<$BlogRSDUrl$>

    

             Esta páxina faise co Blogger. E a túa?

             Weblog comentado coa axuda de HaloScan.com

                   

Catu?
What will be, will be? Qué será, será?
Links
Abre noutra
           subscribe to this feed




          Creative Commons License
Esta lideira faise contando con   recoñecemento, de uso non comercial e para compartirmos igual segundo a licenza de Creative Commons
Novo Porsche 911

Aínda que está demorando moito en chegar aquí, a reducción de precios nas conexións de banda larga a internet xa están próximas. En España a Jazztel está xa a ofrecer un ADSL de 1.024 Kbps de baixada e 300 de subida por 39€. A Wanadoo iguala o ADSL 1 Mb polo mesmo prezo.

Mentres tanto, os máis afortunados dos que por aquí moramos temos que nos conformar co ADSL da Telefonica española, que por esa mesma velocidade conexión, ven saindo en 120 ouriños. E os aínda máis afortunados, eses teñen a posibilidade de pagar máis por menos. Se es o afortunado usuario do máis cool podes darlles 45 ouros a cambio de 300 Kbps de velocidade de baixada.

E se en lugar de ser o Paco fose der Heiner e o meu carro tivese unha matrícula coas letras HH, podería optar por escoller a oferta de Freenet que me ofrece 2.048 Kbps polo mesmo que custa a oferta de Jazztel.

O peor de todo é que a conexión de R a 150 Kbps, unha vez chegados, poderiamos cambiala por unha de Arcor de 2 Mb cun límite de baixada de 25 GB co mesmo diñeiro.

E digo eu, se isto é para que non haxa tantas diferencias entre os diferentes pobos de Europa, porque non deixar a cada un que se represente por sí mesmo para defender os seus intereses e as súas proxeccións? Porqué nós non podemos, e os portugueses, malteses, eslovenos,... sí?

5/30/2004 08:06:00 da tarde | Escribiuno: opaco | Link permanente






Primeiro foi Peke ao falar da súa fisio, despois descubro a través de Caladinha que Leonor Combing vai ter unha nena.

E hoxe, o meu conseguidor particular de maconha dime que sabe de, polo menos, dez raparigas que van parir na primeira quincena do mes de xuño. E escachamos a rir, comentándome que case todas preñaron axiña que a parella se puxo a procrear...

E agora estou alucinando co que acabo de atopar...
"Unha sustancia química similar ao principio activo da cannabis podería contribuir á implantación do embrión no útero.
Pero o autor deste estudio centrado nunha sustancia similar aos cannabinoides apresúrase a enfatizar que isto non quer dicir que fumar herba axude ás mulleres a quedar embarazadas. De feito, probablemente teña o efecto contrario."

Pois seguro que o tabaco reduce a calidade do esperma, pero a herba do país...

...e habería tamén que legalizala para engadir o seu uso aos tratamentos para a fertilidade.
5/27/2004 01:18:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente






Os médicos do CHOP xa teñen computadoras na súa consulta parar atender aos doentes. Agora todo será máis rápido, xa non terán que facer vinte veces as mesmas preguntas. Aforrarán unha chea de tempo en ir recoller as historias clínicas e repasalas entre paciente e paciente, perdéndose entre moreas de papel.

Seica levaban dous anos agardando a que lles levasen a informática á consulta. Tamén eran dous anos os que levaban instalados o cableado e os puntos de acceso á rede médica. E só faltaban as computadoras e se callar, un cursiño acelerado de aprendizaxe do sistema...

A semana pasada arde en Pontevedra o almacén dunha empresa adicada a construcción de pantaláns e o lume afecta a unha nave separada por unha parede de ladrillos. Gran parte das historias clínicas dos pontevedreses estaban alí. ¿E qué facían alÍ? Unha empresa privada, que o Sergas paga cos cartos da todos, arquivábaas alí. As demisións, mentres, xa están a ser reclamadas.

Tamén en PO, o óso de Pasarón está a facer esforzos para xogar co Celtiña o ano que vén. Haberá que ter coidado con ir ao estadio remendado, pois se seguen á política reivindicativa da sanidade local, estes son quen de dinamitar o estadio para que lle fagan o novo campo que veñen tempo reclamando.

É que parece que non lles quedou outra máis que o do lume aos de "la capital" para informatizarse. Seica hoxe, que era o primeiro día, foi un pequeno caos.

Hai que roelo!
5/25/2004 01:32:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




República española 1931-1939

Todos a falar do mesmo, da PVR e por máis que me intenten convencer, non concibo este anacronismo entrados de cheo no século XXI.

E se lles chove, que se fodan, como se fodeu outro rei, o rei Herodes cando non puido eliminar a Xesús na matanza dos Inocentes.

O peor de todo é pensar que hai setenta anos isto non tería ocorrido. Viva a Res Publica!
5/22/2004 02:56:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente






O corazón deume un salto. Pensei que o perdera todo.

Menos mal que tiña unha copia de seguridade fresca.

Con tanto lío, esquecera de instalar o Bejeweled, o único xogo que teño instalado. Outros xogos veñen e van, pero é o único que permite matar eses momentos mortos mentres agardas calquera cita. E se non acreditan, só dicir que a miña querida dime que teña a Palm preparada para o parto cuns cantos mp3 na sd e o bejeweled.

Proben e testen. Sen sequera gostando de xogos só teñen que premer Play Now para sen decatarse, perder o tempo unindo tres ou máis pedras da misma cor movendo pezas contiguas horizontal ou verticalmente.

E daralle tempo a botar unha partidiña?
5/20/2004 12:53:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente






Hoxe foi o Día das Letras, xa se entende que son galegas, e como ven sendo costume polo menos durante os últimos tres anos, pasámolo na praia. Moitos decidimos pasalo na praia, o mellor lugar vista a calor que ía. Despois de ter "desbotado" o venres e mais o sábado con compromisos sociales-familiares con candansúas papadas en Baiona e Oleiros, hoxe chamou a miña atención a cantidade de preñadas que había na praia.

A pesares do que soen poñer nos suplementos semanais na prensa, a praia de Viñó ven sendo nudista desde hai moitos anos e non mixta, como recollen estes. Os domingos e días festivos son os que teñen maior afluencia de traxes de baño e aínda así, hoxe eran poucos os que amosaban a colección primavera-verano. De entre as preñadas, a que máis destacaba sen estar máis redonda que a miña querida, era unha que levaba un deses toldos, como o que levaba a miña nai cando estaba grávida, por riba da barriga. E ademáis, vermello. E eu, que pensaba que esas cousa xan non existían... e independientemente da liberdade de estarmos na praia como nos veña en gana, pregúntome se non se sentiran raros ao estaren vestidos nun lugar onde os demais están espidos. Mentres, sigo á espera de coñecer a alguén que se duche coa roupa posta ou con traxe de baño.

Alí, espido na area, lin gostoso o escrito por Barreiro na Voz, e veremos nós ese futuro soñado no que hai tantos prexuizos por vencer?

Á volta, o Feedreader (aínda á espera de cambio) tráeme o feed do Longina, un artista multimedia galego sempre á vangarda das tendencias, e descubro a través dos teletipos en calquera tipo de formato (tamén accesible vía web) a voz do Xocas e reparo que levo xa tempo pasmando coa súa voz e as súas historias.
5/18/2004 12:26:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Non é do noso, gracias ao doador

Xa perdín conta dos días que levo facendo masaxes de pés co Xel de Aloe Vera. Dígolle que a min tamén me gustaría e ,o que me resposta, é que ten xa abondo con levar o crío...

...e que podería facer un curso de masaxes.

Sí, home, e unha diplomatura en Fisioterapia tamén.

Co que gozaría eu, cunha masaxe nos pés todas as noites...!
5/14/2004 01:38:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente






Xa levo tempo usando o Feedreader e desde que o coñecín non podo deixalo, facilítame con bo xeito a navegación a través de webs cun gran aforro de tempo. É unha aplicación independiente do navegador de Internet que permite aderir como fornecedores de contido a webs que ademáis de html publiquen o seu contido con sistemas de sindicación basados na linguaxe XML coma Atom, RSD, RSS 1.0, RSS 2.0,...

Segundo a a especificación que utilices poderás enviar máis ou menos información ou imaxes ao lector que se estea alimentando deses feeds.

Para poñer en práctica e sabendo que o meu fornecedor é Blogger e que só pode utilizar o sistema de sindicación Atom, que é o máis sinxelo de todos, só teño que poñer en nalgún lugar do TEMPLATE unha ligazón a feed Atom de catuxa.blogspot.com despois de activar o site feed nos settings.

O seguinte paso é comprobalo, e aínda que xa era visto, o Feedreader non le sindicacións Atom. Así que teño que botar man de Bloglines, que é un lector de feeds basado en navegador web. Agora todo OK. Aínda que uso Bloglines, úsoo apenas desde PCs dos que non son usuario habitual, faise lento e pouco práctico na comparación.

Vou tentar con Feedburner, un servizo gratuito de traductor de feeds ademais de outras moitas posibilidades, para pasar o Atom a RSS e así ser poder alimentar tamén aos usuarios que utilicen lectores RSS. Non parece difícil, a ver se sae... Os resultados, na coluna da dereita.

Mentres tanto, e en vista de que leva tempo sen ser actualizada, e entre outros erros non permite a notificación de novos posts desde a system tray (bandexa de sistema?) nun PC windows se organizarmos aos publicadores en diferentes directorios, sigo á procura dalgún outro lector que aínda así teña a súa versatilidade, deseño visual anque pouco vistoso, sí intuitivo, e sexa rápido.

Non sei que farei con tanta información ao alcance da man? Como para tolear? E agora que ata eu o podo facer, se o fixesen todos, podería ler máis en menos tempo... a ver se é a solución aos meus ansiados días de trinta e seis horas.

5/12/2004 01:43:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente






O próximo segundo domingo de setembro xa non voltará ser o mesmo. É o día grande da Festa dos Liñares e vense celebrando desde hai máis de douscentos e este ano será noticia nos medios.

Haberá que ir ao torreiro a ver se a nova é certa e hai pasacalles, pois a Sociedad General de Autores y Editores (SGAE) ten intención de cobralle á comisión de festas cento cincuenta ouros por cada un, e trescentos por cada concerto en concepto de imposto revolucionario, isto é, do que eles chaman dereitos de autor.

Qué dereitos de qué autores? Pretenderán estes acabar tamén coas romarías?

E eu, para comprender qué é iso do copyleft e a súa relación coa SGAE? baixo isto, e non atopo tempo máis que para escoitalo no carro.
5/11/2004 01:56:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente






Estes días ando con moito choio, e case que pasei máis tempo na estrada que na cama.

Cando comezou a semana aínda pensaba que podería ir a Cotogrande a botar unha ollada a unha colección Porsche, os carros máis desexados da historia do do automóbil. Tamén me vía gozando de costeletas como tantos outros e aquí estou, diante do monitor, algo no que non puiden parar moito. Cotogrande é como Priegue, As Pedreiras, Trabanca, Corneira; son nomes de lugares moitas veces tan pequenos ou irrelevantes para os non nativos, que só os que o son coñecen.

Antes de que sobese como se chamaba aquel lugar, na Radio Galega ía escoitando o relato do do partido máis importante da historia do Corunha. Antes do asubío e conducindo cara a Berdeogas, vexo a unha muller facendo, desde a berma, acenos para que parase. Parecía estar ben e, nun segundo, pensei se pincharía unha roda, pero ao baixar da carrinha xa me di que houbera un accidente. Atraveso a estrada e mentres me aproximo, sinto que alguén pide socorrro desde dentro. O coche, aínda fumegando, parara fora da estrada apoiado no seu costado dereito. Chego, e xa hai un home grande levantando a porta para que a conductora puidese sair gabeando. Tremía co susto, ofrecinlle o móbil para chamar aos seus pais, puxemos os triángulos para sinalizar o accidente (entón a xente xa pasou máis de vagar). A muller que avisara do accidente xa marchara, o abreportas, dixo Abur, a rapaza do accidente deulle dous bicos mentres máis xente paraba a interesarse e ver se alguén precisaba algo. Faleille á rapaza de chamar aos amigos de deneno. Chamei e preguntáronme onde estaba. Como ela tamén era de fora (seica viña de Carballo) pregunteille a un do lado, que tampouco sabía. O terceiro sabiao e xa nunca esquecerei.

Bustelo na C-552 km 83. As leiras que están a carón da estrada non sementan cebolas nin allos nin tomates. Ademáis do carro francés do accidente na leira había embellecedores de rodas, espellos retrovisores, neumáticos, lunetas, parabrisas, paragolpes,... Isto debe ser o que chaman un punto negro. Os nativos dicían que o primeiro día de chuva despois de varios sen chover, vai máis de un ao campo. Para o que leve GPS no carro, que o memomorice e vaia a modo. Ela levaba cinto, e confío estea ben.

O erro foi non lle ter preguntado o nome dela. Vou ter unha lembranza ao pasar que non poderei esquecer en moito tempo, e direi o día que o Coruña xogou a súa (primeira?) semifinal da Champions aprendín que por Bustelo hai que pasar a modo, que se chove podes levar un susto...

E falando de nomes, isto coñecérao nun xogo deses de procurar no Google. Para quen queira experimentar, vas a imaxes, procuras o teu nome e escolles a primeira faciana que sae. Neste caso fíxeno co único candidato de consenso que temos polo de agora para a noso pequeno.

P.S. Bicos para todos os que curioseades por aquí. Dóeme non poder vir con máis frecuencia.
5/08/2004 02:53:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente




Seica da boa sorte abrazarse a un destes pirolóns

A todos os homes xa se lle aprende de nenos a non amosar a pirola en público e cando o seu instinto os leva a mexela e a estirala sen paraxe, os pais falanlle en que é algo a facer en privado. Así que se o pene é un dos grandes tabús das sociedades católico-occidentais, a erección é algo que do que só se preocupan algúns programas de televisión e de radio. Sen acceder a material pornográfico, é moi difícil para calquera poder ver o pene erecto dun descoñecido.

Moita xente, que se escandalizaría por ver unha pirola na praia, na piscina ou no monte, está totalmente afeita a ver mortes todos os días coas súas imaxes e sons a través de calquera media. Vemos asasinatos, mutilacións e torturas na prensa, no cinema, nas noticias pero nunca vemos pirolas tesas.

Grande parte das preguntas dos que nunca fixeron nudismo nun lugar público é o que facer cando tes ou ves unha erección. Pois debes deixar que suceda e xa baixará, que é algo natural e non fai daño.

Hoxe, antes de ir ata Camariñas, paso dúas veces coa carrinha pola Rúa Coruña en Vigo indo a Beiramar. É pola mañá e hai moito tránsito, vexo dúas ambulancias e policía. Hai alguén deitado no chan a carón dunha moto e están a tentar reanimalo. Dóeme o corpo. Vou de volta dezaseis minutos máis tarde agardando non ver as ambulancias. Hai unha sábana tapando a alguén. De debaixo sae un regueiro de sangue. Isto sí que non é natural. Marcho acougado pensando nos amigos que aínda o agardan para o almozo.

Os únicos responsables son os educadores (pais, avós, prefesores, tíos,...) E a min gustaríame que a próxima xeración sexa máis tolerante que esta. Me pregunto se eu poderei facer algo, cando ás veces, non son quen de ter paciencia.

Mentres nos amosa a ecografía do pequeno, o xinecólogo trata de enfocar algo deslizando o sensor pola barriga, para de mover a man e ei-la pirola do anano. O doutor di que está coa pirola tesa e que a vai imprimir para que o pai lla amose aos amigotes... e iso que eu dicía que iso de amosar a ecografía...
5/04/2004 01:12:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente






Hai uns anos, en Hamburg, coñecín a Joseph, un home que vive nunha illa no Mar Mediterráneo e que está afeito a vir ao Continente con frecuencia. Ten un acento que me lembra algo ao italiano, fala un inglés moi British e faise simpático polo seu sotaque maltés.

De formación tamén británica e mentres falaba do Liverpool dos seus amores, contou que aumenta o número de persoas que fala inglés ademais do maltés, a súa língua materna. Na casa, coa súa muller e as súas fillas, combinan maltés e inglés. Dime que as nenas poderán saír a estudiar á metrópole gracias á educación bilingüe en inglés.

Estes días o problema que teñen co da incorporación á UE é que non hai intérpretes nin traductores dabondo de maltés para con outras línguas da Unión Europea.

Eu cóntolle o de Camilo Nogueira no Parlamento, e el pregunta, ¿e porqué non sodes portugueses? ¿Tamén ocuparon o voso país?
5/01/2004 02:50:00 da manhã | Escribiuno: opaco | Link permanente