<$BlogRSDUrl$>

    

             Esta páxina faise co Blogger. E a túa?

             Weblog comentado coa axuda de HaloScan.com

                   

Catu?
What will be, will be? Qué será, será?
Links
Abre noutra
           subscribe to this feed




          Creative Commons License
Esta lideira faise contando con   recoñecemento, de uso non comercial e para compartirmos igual segundo a licenza de Creative Commons
Novo rumo
Co mellor dos seus sorrisos opedro non fai idea ningunha do que está a ocorrer ao seu redor, pero dá gusto velo de contento facendo caballitos coa súa moto por toda a casa,






Seica haberemos de ter dificultades á hora de eliminar o cueiro e mantelo sentado na moto, pero para aquela xa nos teremos movido para un país novo,



e mentres agardamos a que comecen a cambiar algunhas cousas, xogo co Polaroidonizador de fotografías que ollara nos delirios.
6/29/2005 12:22:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Fedellando co bluetooth
Se ben leva tempo no mercado tentando callar, o bluetooth (BT) é agora que chega á vida cotiá a través da súa consolidación como sistema de mans libres para o coche. Ao basearse nun estándar de comunicación sen fíos proporciona moita versatilidade. Varios conductores poden utilizar o mans libres do coche coa única condición de que o terminal telefónico incorpore BT, ou ben, facilita a sustitución dun móbil por outro doutra marca sen necesidade de cambio do sistema de mans libres.

A miña experiencia con dispositivos equipados con BT é inmellorable, permíteme utilizar o móbil coma se fose un módem tanto coa miña computadora portátil coma coa PDA. Podo chamar e enviar mensaxes sen sequera sacar o teléfono do bolsillo; podo entrar no coche falando por teléfono e ao arrancalo, seguir a conversa a través do mans libres; podo guiarme na estrada a través das instruccións da PDA que se conecta a un GPS sen cabos...

O único precio a pagar é o maior consumo de batería ao levar o BT activo de xeito permanente, o que significa que, co meu móbil, paso de ter unha autonomía da batería de catro días a dous días e medio. Se non fosen poucas as cousas que se poden facer co BT veño de instalar un programa na PDA moi similar ao que veño utilizando na computadora, o FMA, que me permite facer desde a computadora calquera cousa co teléfono, desde enviar mensaxes, facer chamadas utilizando o micro e os altofalantes do PC, enviar tonos de chamada e imaxes de un a outro, silencialo,...

A semellanza do FMA, vía CanalPDA, instalei o SEBlue, e, aínda que cunhas poucas menos posibilidades, con el tamén podo saber ademais da temperatura da batería e mais do teléfono, as chamadas perdidas, consultar a axenda, a cobertura que ten... e que, neste ano e pico que levo con este terminal, xa carreguei a súa batería en noventa e oito ocasións e que a súa temperatura é de 25ºC.

O resultado que deu o teléfono foi, e aínda é, marabilloso. Se acaso, o único que melloraría sería o seu software, que peca de pouco intuitivo, e o grosor do terminal, xa que, para os tempos que corren faise un pouco gordo de máis. A resolución da cámara incorporada tampouco é para botar foguetes, pero para iso xa teño outra. Con todo, ao contrario que a doutros fabricantes de teléfonos, a pilla BT que leva incorporada non me deu nunca problema ningún para conectarse con calquera dispositivo, comportándose dun xeito óptimo.




E así, aínda que a tentación de cambiar por cambiar é grande, creo que seguirei como estou a non ser que estes dous abandonen o mundo tebras e cheguen ao mundo real.

Mentres tanto, nese mundo real e non moi lonxe de aquí, andan a escrutar o noso futuro. Disque o resultado ha de se adiar para mañá.
6/27/2005 09:34:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




O elo máis fraco
Depois de andar deconectado da rede por mor do choio, foi chegar e atopar unha chea de mensaxes e feeds sen ler. Sen moito tempo para a lectura e con letras até nas orellas, alucino coa que se montou coa cadea humana.

Parece que apenas partindo dos blos de acó e mais acolá, estase a montar unha boa. Sen apoio a ningún partido, aínda que se supón que é unha cadea de progreso, aquí estamos os administrados para dicirlle á administración que nós somos os que decidimos.



Sen moito tempo sequera para pensar no fin de semana, contamos levar un dos eslabóns máis pequenos da cadea, a opedro. O problema será manter a cadea sen rachar polo seu eslabón máis fraco.
6/24/2005 10:56:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Papeletas no mapa
Nós xa tiñamos o sixpac, pero Google tiña que facelo. Se xa tiña na súa base de datos, mapas e fotografías satelitales dos Estados Unidos, do Canadá e do Reino Unido, agora vén de incorporar mapas non detallados do resto de países e fotografías de gran parte do planeta.

Estiven a xogar un pouco para comprobar que eran certas as cousas que lera, e si que o son. O máis impresionante dos seus mapas é a calidade dos seus gráficos e a facilidade de navegación. Pero para nós aínda non están dispoñibles, temos que conformarnos coas fotografías.

Fedellando un pouco máis atopo a nosa casa, moitas das da familia e até o edificio da Audiencia Provincial de Pontevedra (no centro da foto), onde os picoletos vixían día e noite uns sacos de correos que seica traen a confirmación de que todo se quedará como está.



Procurando un pouco máis, xa é mala sorte descubrir, que nun ceo despexado, un cuñado meu ten a única nube de Galiza enriba da súa casa; que o alcalde da Coruña, terá que facer algo, pois o google non entende o que é La Curuña pero localiza con acerto A Coruña. Tamén é así no caso de Ourense...

Deixo a outros o de localizar casa Emilio e, por certo, sabe alguén se haberá casa tamén para o Conseller en Cap ou montaranlle un galpón na leira do presidente?
6/22/2005 09:47:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Resultados das eleições, adiados
Johan Van Heycke, xefe da misión de observadores da Unión Europea ás eleccións, afirmaba onte,
Ficámos com a impressão de que em todo o país as pessoas tiveram oportunidade de se expressar sem serem intimidadas

e continúan dicindo que o principal receio dos observadores prende-se com a possibilidade de algum dos candidatos não esperarem pelo anúncio oficial dos resultados para reclamar vitória, o que poderia desestabilizar a situação no país.

Onte, na Guiné-Bissau tamén había eleccións presidenciais e os resultados non se coñecerán até a próxima semana. A polémica aló é que os emigrantes non poden votar mais conservan a nacionalidade guineense, considerando as asociacións de imigrantes guineenses en Portugal este feito coma algo inxusto por ser un dereito da cidadanía, reforzando que esa xente que saíu da súa terra fíxoo devido à incompetência e corrupção dos governantes.



Eu onte comecei a celebrar antes de tempo, así que todo foi felicidade e hoxe acordei coa radio contando algo parecido ao que tamén ocorría na Guiné-Bissau. Pouco teño que dicir que non se teña dito, a conclusión é que existen dúas Galizas, e que uns por outros e a casa témola sen varrer.
6/20/2005 09:46:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




La última cena
Non falla nada, xa é o día dezanove de xuño. Mañá a estas alturas saberemos quen vai xestionar o noso futuro. Por mor do noso défice en infraestructura, en educación e en tantas cousas máis, nestas eleccións non creo que a internet teña sido influinte. Deste lado do cabo cheira con forza ao cambio, pero parece que no mundo real as enquisas... disque non son de fiar. Na miña vida saen moitos votantes de dereitas, dos que parece que sae abstención e votos en branco, así que imaxino un resultado e saen 34 para o PP, 25 para o PS e 16 para o Bloque, aínda que me dá que os que viven lonxe da AP9 e mais os do voto inmigrante han crear suspense.

Reflexiono e recupero a derradeira mensaxe recibida:
Receita de capón.
Cóllese un capón vello e cebado, introdúcese nun despacho quente, rodeado de chourizos de confianza. El só, na súa salsa, írase facendo rico, rico, rico...
pásao. A mensaxe, non o capón!

Que non se repita.

Será un día de praia, de festa e á noite...



...tachán!
6/19/2005 02:05:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Nesta data querida...
Veño de facerlle unha encarga ao pasteleiro e aínda que opedro non poderá sequera probar pois o seu bandulliño non está recuperado, contra o mediodía xa poderei pasar a recollela.

Pregúntame se quero que lle poña algún texto no pastel. Á súa pregunta o meu cerebro responde nunha décima de segundo cun nó na gorxa pensando en algo así como grazas. Apúntame que lle poden poñer o nome do neno e todo queda nun Felicidades Pedro saíndo da miña boca mentres boto man ao peto cos cartos para que non repare na humidade nos meus ollos.

...muitos anos de vida.
6/16/2005 10:13:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Un ano
Recibir o día con alegría, un sorriso para anunciárnolo. É coma se acordasemos nós, pola mañá, festexando a chegada dun novo día ou, sendo menos romántico, a chegada do leite quentiño con cereais que xa terán preparado os dormiñocas do lado. Non che hai cousa mellor que a seguridade da felicidade.

Abrindo portas, caixóns, subindo escalóns, deitándose no chan, pasando follas, fitando para as árbores, lambendo a culler, cambiando de chupeta, xogando fronte ao espello, soprando un asubío, premendo botóns, dicindo papiii e papaai, opedro segue a medrar con felicidade e saúde, que xa eran os nosos maiores desexos antes de que nacese. Todas estas festas que monta el teñen provocado suspiros, roubado bicos e, tamén, arrebatado corazóns.

Como podemos comprobar é comprensible que opedro sexa a grande alegría desta casa, dunha familia feliz pero chea de esperanza. De medos pero con vontade. De problemas pero con vontade. De defectos pero con vontade. E, ao cabo, somos unha familia formada ao redor do máis verdadeiro do que se teñen tido noticias, o amor. E, ao contrario do que ocorre con outros contratos, o que asinamos nós, a nosa igrexa non o esquece. Non lle vexo xeito á protesta contra o matrimonio homosexual, cada quen debe ser libre para asinar o contrato matrimonial que lle pete. Por certo, é unha mágoa que vaian tantos autobuses desde acó, os que aló vaian podían aproveitar mellor a xornada de reflexión para tentar comprender porque cada vez máis xente quere un cambio de goberno.





Eran as oito menos vintecinco cando saímos da do doutor, seica a febre e o malestar de opedro veñen provocadas por unha gastroenterite. Esta mañán non houbo palmas, mañán tampouco as haberá e o xoves opedro fará o seu primeiro ano de vida.

Devecendo pola súa melloría e por volver ver o seu bule-bule por toda a casa, mentres mamá lle dá acougo para que durma co caloriño do seu peito penso no agradecido que estou a eles dous por este ano pasado. Co amor de sempre, papá.
6/15/2005 01:01:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Poucos días
Demos unha voltiña, e de volta a casa, o fin de semana xa rematara. Pregúntome de canto fora o paseo e descubro que case que andamos case tres quilómetros e medio. No fin de semana houbo praia, tamén comida familiar, visita tamén familiar.

O sábado, durante o xantar entrou na casa dos meus pais un viciño e amigo de casa. Gústame como entra, a porta sempre está aberta e el pasa como contando a xente que hai e desexando bo proveito.

Conta que apenas quedan cinco familias das que vivían aló cando eran novos, que pouco a pouco as terras pasaron a mans que viñan de fóra e que agora, eles son especie en perigo de extinción. O peri chega e con el, os chalés endosados. A nova norma ameaza con máis ladrillos dos que chegaron co descontrol urbanístico. Disque teremos que fechar a porta.

Co café na man, fala das eleccións e da pouca vergoña do Fraga e compañía ao presentalo de novo. Despois dunha vida traballando emigrado na Arxentina, agora, retirado, coñece todos os secretos e contos dos viciños e advirte dos resultados máis catastrofistas. Como extrapolando os resultados da súa enquisa parroquial a nivel nacional, explica que o PP case que perderá a maioría, que a xente nova está concienciada do cambio, que hai unha xeración que non coñeceu outra cousa, e que hai votantes do PP que non votarán sequera ao non estar dacordo coa candidatura ou coa campaña electoral, e que ve máis probable un goberno do PSdeG en coalición cunha escisión do PP, que nunha co BNG.



Non sei se era para unha das súas enquisas pero preguntoume o noso colexio electoral estaba moi lonxe de casa. Agora sei que ida e volta son dous mil metros e medio. O domingo que vén faremos o camiño con ilusión, eu pensaba que apenas cheiraba ao limpo na rede, pero no mundo-real.gz semella que chegase a hora de cambiar a roupa da cama e airear a habitación.
6/13/2005 02:41:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Dimensións e volumes
Era sorprendente ver a rapidez coa que os bebés medran durante o seu primeiro mes de vida, e aínda o segue a ser. Neste tempo, o peso de opedro multiplicouse sobradamente por tres e a súa altura medrou nun 50%.

Se nese mesmo tempo un adulto tivese que pasar por esa metamorfose, eu mesmo teríame convertido nun ser de 2,72m. de altura e engordado até os 227kg.





E el nin se inmuta, lévao de marabilla.

6/09/2005 02:46:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Desde 1907
Na derradeira reunión de viciños había que elixir ao responsable do garaxe, que se fai por quendas conforme ao número dos estacionamentos. Este ano apuntaba a un velliño que, desta vez, non baixara á reunión. Botábase en falta, é o que sempre fai preguntas que non fan máis que demorar o fin da reunión.

Varias persoas comentaron que andaba con problemas nos cadrís. Cando se deciciu por unanimidade escusalo da presidencia da comunidade, pensei que para nós, na outra comunidade, non é só cuestión de que vaia vello, temos moitos máis motivos. Polo menos, o da nosa comunidade é máis educado ca este.



Non son só dezaseis anos, outros, de estaren vivos, levarían case cen anos de espera. Disque os tempos son chegados.

6/09/2005 02:20:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Factor 50
Non fago idea de cando foi. Sei que foi un agasallo que me fixo a miña nai hai, quizais, uns dez anos. Moito teñen cambiado as modas, pois por avatares do destino o sábado os nosos plans puxéronse patas arriba e eu cun traxe de baño non tan pasado de moda coma o que levaba Fraga en Palomares, senón que perdeu as cores, xa non ten elástico e está todo enrrugado e tiñamos como opción única para agacharnos da calor, irmos a unha praia textil.





De volta, o primeiro que fixen foi botar o traxe de baño dereito para o lixo, así que agora non teño, pero, por se acaso, este ano haberá que ir ás rebaixas. Logo, mentres as rúas se facían eco do clamor, a rotina avanzaba felizmente coma sempre.

Os días de praia sáenselle do marco. O domingo fomos á illa, cos seus quilómetros de carro máis o pateo á praia. Opedro levou o seu 3x1 (léase vehículo de tres rodas na que unha tracciona) que ante a imposibilidade de pedalear (non chega cos pés), converteuse nun vehículo de propulsión paterna inmellorable para circular polos carreiros. Mentres tanto opedro non lle quitaba ollo ao movemento dos pedais, case que alucinado.

E na praia, moito xogou, pero sempre á sombra, a area torrada polo sol queimáballe as mans e os pés, e a auga xeáballe os pés. Nas curiosidades do día, o que máis nos fixo rir foi a teima que colleu co EPS, a revista que vén co xornal; adicándose a pasarlle follas e a sinalar co dedo todos os coches que atopaba e soltar un vruuuummm. Saberá el que se pode voltar a ler gratis na rede?

Todos estes momentos, como o de meter na boca as cunchas das lapas e mais os caramuxos, forman parte de algo que se está a desenrolar dun xeito espectacular. Todos momentos inesquecibles, pero nada mellor que o presente para decatarse que somos escravos dunha rotina marabillosa. E el, desfeitiño. Foi un fin de semana canso, e onte durmiu das nove da noite ás nove da mañá. Así dá gusto.
6/07/2005 01:36:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Tres lugares
Nas listas definitivas opedro está de sexto na lista de espera para o acceso á gardería, avanzamos dúas posicións, pouquiño a pouco estamos máis perto.

O sol lévanos á illa de arousa, a unha das calas da punta do Carreirón para poñer até os últimos centímetros cadrados de pel ao sol nun pequeno paraíso de area e mar. Chegaremos pouco antes da preamar, así que cando marchemos isto será o que veremos,



E cheos de salitre tentaremos chegar para sumar voces á reclamación doutro lugar para cheirulosas.

Hoxe cómprenos acadar estes tres obxetivos, mañá máis...
6/04/2005 12:47:00 da tarde | Escribiuno: opaco | Link permanente




Voto
Esta mañá conducía polo Barbanza escoitando a radio, que contaba que hoxe facía un ano que a poucas millas das Sisargas o mar levaba a pique aos mariñeiros do Bahía. Hai pouco lembrei que o día tres de xuño era o cabodano. Foi a mañá seguinte que se soubo.

Máis tarde, de volta en casa e xa coas rúas empapeladas de candidatos tamén lembrei o mar e aqueles milleiros de voces que falaban para dicirnos "cando vaias votar, lémbrate do mar"





Só serán dezaseis días e eu, co meu voto, hei votar polo mar.
6/03/2005 02:10:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Escorado
Está a pasar o efecto da anestesia. Vou drogarme para aliviar a dor.






Se antes non era moi simétrico, agora menos, con ese burato na boca no costado de babor.
6/01/2005 12:30:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Leti
Un documento impresionante o que atopei na do mandacarallo.

Conta que buscando comepollas nas imaxes do Google.es sae...

SORPRESA!

Dense presa, que os habitantes do pazo da Zarzuela non han tardar en reaccionar.
6/01/2005 12:18:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Kette
Non che me gustan moito estes eslabóns para facer cadeas, pero gustoume curiosear polos dunha chea de xente, así que por emf, vai,

Tamaño dos arquivos de música no meu computador: case 80Mb; á outra banda da LAN, na Xbox case 24Gb.

Último disco que comprei: o siam acnun, de longina
.

Canción que estou escoitando: o fala, povo, fala de Xoán Rubia, na do Martin.

5 cancións que escoito moito ou que teñen un significado para min: as primeiras cinco que veñen ao pensamento son,
Career Opportunities, dos Clash
Soy una alimaña, dos Cafres
Alison, dos Pixies
Soy un borracho, dos Ilegales
e All my little words, dos Magnetic Fields

5 persoas ás que lle paso o testigo: a calquera que lle teña gustado ler outros eslabóns.

6/01/2005 12:08:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente