<$BlogRSDUrl$>

    

             Esta páxina faise co Blogger. E a túa?

             Weblog comentado coa axuda de HaloScan.com

                   

Catu?
What will be, will be? Qué será, será?
Links
Abre noutra
           subscribe to this feed




          Creative Commons License
Esta lideira faise contando con   recoñecemento, de uso non comercial e para compartirmos igual segundo a licenza de Creative Commons



Hora de relax. As súas camisolas causaron sensación no hotel durante as nosas vacacións. E agora veñen con isto, Corrupción en Arousa, Arousa Vice...

Un pouco de paciencia xa que a páxina pesa dous megas, mentre tanto, poñede os altofalantes ben altos. Non está nada mal... A min o que máis me gustaba da serie americana era o Ferrari do Sonny.

10/31/2004 01:47:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente







Xa o teño decidido, hei comprar unha caixiña destas. Servirame para aproveitar un disco duro deses que xa desbotei dalgún PC. Eu voulle poñer un de 40 Gb que veño de retirar. A caixa que trae conexión Firewire e USB 2.0 custa 60€, parece aceptable, sendo que no futuro sempre o poderás cambiar por un de máis capacidade. Perfecto para usar como copia de seguridade ou transporte de datos.

A ver se así poño algo de orde no meu servidor e de paso traio uns cantos divx para ver na tele.
10/29/2004 01:43:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente






Nin sequera eles saben explicalo, pero na nosa terra atoparon a súa terra. Naceron nunha illa, aínda que ben lonxe unha da outra, namoraron noutra illa e casaron noutra. O seu primeiro contacto co continente tivérono aquí, deron en comprar unha casa coa idea de facer futuro pero as cousas non saíron como contaban e tiveron que emigrar.

Están de volta en casa e compartimos café, charutos e risas entre catro paredes de pedra e teito de uralita. De aquí a pouco terán vidros, e anque as contras fan un traballo óptimo, din que o máis desagradable é que a auga atravese a parede polos mesmos lugares que utiliza o vento para asubiar. Conforme pasaba o tempo, falan do xeito en que sustituen as necesidades de electricidade, de auga e de saneamento (a cagar, de campo)

Logo espertou Opedro e non tardou en prendarse das luces dos candís. Cando marchamos, acompañáronnos ao coche; alumeados pola luz das velas parecían os da Santa Compaña. O noso cativiño ollábanos sorprendido, escoitando pañabras e sons estraños, mentres el lle explicaba a ela o da Santa Compaña, cunha pouca fame no corpo pensaba que o peor é non poder ter un frigorífico. E con todo, habemos volver para dar unha visitiña.
10/27/2004 01:42:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente






Cando caga, apreta todos os seus músculos, relaxa o esfínter e solta un innnnnnnnnnnn de cagón que da a risa. Despois da cagada, el fixa os seus ollos no infinito e cavila. Perante a súa seriedade, nós paramos de rir e el bota a patalear e a rir. Limpámoslle o cu e xogamos outro pouco. Pasámolo moi ben, tanto alén coma aquén do Miño.
10/25/2004 12:38:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente






Hai un tempo recibín un mail que me estrañou. Resultoume raro que o asunto da mensaxe fose o meu nome completo (cos seus nomes e apelidos). Tiña explicación, o dominio do correo era .jp e fora enviado desde Osaka por Yoshi. Lémbroo ben; eu xa sabía que o intercambio de business cards cun xaponés tiña o seu aquel, que non se podía gardar na carteira se antes amosar interés e ler o seu cartón de presentación; mentres eu lía o seu, el suxeitaba o meu cartón coas dúas mans mentres se inclinaba por tres veces ante min. Para non esquecer...

Lendo as historias dun alicantino desde o Xapón, onde marchou a traballar cunha bolsa do Vulcanus para a Mitsubishi lémbrome de Yoshi.

Escríbolle e aproveito para preguntarlle pola súa conexión a Internet. Disque ten unha ADSL normalita, paga en Iens o equivalente a 30€ por unha conexión a 50Mbps de baixada e 1Mbps de subida, e por aquí, por eses cartos, danche unha subida de 0,25Mbps de baixada e 0,12Mbps de subida.

Parecen historias do futuro, pero outras cousas tamén me fan pensar que vivo no terceiro mundo, así, mentres a Organización Mundial para a Saúde recomenda a lactancia materna exclusiva durante os primeiros seis meses de vida, en España, cómo axudan ás nais?, e en Portugal?
10/22/2004 02:07:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente







Comezaba a escribir e asemade botaba un ollo ao lector de feeds, cando cheguei ao feed de minid.net e vin o poster. Foi que lembrei as clases de grego (de cando o bacharelato era B.U.P.) xa que na portada do meu libro de grego tiña este poster. Coincidía que o noso profesor era un cura andaluz de Córdoba (co seu particular acento incluído no pacote), moi simpático el, sobre todo cando andaba de mala hostia. Cando había barullo, daba en cabrearse e púñase a rifarnos falando tan rápido que pouca cousa se lle entendía, e o único que conseguía eran risas na clase. Hai pouco contábanme que voltara á súa terra e que el andaba moi ben, aínda que non o sabía.

Preguntábame se coñecía quen eran os do poster. Eu dicíalle que o cura ben podía ser el, que lle tiña un aire. El respostaba que o que ía no barco era un cardeal... Ben podía ser un Rouco Varela calquera, que hai que ver que cousas di.
10/20/2004 01:19:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente







O tempo corre máis ca min, sinto na caluga ese comechón que me fai abafar e angustiar. Non é unha premura concreta, non hai ninguén agardando polos meus resultados. É só que sigo precisando días de trinta e seis horas para todos eses traballiños que teño por facer,...

... a autocaravana está por limpar e lavar, e con moitas cousas que traer para casa, hai clientes a agardar as miñas visitas, os meus fornecedores están a agardar os meus cartos, diñeiro que debo xerar con máis visitas a outros tantos clientes. Unha furgo leva un tempo pedindo rodas novas e uns mans libres que podamos usar todos, e a outra ten que ir ao doutor por ver que lle receita para ese cambio de marchas, coido que o diagnóstico é transplante. O extractor da cociña decidiu parar de traballar, e aínda estou por chamar ao servizo técnico para que veñan dicirnos que temos que cambialo. Na cociña tamén temos un televisor, e o moi cabrón decidiuse solidarizar co extractor, pois tamén deixou de traballar, seica morreron de pena na nosa ausencia. Un PC dime que lle falta un interfaz de rede, de paso que teño que comprar unha nova, vou aproveitar para comprar un switch e un lector para as SD. Pronto vou ter que comprar un disco duro novo como non me poña a grabar todos eses datos que gardo, e iso significa máis tempo.

A culpa de toda esta anguria debe tela a niña adicción á información, o meu lector de feeds botaba por fora, algún directorio dicía que tiña máis de mil posts por ler, o meu lector de correo comezou a recibir bytes ata que parou con trescentos tres correos por ler. Algo sabía da nova Palm, pero é tanta a información que me dan que abafo. Necesito saber máis, do que falan en Engadget, en Gizmodo, no Palminfocenter, no PVRblog, na Xbox-scene,...teño que decidir se aprender coa Dreambox ou coa Reel... e eis outra vez o tempo,

e resulta que o único que fago en toda a tarde é gozar con opedro e coa súa nai.
10/18/2004 01:44:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente







Como en casa, en ningures. Moitas veces temos escoitado esa frase e nunca foi tan certa como agora cos tres xuntos. Mamá anda a recuperarse, precisa axuda con opedro. Mentres nos hospedamos en Madrid perdémonos como comezaba a levar a chupeta á boca (fáltalle controlar o xogo da man), á nai pareceulle que non era o mesmo neno, pois sorprendeunos facendo cousas novas, emitindo novos sons e mantendo mellor o equilibrio.

A min, aparte do grande que se me apareceu, faiseme estraño que un corpo tan pequeno poda botar esas cagadas. Seica son cousas de cambiar da teta ao pienso, pero, ao fin, esas mesmas drogas que non lle deixan mamar a opedro, axudaron á súa nai.

-A familia?
-Ben, gracias!
10/15/2004 01:45:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Aqui estou outra vez, enchendo o hospital de datos na frecuencia do Bluetooth para envialos a traves do GPRS da Telefonica.

Este sabado fai unha semana, pero cando o penso, o meu corazon ainda se me encolle. Iamos cara o noso paraiso cando as molestias da mama obrigaronnos a sairmos da A3 en Arganda de Rey. Chamei ao 092 para que me guiasen ate o Centro de Salud e, a falta de GPS, o munipa indicoume como levar os nosos 6,80m. de autocaravana ate a porta de Urxencias. Ao pouco, o doutor dicianos que unha ambulancia tinha que levar a nosa princesa a Madrid. E ali estabamos, opedro e mais eu perseguindo unha ambulancia co noso camion ate o centro de Madrid. Suponho que el sentia que algo pasaba, ia soinho atras e cando eu lle paraba de cantar e falar, botaba a chorar. Non lembro pasalo tan mal en moito tempo. O meu corazon tremaba cando pensaba nel e na sua nai.

Chegamos a Madrid co pedrinho a durmir. Aproveito para confesar que a chegada a urxencias do Gregorio Maranhon descarguei a minha ira no pouco comprensivo garda de seguridade, pois fixo que opedro e mais eu tivesemos que procurar estacionamento polo centro en lugar de deixarnos os lugares reservados aos caciques locais. Se en lugar de ser opaco fose Ruiz-Gallardon...(e nin explicandolle a situacion)

Xa estacionados, desta vez guiado por unha voz que chegaba via GSM desde A Corunha, os homes da casa chocamos coa realidade de que non poderiamos entrar no hospital. Opedro estaba a portarse coma un campeon, asi que agardamos a que chegase o lg, que saiu para aco desde Cuenca tan pronto como lle dixen que non chegariamos alo (gracias c.), e o meu irman e mais o seu amor, que vinhan saltando todos os limites de velocidade da A6.

Esa noite b. quedou coa principesa e os tres solteiros e un bebe durmimos ao pe do piruli de Torre Espanha.

Ao dia seguinte, despois de vinte mil probas e traslado a xinecoloxia, pasou polo quirofano. Sacaronlle un peso de enriba...

Agora, entre antibioticos, infeccions, calmantes e drenaxes, so contamos o tempo restante para soltar amarras desta cidade. O aire suxo faime dano no nariz, quero que chova e vente, quero marchar para estarmos en casa. E dificil vivir lonxe d'opedro, mama esta a pasalo mal e eu non vexo o momento de estarmos os tres xuntos, estou cheo de hospital...


10/09/2004 12:05:00 da tarde | Escribiuno: opaco | Link permanente




Desde MAD, outra vez nun hospital, desta vez o Gregorio Maranhon de Moneo, coa Palm e o Z600, escribo para dicir que mama preocupounos a todos. Sintome agradecido a todos, especialmente ao lg(gracias, c.), ao meu a. e a b., a doutora Segura, e aos que desacougaron polo pedrinho. Mama esta preciosa, a se recuperar, e opedro deixou namoradas as enfermeiras da planta. Esta tarde, cando marchou para LCG, todas preguntaron por el...
Botamoste moito en falta. Moitos bicos.
10/05/2004 01:55:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente






A inversión é grande dabondo, pero hai quen descubriu que viaxar en autocaravana non é tan caro. Paga a pena a lectura do how-to converter un Renault 21 TXE nunha autocaravana.

Para alucinar; levan unha cama en lugar do asento de atrás, un armario, cociña?, secadora?, ducha de auga quente?,..
En cuanto a los agentes encargados de la vigilancia del tráfico, de nuestra experiencia, que es muy larga y variada, jamás hemos tenido ningún problema. Al contrario, a veces hasta se interesan en detalles técnicos. No sabéis lo divertido que es (encima del par de baterías tenemos instalada una tabla ignífuga que hace las veces de encimera de cocina) estar haciéndose un zumo de pomelo con el exprimidor de 220 V cuando se detiene una patrulla para pedirte la documentación...

Han de ter moitas historias para contar, pero nós imos máis ao clásico. Levamos unha casa motorizada con rodas prestada, así que hoxe tocou traballar e máis coñecer a casa; encher o depósito de auga, probar quentador, calefacción, o Thetford... Cun pouco de sorte habemos de chegar ao que será o noso paradiso nuns días.E se podemos, tamén nos empaparemos cun pouco historia
local.

Con todo, o noso xefe será opedro, será el quen decidirá onde parar a descansar e canto tempo. Agardamos que non teña morriña da súa cama, que aguante ben a viaxe, darlle uns bicos a  lg e gozar da vida... ou acaso na foto non se lle nota que gosta da praia?
10/02/2004 12:53:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente