<$BlogRSDUrl$>

    

             Esta páxina faise co Blogger. E a túa?

             Weblog comentado coa axuda de HaloScan.com

                   

Catu?
What will be, will be? Qué será, será?
Links
Abre noutra
           subscribe to this feed




          Creative Commons License
Esta lideira faise contando con   recoñecemento, de uso non comercial e para compartirmos igual segundo a licenza de Creative Commons
Para saberes máis...

Se en lugar de BBC puxera TVE sería de conto.
1/31/2004 03:20:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente






Foi emocionante. Estou moi canso. Foi un día de moito traballo.
El xa dixera pola mañán que pola tarde non había de ir, xa sentía o que ía ocorrer, todo ía parar e sentín que quería estar cando sucedese. Díxome que o chamase por se precisaba axuda; foi cando me dixo que morrera.
Pasan moitas cousas pola mente e sénteste mal pola tristura dos bos e xenerosos, da xente que o da todo. É a vida, hoxe tes, mañán non tes. As lembranzas dos bos momentos son todo o que teño, eses momentos non mos quita ninguén.

Mañán ha ser un día estrano, haberá suor, haberá bágoas e haberá moita festa. O Chiquilicuatre vai casar e ó final facemos festa gay, xa que antes pensaramos en que tamén viñeran nenas. A saber o que nos vai pasar... o único que non me gustaría que me pasar é perder a consciencia...
¡Quen puidera voltar ó Superfuzz!

Agora vou ir até Portugal e Espanha, ontem fiquei com uma leitura muito interessante... que me serve para lembrar unha historia do Partido Democrático Federal e da súa proposta de bandeira. Suponse que cada estrela sería un Estado da República Federal Ibérica? Disto último acho que algum tuga não gosta.
Sempre me dixeron que era moi raro iso de que me gustase isto das bandeiras.
1/31/2004 02:11:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente






Onte saíu o Xefe na tele e dixo que a Empresa tamén a formaban todos eses traballadores con contrato temporal e salarios baixos, que sen eles Empresa nunca sería nin tería chegado a ser tan grande coma é hoxe.
Entón ela decidiu que era o día en que ía comentar o asunto da súa baixa por maternidade e que lle ía falar da reducción de xornada que quería coller despois dos primeiros catro meses;
Pero non fixo falta, Xefe xa lle tiña lido a súa mente e envioulle a Emisario a comunicarlle que a reducción de xornada era imposible e que ningunha das súas compañeiras se beneficiara dese privilexio.
Emisario tamén lle dixo que están moi satisfeitos co seu traballo e que poñerán a alguén máis no seu departamento para aliviarlle a labor.
Isto último quizais sexa para que leve o neno á oficina e o críe nese foxo...

O meu móbil non é un deses que anuncia o mamón ese do “multimedia de última generación” aínda que ándolle a seguir a pista a un con Bluetooth, pero díxome que estaba a chamar Kartoffeln mit Salat e contoume que os que xestionan os seus cartos inventaran unha cousa que se chamaba Mutterschutz e que lles permitía elixir por unha excedencia cunha axuda para a crianza ou por traballar ata trinta horas á semana...

Claro, co que tardan en chegar aquí as cousas.

A seguir...
1/29/2004 01:27:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente





Manda carallo!
Quedo abraiado ó ler:
Os pais dun suicida terrorista palestino de 17 anos critican o pobre plan que levou ó seu fillo á morte.
Pois ben, seica Iyad al Masri morreu cando a bomba que levaba aderida ó seu corpo explodiu antes de tempo e os seus pais están a reclamar unha investigación das circunstancias da morte.
Un irmán do finado xa se suicidara con anterioridade converténdose en mártir e o seu pai di que lle mandaron facer o ataque cando Nablus estaba cercada, e que el nunca abandonara a cidade durante un cerco, así que cúlpaos de que non tiveran en conta as “posibilidades de éxito”
Pódese ver en inglés aquí.

Por certo ó Carod-Rovira parece como que o colleron coas mans na masa e está a botar balóns fora. ¡Xa verás como a a culpa a vai ter o de Toques!
1/28/2004 12:01:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente






Un dinosauro publica nun libro referíndose ó trato que se debe dar ás mulleres que “los golpes no han de ser fuertes y duros porque la finalidad es hacer sufrir psicológicamente y no humillar y maltratar físicamente” e que para os golpes debe usarse “una vara no demasiado gruesa, es decir, fina y ligera para que no deje cicatrices o hematomas

Outro dinosauro di, referíndose a unha condena por abusos sexuais, que é “una conducta incorrecta, no a una violación ni a un acto de pederastia o algo semejante” e reclamou para ó condenado “el derecho de la duda constitucional y el beneficio de poder ser inocente”.

E estes que tanto traen na boca o de “apoloxía de terrorismo”, “apoloxía de...” ¿será que é moi difícil atopar unha apoloxía aquí?
E que conste que estou en contra do uso discrecional que deste sustantivo fan os que nos gobernan.
1/27/2004 12:34:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente






Na TvCabo acaban de poñer Sherlock, unha película desas para TV sobre os comenzos de Sherlock Holmes, así que ambientada ó redor do ano 1880, e foi que quedei abraiado cun comentario do Dr. Watson dicindo que o tabaco non tardaría en ser ilegal, xa que a diferencia da cocaína e da heroína, só tiña efectos nocivos...
A semana pasada El Corte Inglés en Lisboa celebraba unha festa para a presentación en sociedade dunha nova marca de puros dos Açores con asistencia do máis chic da sociedade lisboeta.
Se se producir a legalización do ghachís neste século XXI ¿sería posible a obtención da certificación Galicia Calidade e unha denominación de orixe para a maría paisana tan ben adaptada a medrar nos montes galegos entre eucaliptos e piñeiros?
¿Qué habería que facer para conseguir que os nacionalcatólicos que nos gobernan se decatasen que o problema non está nas drogas senón na educación?
1/25/2004 11:45:00 da tarde | Escribiuno: opaco | Link permanente






Non hai tanto que comecei a vivir unha nova vida, e atraído por esa nova experiencia vital comecei a escribir aquí. Ó pouco de confirmarse as neuronas xa argallaban un nome, así que lles fixen caso e púxenlle Catuxa aínda que xa sabía que a ela lle gustaba máis Catarina...
¡Soábame tan ben en tódolos idiomas que eu coñecía...!
Hoxe el levaba posta unha bata branca, como de costume, e sempre camisa de raias e garabata. Fixo preguntas e anotou caligrafías nun papel e pasamos todos ó cuarto branco; foi alí onde dixo que ía ser neno...
...a Catuxa que só existía na nosa imaxinación era un neno.

Despois non paramos de falar, de falar e de rir. Vai ser un homiño e chegará cando o sol atravese o ceo polo máis alto. Penso niso e quero que todo saia ben...

Entrementres a súa nai mais eu teremos que cavilar nun nome para lle poñer a este homiño.

E levo todo o día lembrando ós Almodóvar e MacNamara cantando aquilo de
“Voy a ser mamá, voy a tener un bebé, para jugar con el...
O resto da canción ten unha letra politicamente incorrecta aínda así os que a queirades baixar, sabede que pesa algo máis dun mega. Gostaríame ver ó Almodóvar cantando isto na TVE co U-r-d-a-c-i no especial Fin de Ano 2005.
Hoxe é un día de festa.
Por certo, o que asina abaixo é o pai da criatura pai e ata que non teñamos un novo nome non penso cambiarlle de nome ó caderno...
1/23/2004 01:05:00 da manhã | Escribiuno: Anónimo | Link permanente






Xa é xoves de madrugada, así que mañá contareiche como me foi
Xa sinto o meu corazón palpitar, esa ansiedade, eses nervos,...
Quero que sexa despois, para falar e para rir
Só teño cavilar en bos pensamentos...

Ah! E se tes tempo vai ata aquí, só pensar en aniquilar ás formigas xa me puxo psicótico, pero que conste que a miña guerra con elas non é preventiva, eu defendo o meu.
1/22/2004 01:04:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Leo na Voz de Galicia que Tres toros de raza frisona, criados en Galicia dentro de un programa de mejora genética auspiciado por la Xunta, acaban de ganar las tres primeras plazas de un programa a nivel nacional. Los tres sementales han competido con ejemplares de su misma raza. Y tras examinar la calidad de la leche y el volumen de producción de sus hijas, se ha concluido que no tienen competidores...

e como me proe a curiosidade, busco algo de información e o que atopo é que estes sementais non ven unha vaca de perto en toda a súa vida, nin sequera en fotografía, pois polo seu peso, xa que poden pesar máis de mil quilos, poderían reventar á vaca. Así que o que fan é sacar ó semental do cortello e fano saltar (esta é a palabra técnica que designa o momento de máxima excitación antes de montar á vaca), e neste momento o seu coidador ponlle no membro viril unha vaxina de látex a unha temperatura de 37 graos para que o touro deixe aí entre 500 e 1.600 doses de semen.
E digo eu, ¿será algún artello como éste?



Pois vaia merda de vida, poden ter polo mundo adiante máis de doucentos mil fillos e ó final só lle fixeron peras cunha cona de plástico.
1/21/2004 01:02:00 da tarde | Escribiuno: opaco | Link permanente






Xoves, Quinta-feira, Xueves, Jueves, Thursday, Donnerstag, Ostegun, Jeudi, Giovedì, Dijous, četvrtak, Donderdag, Tongersdei, Djueves, Dijòus, Déardaoin, Jöbia, Alhamisi, Dydd Iau, Diriaou, Torstai,...
En calquera lingua é o mesmo, sen matiz ningún, e en todas dime moito, e é só subindo polas escadas ó primeiro andar daquel portal onde ocorrerá.

Devezo por estar alí, que poida ver o que eu non verei, e que viva o que eu non vivirei, pero sei que non chegarei alá.
Sempre soñei con ter un Unimog dos clásicos para poder chegar onde ningunha outra máquina poda chegar, pero sei que non chega; e ti ¿qué vivirás?

What will be, will be?
Catu?

Tamén teño ilusións.
1/21/2004 01:18:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Moita xente sabe que as sensacións da pel ó se acabar de depilar son de frescor, de comodidade e de limpeza. Os homes que viven en sociedades catolicoccidentais non se depilaron ata que algúns deportistas comezaron a facelo por causa de mellorar o seu rendemento aerodinámico ou hidrodinámico no caso dos nadadores e mailos ciclistas.
Agora a ninguén lle estrañou que na lista de correo haxa intercambio de mensaxes nos que se fala con entusiasmo das primeiras depilacións, e das sensacións experimentadas como resposta a dúbidas. O que máis me chamou a atención foi a recomendación dun antigo sistema que usaban en Arabia as mulleres e que é usado aínda nos salóns de coidado estético a uns prezos bastante máis altos que a depilación tradicional de cera pero bastante máis baixo que a depilación láser, que seica aínda non pode ser usada en contacto con mucosas, así que para a zona púbica é o máis apropiado.
Desta modalidade, dannos incluso a receta para podermos depilar esas zonas máis sensibles,
É un dos costumes das mulleres musulmanas da Arabia Saudí usar esta fórmula a base de auga e azucre para eliminar os pelos de todo o corpo, dende as pernas ós xenitais, e acostuman facelo despois do período menstrual.

Partindo de dúas cuncas de azucre e media cunca de auga, engadir o sumo de dous limóns e unha cullerada de aceite de sésamo. O aceite faino máis suave e o limón amolece a pel e dálle algo de perfume.
Ten que ferver ata que o azucre se funda en caramelo. Evitando que se queime hai que botalo da tarteira á pedra da cociña (é a mellor opción) na que antes botaramos unha capiña de aceite de oliva para que non pegue. Cando enfríe un pouco hai que traballalo cunha culler para que non endureza e a seguir, metelo nun recipiente, sí, tamén vale se é de plástico; e con iso xa deberiamos ter fórmula depilatoria para unha tempada pois pódese quentar ó baño maría ou no forno microondas.
Advírtennos que se quenta en seguida e queima así que hai que manosealo con coidado para convertelo en suave e flexible, e que debe usarse para sacar zonas pequenas de pelo dunha vez, se non podería ser doloroso.
E atención, tamén elimina a pel morta para deixar a dermis lisa e suave. Non se debe usar deodorante e unha culler de servir chega para depilar os sobacos, as pernas e mailo pubis.


Tamén parece que veñen usando unha poción para debilitar as raíces pero ese é outro conto.

Se hai algún home que xa teña probado, agradécense comentarios. O que non se atreva a probar a receita das mouras sempre pode facelo acudindo ós profesionais, aínda que ata onde eu sei non hai moitos lugares especializados en depilación púbica, os que se mencionaban eran en Barcelona e en Madrid, entre eles o chamativo é o destes madrileños que apostan polo aspecto lúdico, pero o de

“para que las mujeres siempre podamos estar super atractivas para nuestros hombres que cada día son más exigentes, para poder darles las sorpresas que ellos tanto se merecen”



sona como doutro tempo, ¿nonsi?
1/20/2004 12:28:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Evoco unha representación dun novo capítulo de "Sociedade das Aparencias"
¿qué temos? ¿quén somos? ¿cómo aparentamos?
Non sei porque non me levantei e dixen que era unha porquería; xa lle tiña preguntado moitas veces ós do meu carón que porque aguantaban aquela pésima actuación, e sempre tiñan a mesma resposta, “É que se retiran logo, son as últimas funcións” Algún outro espectador érguese e di algo, e aínda que non podo sequera oílo, decátome de que os espectadores que o rodean, fano calar .
Estou tan canso que fago un esforzo e marcho sen dicir nadiña.
Mañán volverei e...
1/18/2004 01:59:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente





Di que alguén en nome dun tal "Bush" quer liberdarnos e darnos algo chamado "Democracia"

Parece ser que Bush ten plans para invadir Marte despois de prometer a lúa. Dame o corpo que este home pretende que este milenio que comezou hai nada sexa o milenio da colonización do sistema solar. E ¿qué pasará cos nativos destes planetas? ¿serán fundamentalistas? Non sei se coñeceremos as respostas pois parece que a invasión marciana sería para o 2030...
Qué vértigo!

Ademais non sei se pagará a pena,


Oxalá haxa aí fóra seres extraterrestre máis intelixentes que os humanos.
1/17/2004 03:06:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Veño de estar cunha xente que hai tempo que non vía.
A coincidencia, todos nacimos o mesmo ano.
Foi unha boa sensación lembrar as vidas que vivimos e o moito que compartimos.
Algún caeu polo camiño, os máis están recuperados para a vida e outros caerán.
Xa estou no futuro e creo que a salvación é posible.
¡Non nos mintades!
Chéirame moito a podre pero teño esperanza.
1/16/2004 01:45:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente





Ei-la bandeira de Andorra por pouco que lle guste ós de Salvat Editores.
Ainda estou con dúbidas, non fago idea de que futuro chegará:

a. Os de El País denuncian a Salvat e voltan a publicar o primeiro tomo.
b. El País aconsella ó goberno do Principat d’Andorra a trocar a súa bandeira pola de Angola.
c. Os angolanos reclaman a soberanía de Andorra perante a ONU.
d. Pasan de todo porque “sólo se dio cuenta un gallego que envió un mail a defensora@elpais.es”.

Se non sabes de que carallo falo…

E un saludo para toda esa xentiña que leva á cultura ó váter.
1/15/2004 12:28:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Vai moito sofoco, o sol é duro e no peirao os homes móvense sen ir a ningures mentres as mulleres agardan a que atraque o barco cheo forasteiros con cartos.

Digo para min que o porto é calquera porto galego e póñome a escoitalos falar.
Os galegos falan papiamento entre eles, a maioría deles viron das aldeas á cidade a procurar traballo. Ós forasteiros fálanlle en inglés agás ós casteláns que viven aquí ou ós que veñen de fora, a eses fálanlles no idioma oficial, en holandés. Os galegos apréndeno na escola porque é o que falan no Reino, o inglés disque tamén llo aprenden porque é moi importante sabelo neste mundo globalizado ¿ polos USA?
O que máis me sorprende é que tamén falan español, pois case tódolos seus viciños o teñen por idioma materno e precisan de sabelo para relacionarse con eles.
Contan que para traballar na hostelería deberías falar frances ou alemán.
Tiñas que oilos, falaban cunha precisión e fluidez pasmosa.

Pero non é Galicia, que é Curaçao; nas Antillas Holandesas o papiamento, que é o idioma de uso común entre os nativos, é unha lingua crioula misturada co español, inglés, holandés e portugués e hai algúns que din ata co galego e leva desenrolándose de tal forma durante tempo que din que nun futuro podería confluir co español por mor do prestixio social desta derradeira lingua.
¡Porca diglosia!

O que aprendín en papiamento:
Bon nochi, mi ta cansa

E pola mañán, a ler a prensa local.
1/13/2004 10:50:00 da tarde | Escribiuno: opaco | Link permanente




A familia Ingalls cabalga de nuevo

Kevin Phillips é un escritor que ven de publicar un libro no que conta como a familia Bush ven utillizando desde 1920 ata estes días os recursos públicos para lucrárense do petróleo mangoneando no Oriente Medio.
Na Sic Gold ainda están a poñer Uma casa na pradaria e eu pregunto ¿será que é este o prototipo de familia que apoia a Bush?
1/13/2004 12:49:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




A Enciclopedia de El País confúndenos

Máis ben, está errada.

Vir coa prensa para a casa os domingos convérsese nunca tarefa dura.
Xa non podes ir mercala antes de ir dar unha volta pois o peso pódete herniar.
Acostumo mercar La Voz de Galicia e El País e hoxe viñan coa maravillosa Enciclopedia e co Atlas de carreteras España y Portugal.
Hai un anaquiño, despois de precisar medio día para ler tódalas letras estaba a ollar a Enciclopedia que viña con El País de hoxe. Anuncian que vai vir co xornal durante non sei cantas semanas ó prezo de non sei cantos euros. e conforme ía lendo ía analisando se pagaba a pena e a miña sorpresa é grande cando chego a Andorra na páxina 667.
Teño que precisar que sempre me gustou ler enciclopedias, creo que por iso son diferente, nunca coñecín a ninguén que levara un tomo da enclopedia para o WC como é o meu caso. Eh! Eh! Que non o fago tódolos días!
Sí, se tedes a enciclopedia podedes comprobalo, a nova bandeira de Andorra é igual á de Angola.
Nese momento de nerviosismo, xa sentía o meu corazón latexar a 200, pero tiña que comprobalo…
…menos mal, mirei o lombo do libro e Bingo!, ía de A a Aouita, as miñas mans suaban, pasaban as páxinas, polos meus ollos pasaban centos de palabras, xa está,…
E alí estaba, a bandeira da República Popular de Angola seguía a ser a que eu coñecía como tal desde hai moito.
Non sei se seguirei mercando só por saber a quen lle poñen a bandeira de Andorra
Agora vou ver se hai algunha estrada que vaia desde Santiago a London.
1/11/2004 11:58:00 da tarde | Escribiuno: opaco | Link permanente




Jorge Nuno Sá, o presidente da JSD, a Juventude Social Demócrata portuguesa é un deses que moitos galegos mirarían por riba do ombro, e nunha entrevista no Público, dicía así:

Sim. A JSD tem defendido também essa matéria e até a liberalização do consumo de cannabis. Mesmo responsáveis do Governo e de institutos ligados ao Governo vieram já dizer que era possível admitir o uso de cannabis para a prescrição médica. Há mesmo algumas doenças em que a prescrição de cannabis tem dado resultados muito bons. Haverá aqui algum entendimento [entre PSD e Governo] para que possa avançar a prescrição médica.

Igualiño que en Galicia, supoño que para a semana os voceiros dos partidos de "esquerdas" dirán algo así. Si, si, Imos de cú; polo menos, máis alá de Tui falan de avanzar, aínda que con isto das eleccións, quén sabe?
¿O qué é ser progresista?
¡Cabróns! Non tedes collóns.
Dáme que hai moitos intereses detrás de tódalas políticas antidrogas, senón ¿porqué carallo non se van legalizar? ¿porqué renuncian os gobernantes ós impostos que repercutirían no ben común? Será que os cartos que pagamos cos nosos impostos [hai que lembrar que os cartos son nosos] ás empresas que levan a cabo as políticas antidroga son utilizados para impedir que outras políticas saian á luz.

Os humanos son raros.

Aquel home era un delincuente. Só un tolo podía ter esa idea na mente.
Pero el dicíalle ós seus pais que tiña un bar light.
Había xente nova que entraba a correr para levar unha bolsiña,
os vellos lían o xornal riba da madeira queimada mentres consumían o día.
As bicis a montóns na porta e dentro moita calma, todo de vagar.
Non podía voltar á súa terra con todo aquilo na cabeza.
Eu creo que debería ter nacido en calquera outro século.
Así que non voltará, alí saben que é legal.
1/10/2004 10:07:00 da tarde | Escribiuno: opaco | Link permanente




Isto é a historia dun viaxe de ácido ou como lle din eles, dun acid trip, vamos, dun tripi. Foi un test máis dun estudio relizado polo goberno USA a finais dos 1950.
Ó retratista foille administrado LSD 25 e o seu traballo foi facer diferentes retratos dun doutor durante oito horas mentres outro doutor tomaba notas sobre o comportamento.
O retrato que máis me gustou foi o que fixo dúas horas e corenta e cinco minutos despois da sua primeira dose. Este sí que estaba na póla...
...e déuselle por pintar con témperas.
E é que sempre houbo unha relación bastante í­ntima entre as drogas e a arte en tódalas súas expresións.
Para demostralo aí están Los Planetas, que son protagonistas dun especial da revista Cañamo sobre a relaciónn entre as músicas e as drogas e dos que sempre se dixo que a súa mellor música foi a da época máis "descontrolada".
1/09/2004 01:27:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Eis que acabo de dar cunha cousa que xa tiña visto mais non sabía de onde saíra. Trátase dunha web cunha aplicación para usar o teu texto escrito como unha fonte máis do sistema tal como Times New Roman, Arial ou Helvetica. Só tes que baixar unha plantilla, escribir en cada casilla unha letra, despois escaneala, enviarlla a esta xente de Fontifier en formato GIF e eles enviaranche un novo tipo de fonte coa túa letra.
¿Canto tardarán os máis cool en usala para as súas webs? Stay tuned.
1/08/2004 04:41:00 da tarde | Escribiuno: opaco | Link permanente





Non podo deixar de por isto aquí­, ¡Sorrí­a, por favor!
1/08/2004 04:23:00 da tarde | Escribiuno: opaco | Link permanente




Acabo de ler que Dr. Zippie comprou un proxector de diapositivas no Ebay e cos carros viñan unhas 300 diapositivas do album familiar dunha parella que foron sacadas entre o ano 1959 e o 1981.
¿Qué pasará coas vosas?
Eu son feliz, e agora mesmo máis, as miñas lembranzas van ser...
Os homes son extraños.
¿Cómo serán as fotos de onte vistas cuns ollos do 2087?
¿Haberá alguén que poda levalas para fora da Terra?
¿Poderán evocar as sensacións?
Seguro que o intentan...
...Pobre Xentiña.
1/06/2004 11:44:00 da tarde | Escribiuno: opaco | Link permanente




Hai moito tempo a nai e un home que diría Bertold Brecht dos imprescindibles estaban neste momento pasando un momento novo... onte os da NASA chegaron a Marte, o ano 2004 será novidoso, e o ano 2037 ¿cómo será?
1/05/2004 12:38:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Porqué?
Porqué teño que ler que morre tanta xente no ano 2004 e nós non melloramos as estradas?
Tanto progreso ¿para qué?
Quero un carro que se amarre á estrada coma unha lapa.
Sentir a forza é unha ansia dos homes.
1/03/2004 06:37:00 da tarde | Escribiuno: opaco | Link permanente




Non sei que ha de pasar, pero aí­ ven.
Ela fálalle e ela escoita.
Tamén ten medo.
Quérote.
1/03/2004 06:23:00 da tarde | Escribiuno: opaco | Link permanente