<$BlogRSDUrl$>

    

             Esta páxina faise co Blogger. E a túa?

             Weblog comentado coa axuda de HaloScan.com

                   

Catu?
What will be, will be? Qué será, será?
Links
Abre noutra
           subscribe to this feed




          Creative Commons License
Esta lideira faise contando con   recoñecemento, de uso non comercial e para compartirmos igual segundo a licenza de Creative Commons
Aburiño
Xa vai para máis de dous anos que levo deixando pegadas na rede; moito teño matinado en dicir adeus (creo que todas as semanas penso que serán as últimas), pero sempre xorde algo que empurra a abrir o w.bloggar...

E comezo estes días cun novo paso nesta vida virtual que tan pouco ten que ver coa miña vida real. Coa intención de aprender un pouco máis de como vai isto da rede por dentro, aproveito este adeus para que todos os que chegan procurando a Catuxa por aquí, que son moitos e a maioría desde o Brasil, dean, polo menos, con dúas reais, a de deakialli documental e a moza dos ollos tristes.

Así que, a partires de hoxe, e aínda que coa casa sen rematar e o tellado sen poñer imos seguir deixando algunha pegada noutro lugar. Hai dous anos estabamos na semana dezaseis de xestación de opedro e escollemos Catu? coma o seu nome sen saber que sería... agora, cun homiño de dezaoito meses na casa, facemos a mudanza para opaco.org

Son moitas cousas as que levamos aló, sobre todo, conseguimos importar moitas alegrías. Con moito por facer, o peor é ter que deixar atrás tantos comentarios que fostes deixando no haloscan, así que aproveito para agradecérvolo a todos os que pasastes por aquí, esteades onde esteades.




Vémonos.
1/08/2006 06:08:00 da tarde | Escribiuno: opaco | Link permanente




Reis
Opedro ainda non agarda polos reis. O peor, ou, agardo que, o mellor chegará de aquí nun ano. Namentras xoga cos clicks dos seus tios, se se lle pregunta di que os reis hanlle traer unha MO-TO.

Vexo con envexa nos seus ollos a ilusión por xogar, correr, gabear e a súa inocencia sen fin.

O seu pai postea desde a Treo e agardando que remate toda esta falsedade para voltar á rotina, óense de fondo as súas risadas.

Feliz falsedade. Hoxe non foi un bo día, só hai que comparar e botarlle un ollo aos arquivos, que foi un dos motivos para o que isto naceu. Que chegue mañá xa. Qué será, será?
1/05/2006 04:05:00 da tarde | Escribiuno: opaco | Link permanente




torrents, rss e dvr
Ademais de recibir unha chea de felicitacións, tanto virtuais coma reais, este ano foi a primeira vez que un programa me felicitaba polo Nadal; xa teño falado do µTorrent, unha maravilla de apenas 115Kb, que non consume máis que 6 megas na memoria do PC e engade prestacións de clientes torrent moito máis desenrolados. E se hai algo que lle faltaba, Ludvig, o seu creador, vén de engadirlle soporte RSS á súa derradeira versión beta, isto é, agora permite a descarga automática de contidos.





Tendo apenas un feed RSS que me notifique cando, por exemplo, sae un novo capítulo de Lost, non teño a necesidade de andar pendente de comprobar diferentes páxinas para saber cando é que sae. E do mesmo xeito foi que souben do estreo nas redes p2p da selección galega, como tamén contan na aranheira e mais no galego de seu, de man doutro feed rss que me conta o que anda polas redes de pares e fai mención á nosa terra.



Así que, se hai uns días contaba que co Tvtad, a creación dun pequeno Tivo made in feitonacasa púñase fácil, pouco a pouco vaise avanzando máis neste eido. E, como son noticia estes días, se che gustan os Coldplay, desde aquí, recomendo o uso do µTorrent para baixar a súa música se non queres que a súa discográfica che engane.

Non lembro onde o lin, pero xa o sabes, a liberdade vén en paquetes pequenos, nomeadamente TCP/IP e o µTorrent é unha boa mostra.
1/04/2006 12:04:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente