<$BlogRSDUrl$>

    

             Esta páxina faise co Blogger. E a túa?

             Weblog comentado coa axuda de HaloScan.com

                   

Catu?
What will be, will be? Qué será, será?
Links
Abre noutra
           subscribe to this feed




          Creative Commons License
Esta lideira faise contando con   recoñecemento, de uso non comercial e para compartirmos igual segundo a licenza de Creative Commons


Non está pedindo isto, non é cuestión de cartos, é cousa da vida de cada un e, ademais, é un dereito que a nosa sociedade demorou en aceptar. Como aínda hai algunhas empresas que lle queren organizar a vida aos seus traballadores, opedro escribiu unhas palabras de ánimo para mamá.
bopoppppppppppppppppppppppppm 6yhjuhomnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnhtñ.lio´
´ñ´ñ--,i,k ,ç´`ñppopoiujb okkkkkkkkkkkihhhhhhhhhmmmmmmmmmmmmmmmmmmmm
mmmmmmmmmmm'0 ik888888888888888888888888888888888888888888888887
777777777777777777777777kiji0777777777777777777777777777777777mmmm
mmmml9uki9'`0pp bnvtrgvbrddfjnhymuuu`..ç

Nós comprendémoste, opedriño mándate moitas risadas.
1/31/2005 01:56:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Juan Dámaso Miranda ten un don, é vidente. Non conta se o é de nacemento ou veulle co tempo e escribe nun blo para deixar constancia das súas visións, actualizándoas tanto se se cumpren como se non. Se desta acerta, vaise meter nun follón. O que eu vaticino e que ha ter millóns de visitas ao día.
...mañana, jueves 27 de enero, o el viernes 28, o el sábado 29 como mucho, se muere el señor don Manuel Fraga, posiblemente de frío. Un pésame a los gallegos...

Haberá que andar pendentes do frío.
1/27/2005 02:13:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente







Outra día calquera coma tantos outros, outra vez aquí querendo roubarlle o sono á noite. Á tarde estiven no sur, tamén estiven no norte e antes de voltar para casa, outra volta pola cidade. Teño moitos quilómetros pero pouco tempo, pero aínda me da para conectar a computadora, ler os blos e, agora que a ansiedade xa pasou, poño a proba os coñecementos xeográficos.

Que me perdoen os turcos por levarlles Ankara cento sesenta e tres quilómetros ao leste, debe ser cousa da falta de sono... pero non quero deitarme, quería falar, xogar, rir, desexarvos boas noites, quizais precisaba de algo que me confortase cando as cousas non saen tan mal. Vou ler outro pouco máis.
1/26/2005 12:04:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente







No seu proceso de exploración xa é quen de xogar el só cos seus xoguetes, o de agatiñar non o domina, ergue os cadrís, ponse sobre o seu bandullo pero acaba por deixarse cair. A el, o que lle vai é darlle ás pernas e curiosear. Cando quere ir a algures, dalle ás pernas e bota a vista nesa dirección e cando chegamos a destino, mira por un tempo e, despois, se pode, bota a man.

Esta semana tivo a súa primeira experiencia, aínda que disque polo de agora non é recomendable, cun andador e comprobou que pode ir onde os seus pés o leven, ata sacou folgos para ir , non sen atrancos, canda súa nai; tamén descubriu a negra sombra que lle asombra, as ondas do mar de areas, unha cadela portuguesa de só catro meses que agora ten medo de opedro,... calquera cousa, a máis insospeitada, pode chamar a súa atención, a auga da billa, o peite, os nenos a xogar,... Está claro, o mundo externo fascínao e todo isto cansa.
1/24/2005 12:08:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente






Tiña pensado comentar que a administración non me permite usar o firefox para as miñas obrigas tributarias. Disque non controla correctamente as firmas electrónicas e teño que rescatar o prehistórico Explorer da Microsoft para abrirme ao mundo.

Non vou falar nada máis disto, pois cando entraba nunha cafetería a tomar un café, saía unha rapariga chorando. As bágoas non eran tristes, escapaba fuxindo das cámaras de televisión e tiña motivos para iso e máis. Seica quere seguir sendo anónima, así que os próximos cafés han de ser máis ricos.
1/22/2005 12:28:00 da tarde | Escribiuno: opaco | Link permanente






Non se ve a simple vista pero oficialmente xa está aí. O primeiro dente de opedro amosouse, o incisivo inferior esquerdo está a atravesar coa súa coroa a enxiva. Onte andaba desacougado, xogaba coa lingua, metía todo o que tiña a man na boca (hoxe decapitou un boneco dos que ten na bañeira), cando non tiña nada a man, eran as mans as que valían para aliviar a dor, ou a chupeta do revés á vez que botaba un berro de rabia. A noite non foi moito máis tranquila, espertou varias veces e, ás sete da mañá, decidiu que xa era hora de interactuarmos.

Non fixo falta moito tempo xogando ao deixame-a-man-para-chuchar para descubrir que aquilo que rañaba era un dente. O seu compañeiro ven atrás. Quizais mañá non estea só nesa boca tan grande para un dente tan pequeno.
1/20/2005 01:10:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente








O conflicto de intereses non me permite render en condicións nin nos partidos de casa nin nos de fóra. Cando vou coma visitante estou no que fora a miña casa durante moitos anos e agora, non sei se poderei celebrar as victoria do meu equipo.

As cousas non melloran cando me din que eu serei o árbitro. Falo cos representantes das dúas equipas e dinme que me dan todas as facilidades do mundo para tomar as miñas decisións. Eu querería que gañasen todos, pero é imposible. Sempre haberá quen se sinta perxudicado faga o que eu faga e xa se sabe que cando as cousas se torcen, o árbitro é un cabrón.
1/17/2005 11:14:00 da tarde | Escribiuno: opaco | Link permanente






Só era cuestión de tempo, e a semana pasada, o irmán do protagonista dunhas letras soltas por aquí, identifícao. Un día despois de falarmos, todos os amigos (menos dous deles que xa coñecían a exitencia de catuxa) tiñan coñecemento destas arroutadas.

Con eles vivín moitas vidas, as máis delas, fermosas. Lembro a sorte que tivemos cando o único importante era o presente. E aquel pasado aínda forma parte do meu agora, así que podo dicir que, daquela, tería estado ben que alguén nos falase na nosa língua, tal como fala a BBC, que nos demostra que a información sempre foi a mellor arma.

É unha animación flash que amosa os efectos das drogas no corpo humano durante unha sesión disco, pero o que nunca vira, foran consellos de seguridade, recomendacións para evitar chegar ao esquecemento. Fago probas e, cantas máis drogas lle meto e misturo, sempre me lembra a alguén,... e aquí andamos todos.

Teño lido moitas veces que o maior perigo do cannabis é que serve de introducción a outras drogas máis fortes. A experiencia dime que o maior perigo é que o fornecedor oficial habitual deixe de ofrecer drogas brandas non legais, para adicarse a algo que lle dea máis rendemento e, á vez, caír (ou subir) con el. Nunca dubidei de que un teleporro sería un negocio rendible pero non coñezo a ninguén interesado. Deben ser cousas da lexislación, quizais sexa tamén cuestión de tempo...
1/16/2005 02:21:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente








Vaiche boa! Teño que ir ler os blos de fóra para decatarme do nivel que se gastan na prensa da capital,
Un 40% de los lectores de EL CORREO GALLEGO se corresponde con personas encuadradas en las clases media alta y alta, según el último estudio de EGM

Quizais ao non pertencer a esa caste dos máis influintes, non teño nin o tempo nin os cartos para poder permitirme ler esa xoíña en papel. Paréceme patético ser quen de publicar algo así. E ti, es de clase alta ou de clase media alta?
1/13/2005 01:13:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente






Non é unha excusa válida dicir que un é como é cando hai algo que non vai ben. As máis das veces está na man dun mesmo atoparlle unha solución para tentar amañar os erros. Outras veces non é cuestión de ser mellor ou peor persoa pero quizais todo será mellor cando se atope unha cura para o peor de todos os males, a apatía dos humanos.

Na miña retina aínda están as imaxes do piloto de motos participante no ralli Dakar sufrindo lonxe dos seus sobre a area do deserto e buscando unha man amiga que lle dese folgos para aturar unha dor que o estaba a comer por dentro. Hoxe leo que morría no seu traslado a casa.

Teño todo un día por diante e non quero ser un espectador.
1/11/2005 09:12:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente






Sigo con bastante curiosidade a saída dun novo xornal gratuito ao mercado español. Chámase Qué e os seus propietarios son os mesmos que os do Marca, o grupo empresarial Recoletos, e unha parte minoritaria parte é propiedade do grupo Moll, o que viste e calza ao Faro á Opinión e tamén ao Comércio.

Dáse a coincidencia de que na Coruña e en Vigo, as únicas cidades galegas onde se poderá ler o novo xornal, terá que partillar lectores con prensa do mesmo capital. A diferencia doutros xornais gratuitos, o novidade deste xornal escrito será que utilizarán os blogs para os seus contidos. Contidos creados dun xeito fácil que, imaxino, alguén peneirará para utilizar na súa versión dixital ou de papel.

Non sei como ha rematar a historia pero estou seguro que vai ser toda unha revolución. Polo de pronto, sei que hai moi pouca xente metida no tema, que a censura deberá ser un problema, que o xornal sairá o dezasete de xaneiro, que na edición de barcelona úsase o catalán e que, nas que aínda parecen en probas, na da Coruña a sección do tempo é boísima e nos foros da de Vigo non foron quen de ler o que xa se falou no Quilombo.

Malos tempos para os da Vos.
1/09/2005 02:43:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente






Un día agotador para o pequerrecho. Fomos á casa da súa tía máis vella e des que chegamos xa non foi quen de durmir en todo o día. Hoxe descobrimos a súa predilección polos coches e polas bicicletas, non lle quitou ollo aos seus curmáns a xogar.

Tanto era a forza que facía para que o baixasemos, que o metemos no coche eléctrico co que xogaban os cativos. Axustámoslle o cinto e alí foi de copiloto observando todo o que estaba ocorrendo. E non ollaba para a paisaxe, el non deixaba de mirar para o volante, a palanca do cambio, o capó, a caixa de ferramentas, o curmán conductor,...

Despois do xantar ración de motos, bicicletas e algúns bonecos; logo tocou paseo, con merenda incluida, no que non fixo outra que perseguir coa vista todo o que facían os maiores no parque. Despois do viaxe de ida e volta, nin se decatou de que fixera case toda a autoestrada a durmir...

A este ritmo de quilómetros e co tempo, estou vendo que de querer parar a botar a mexada, vai ser un pouco difícil no medio da autoestrada. Agardo que para daquela se poidan comprar por aquí estas bolsiñas para mexar, vistas por derradeira vez nunha área de servizo lonxana e ás que non se lle poden negar a súa utilidade, incluso maior que a do cono máxico.
1/07/2005 01:28:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente






Comecei a ler blogs porque era especial a forma que tiñan aqueles escritores de comunicaren calquera experiencia que pasaba polos seus neuronios. Estaba no lado voyeur, só ollaba o que os demáis falaban...

Hai un ano foi que pasei do voyeurismo ao exhibicionismo, ao amosar todas aquelas lideiras que tiña na miña cabeza en público, aprendín moitas cousas, descubrín moitos medos, cometín moitos erros e levei moitas alegrías. O cumio deste ano tan diferente a todos os anteriores foi o papeo do domingo con outras letras do millo.

O que máis me aproveitou do día foi poñerlle imaxe e audio ao dez por cento de todas aquelas palabras que hai tanto tempo que viña lendo (que co mesmo pracer que se len, escoitanse). O desacougo de opedro non permitiu que quedase moito tempo no San Clemente, e a súa nai levouno de paseo antes da treboada de ideas do licorka para pouco máis tarde voltar para casiña. De feito pasou a noite a tusir e hoxe tivo un pouco de febre. Unha proba máis a pasar no día a día da súa corta vida.

E o que máis me aproveitou deste ano foi a sensación de que no futuro, poderemos pasear por entre estas letras e atoparemos unha chea de lembranzas, preguntará quen son todos eses e de seguro que lle poderei dicir que moitos deles eran a semente dalgo novo que se estaba a mexer pola nosa terra.

Por un ancho de banda para todos! Gracias.
1/04/2005 12:00:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente