas Filipinas o 30% dos adultos, nunha enquisa feita sobre control de natalidade, non atopan ningunha relación entre o sexo e os nenos, pensan que un neno apenas é un presente de Deus. A relixión católica, unha herdanza dos españois que por alá foran e maioritaria no arquipélago, oponse ás campañas de control de natalidade.





Mentres tanto, á vista da chea de xornalistas que están agardando novas, o xefe dos católicos non lles dá morto. Non me interesa o que teña que dicir, para o que acostuman dicir, están mellor calados. Penso que a este home, no estado que aparenta, tanto lle ten se a virxe María foi fecundada polo Espírito Santo ou por calquera outro coetáneo do West Bank. A empresa non pecha.
3/02/2005 01:58:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente